Un día recolles a roupa que estaba a secar e comezas sin darte conta a doblar, xunto coas túas camisetas e bragas, un par de calzoncillos e calcetíns do número cuarenta e tres. Entón, páraste a pensar qué sucedeu na túa vida para acabar así, e si realmente iso é o que desexas, esa complicidade e ese compromiso que implica que a roupa interior del se mezcla coa túa primeiro no cesto da roupa sucia e despois na lavadora, para acabar , como metáfora perfecta da túa nova existencia, compartindo espacio coas túas prendas máis íntimas nos caixóns da túa cómoda. ¿Pero, qué significa isto?
Eu quería namorarme, sí. E mesmo moitas veces añorei na miña soedade un peito no que reclinar a cabeza mentres vía unha película pola tele tirada no sofá. Sobre todo nas tardes de chuvia, nos domingos de inverno...Pero , agora, agora que as noites de sábado son unha festa de pixamas da terceira idade, non estou moi segura de que esto sexa o que quería. ¿ E isto amor?
No hay comentarios:
Publicar un comentario