04 febrero, 2014

A circunstancias fixeron que coincidiramos de novo na mesma oficina, asi que agora , dez anos despois compartimos o mesmo espacio todas as mañáns, e pasados xa algún meses desde a miña reincorporación, todo comeza a cobrar un ritmo rutinario, cómodo e natural , no que os dous comezamos a reencontrarnos de novo.
 
 
 
Entro no seu despacho e coa naturalidade de sempre debuxo una taza de café nun post-it e agardo uns segundos o seu xesto afirmativo. Sen decir nada marcho, e de alí a uns minutos, asoma a cabeza pola miña porta, xa co abrigo posto , e dime ¿vamos? Son rituais sinxelos, que de por tan repetidos no pasado convertíronse en parte do noso xeito de comunicarnos. Logo vamos a un café, eu deixo que elixa el porque coñezo as súas manías á hora de encontrarse cómodo nun bar, e polo mesmo, e en parte  porque a min dame igual, cambiolle o sitio una e outra vez, ata que o vexo convencido de que a súa ubicación é armónica co karma e co universo. Tamén esto me recorda ao que fumos no pasado sin remover por dentro as miñas nostalxias, quero dicir, recoñézoo nestes pequenos detalles e ao mesmo tempo recobro neles a ledicia doutro tempo, cando nos queríamos. Supoño que agora todo é moito máis fácil, porque de xeito expontáneo brota a conversa e a risa, e o tempo pasa veloz e a nosa esquiniña no bar vaise quedando cada vez máis e máis illada, como si non estivese alí ninguén máis.
 
Así de sinxelo foi recoñecernos, e a esto me refiro eu cando falo de recoñecer a un antiguo amor despois de pasado moito tempo: á naturalidade que se instala nas cousas cotiás e que te leva sin pensalo aos mesmos instantes que acostumbrabades a compartir. Tamén no humor , nese humor que nos facía tan cómplices encontro parte daqueles días de fai xa vinte anos, e si o penso , na forma de mirarnos cando discutimos sobre calquera tontería. Porque o certo é que en ningún momento durante todos estes anos deixamos de mirarnos, de suxeitarnos dalgún xeito, en silencio , cando algún dos dous tiña un problema, de comunicarnos sin falarnos ,cunha telepatía extraña que nos mantivo unidos como un fío invisible que nunca puidera romperse.
 
Pero non me interpretedes mal, o amor rematou xa fai moito. E non foi nada fácil sair daquela espiral de bágoas, ansiedade , celos e loucura na que se convertiu o noso nos últimos tempos da relación. Pero , por riba daquel amor que se foi esnaquizando entre lexatines e cansancio, quedou entre nós un cariño sincero, distinto á amistade, pero quizais moito máis sólido e inquebrantable.

No hay comentarios: