13 febrero, 2014

De cosecha propia. Cousas nas que tamén creo.

Creo en que se pode facer calquera cousa si coñeces o camiño de volta á casa. Creo na miña familia. Creo nos amigos. Creo que algún día me volverei a namorar dun portugués. Creo nas terceiras e nas cuartas oportunidades. Creo en tropezar máis de tres veces na mesma pedra. Creo que comer é un pracer. Creo que beber é o mellor dos praceres. Creo na cervexa , a calquera hora do día. Creo no cine de autor. Creo nos amores de oficina. Creo que nos viaxes acompáñanos unha especie de anxo da garda que impide que nos pase nada malo. Creo nos armarios empotrados. Creo no ibuprofeno. Creo nos ositos de gominola con azúcar. Creo que o primeiro café da mañá cos meus amigos do traballo é sagrado. Creo nas películas en branco e negro. Creo nos paseos en bicicleta. Creo no verán. Creo nos grandes dramas amorosos. Creo que Casablanca e Espartaco son dúas grandes películas. Creo nas caipirinhas. Creo nos homes que saben o que queren. Creo que para conquistar a un home non hai que facerse de rogar, nin decir non cando se quere dicir si. Creo no destino. Creo no meu sexto sentido. Creo que as tascas de pueblo son o mellor sitio para tomar unha caña cos amigos. Creo no vermú calquera día da semana. Creo na prensa impresa e que mancha de tinta. Creo na contraportada dos xornais. Creo nos poetas perdidos. Creo en Hojas de hierba. Creo no Principito, no Principito, no Principito...Creo no guardián entre o centeno. Creo en Beautiful Girls. Creo que os amores fallidos hai que deixalos marchar. Creo no amor a primeira vista. Creo no cine español. Creo na bondade das persoas. Creo que un ex nunca pode ser un verdadeiro amigo. Creo nos paseos pola praia á luz da lúa. Creo na illa de Ons. Creo nos bicos que se dan na illa de Ons. Creo nos veráns da infancia. Creo nos xelados de fresa e chocolate. Creo nos pantalóns rotos. Creo nos pantalonciños cortos. Creo nos homes que me miran fíxamente aos ollos. Creo nos homes que cando me rompen o corazón non din que o sinten. Creo que a cor máis bonita é a mezcla de cores. Creo nos animais domésticos, especialmente nos cans de palleiro. Creo nas viaxes en tren. Creo nos marcapasos. Creo que a felicidade está nas pequeñas cousas. Creo en McGiver. Creo en Calvin e Hobbes. Creo no aborto legal e libre. Creo que casi todo é relativo. Creo que a chuvia ten tamén o seu encanto. Creo que conducir é a peor tortura á que se pode someter o ser humano. Creo que hai que meterse en todos os charcos. Creo que o odio e o amor son as dúas caras da mesma moneda. Creo que ás veces gánase. Creo no chocolate puro e  nas améndoas tostadas. Creo nos chourizos que fai a miña nai. Creo no olor a terra mollada polas mañás na aldea. Creo que non se pode perder o que nunca se tivo. Creo que hai esperanza.

No hay comentarios: