Cando un se enfrenta a unha punga na que hai máis dun bando loitando pola victoria non queda outra , nos poñamos como nos poñamos, que recoñecer que ao final haberá vencedores e vencidos. Vimos de celebrar o 12º congreso do Partido Socialista de Galicia no que se presentaban dúas candidaturas, a de Pachi e a de Elena Espinosa e sin dúbida algunha gañou a candidatura de Pachi Váquez, que se proclamou o sábado en torno ás 21:30 horas como Secretario Xeral. Pero as victorias ainda sendo indiscutibles (53%) encerran detrás segudas lecturas que trascenden a simple verdade matemática das porcentaxes. Pachi convírtese en Secretario Xeral dos socialistas de Galicia nun congreso que non fixo senón escenificar a ruptura real que sufre o partido a todos os niveis ,e o resultado veu a reforzar , máis si cabe esa ruptura, porque si ben é certo que un 53 % lexitima a Pachi como vencedor, o 47% dos votos en contra non o lexitiman como líder, e máis tendo en conta que Pachi ven de estar á fronte do partido os últimos tres anos. Tampouco axudou moito á unidade do partido a formación da executida na que a integración foi unha verba que quedou en papel mollado e que contou nas votacións cun alto porcentaxe de abstención ademais dos votos en contra.
O que se escoitaba o domingo da boca do novo Secretario Xeral era un discurso formal dun gañador que non puido abrazarse á promesa de renovación, cambio ou ilusión porque despois de estar tres anos á fronte do mesmo non foi quen de levar a cabo cambio algún. Manifestouse a favor das primarias despois de vir de Sevilla de votar en contra e falou de integración despois de presentar unha exucutiva na que non aparece ninguén dos máximos valedores de Espinosa. E si unha imaxe vale máis que mil palabras, hai xestos que resumen a perfección cal é o resultado real do Congreso desta fin de semana: o saúdo que Pachi lle negou a Pepe Blanco cando éste ía a felicitalo pola victoria.
Si a unión que trae o 12º congreso é esta , está claro que o Partido Socialista non está para celebracións. Porque o que ten agora Pachi entre as mans é un partido divido dun xeito palpable, no que as fisuras se fixeron brecha profunda difícil de cicatrizar. E cando as feridas non cicatrizan supuran. Así está hoxe o PSdG, supurando por unhas feridas demasiado antiguas ás que o congreso non veu máis que a maquillar un pouco.
O tempo acaba sempre por dar e quitar razóns, e está claro que son as bases, os simpatizantes e os votantes socialistas os que finalmente darán o seu aval á esta nova andadura do Partido Socialista, ou pola contra , separándose máis ainda dos plantexamentos socialistas , a xente de esquerdas de Galicia buscará refuxio en novos partidos con platexamentos ideolóxicos e políticos de verdadeira esquerda que si sexan capaces de ilusionar á cidadanía nestes tempos convulsos e difíciles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario