Levo tempo sin escribir, porque ás veces simplemente non flúen as palabras, porque ás veces tampouco encontro qué dicir entre tantas e tantas cousas que me bulen por dentro. Pero hoxe a data merece o esforzo de enfrentarse ao teclado, de escribir o que sexa, pero que sirva sobre todo para devolverme á sana costumbre de continuar este blog.
Esta noite é Noiteboa e eu debátome coma sempre entre fuxir de todos os rituais navideños, ou deixarme envolver de xeito casi forzado polas luces, as cores ,os villancicos, o turrón, a familia...e canto tópico nos abraza por estas datas.
Non foi un bo ano, e non quero mirar atrás. Non quero facer balance nin quero tampouco sentirme triste. Hoxe voume poñer guapa e sorrir como si fose feliz. Porque a felicidade comeza por disimulala. E logo, intentar vivir este nadal con todas as forzas que me quedan. Quero poñer unha árbore de nadal, e sentir que o mundo pode ser esta noite un lugar mellor, e que hai xente que me quere e á que quero. Quero sentir que é Nadal e que isto significa algo. E si hai que finxir, pois fareino. Hoxe non vou permitir nin pinga de tristeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario