01 agosto, 2013

Fai tempo que non me deixo caer por aquí, pero non quero buscar excusas, nin moito menos. Hoxe comeza agosto e paréceme un bo día para voltar. Sin máis. Hoxe. Hoxe que Mariano Rajoy comparece no Congreso para falar de Bárcenas (xa o fixo a estas horas, decindo que se equivocou, sin decir moito máis). Hoxe, que todavía temos na memoria recente o accidente terrible do tren na noite do Apostol en Santiago de Compostela. Hoxe, que creo que estou sin mozo despois de meses dando tumbos nunha relación que non foi ben dende o principio. *** Estou lendo un gran libro. El guardián entre el centeno. Síntome ben lendo esta novela, e poucas máis cousas agora consiguen evadirme do mundo. *** Vin ao home máis guapo de Pontevedra co seu fillo en brazos. Canta ternura. E sentín un pouco de envexa , a verdade. Pero ao mesmo tempo sentín que agora o respeto máis. Quizais non cambie moito con esa criatura entre os brazos, pero eu quero crer que ser pai consigue cambiar a calquera. Presinto que non o verei máis, polo menos de momento. En parte pola súa vida, e en parte tamén pola miña. Xa non estou para determinados encontros prohibidos, nocturnos e carentes de sentido. Sinto que teño unha crise de madurez, eso é , de exceso de madurez,como si de pronto me acabasen de caer enriba cen anos. Son vella e sensata de pronto. E esto amólame e entristéceme profundamente. Son tan sensata que sei que non voltarei a bicalo. Xusto agora, que por fin comezo a ver nel algo máis que un rostro fermoso.

No hay comentarios: