Lin unha vez nunha novela unha frase que se me quedou grabada polo que encerra de verdade, e agora que ven a conto quero trasladala aquí, para reiniciar con ela unha nova etapa , tanto na miña vida, como neste blog. "La forma en la que se administra justicia a las pequeñas personas, acaba influyendo en cómo es el mundo."
Así, tal e como di esta frase, o mundo vaise construindo tamén a base de pequenas sentencias que van reforzando os dereitos dos máis humildes día a día , ou pola contra, levandóos ao atolladeiro, según sea o xuíz, según sexan as leis que se aplican.
A xustiza neste país está coxa pero ainda podía salvarse nalgún punto, ainda conservaba intactos algúns mecanismos que funcionaban con "xustiza", máis alá dos intereses dos poderosos. ¿Cómo se lle da a volta á tortilla? pois modificando a lei na que se amparan os xuices para impartir esa xustiza. E desgraciadamente, as leis, fanse nos Parlamentos sin que os cidadáns teñan nada que dicir. A nosa democracia.
Pero no meu caso, todavía a lei xogou ao meu favor e todavía tiven a posibilidade de enfrentarme aos poderosos coas únicas armas que me daba a lexitimidade da lei e dos dereitos.
Gañar un xuízo supón unha victoria moral por riba de calquera outro punto de vista que se poida adoptar e que pode resultar incluso máis ventaxoso. E neste momento, en plena crise indefinida e funesta na que se destrúe emprego cada día, recuperar un traballo porque un xuíz así o considera, é un triunfo incuestionable.
As grandes empresas fan e desfán ao seu antoxo, como deuses que poden decidir sobre as nosas vidas ao tempo que o fan sobre os nosos contratos, os nosos salarios, a nosa estabilidade laboral e a nosa diginidade a fin de contas. Pero cando un xuíz lle di a unha destas grandes empresas "basta", algo se tambalea no sistema, e ainda que non o mostren, temblan e rabian nos seus despachos de executivos porque por un pequeno furadiño , o da xustiza e o da lei, se lles escapou o seu poder absoluto.
Dito esto, hoxe estou de celebración. Logo virán outros tempos, outras batallas e seguramente miles de derrotas. Pero hoxe, é o día que toca celebrar a victoria, eu, que non estou acostumbrada a gañar , e que ainda non sei moi ben cómo debería de sentirme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario