09 agosto, 2015

Teño unha amiga que sempre me di que as persoas son decepcionantes por natureza. E supoño que ten razón, que tan só é cuestión de tempo. Así, hai persoas que algunha vez se cruzaron nas nosas vidas que nos parecían extraordinarias, fóra do común, especiais en fin, e que a medida que as imos coñecendo máis, cando se chega a certo grao de intimidade, acaban parecéndonos normais. Imaxino que funciona así sempre,que tamén eu acabo sempre decepcionando ás persoas que me coñecen e ás que un día lles gustei un pouco.
Claro que si o penso ben, creo que o problema é que todos somos ao fin e ao cabo, simplemente humáns. Tendemos a idealizar ás persoas que nos gustan, a crer que son intelixentes, inxeniosas, divertidas, amables, cariñosas...pero dun xeito extraordinario. E logo, resulta que cando profundizamos un pouco, son todo eso si, boa xente, pero coas mesmas miserias que nós mesmos.

Eu tiña un amigo. Creo que o teño todavía porque a xente non sae dunha vida así como así. E quizais o fallo foi crer que era diferente a todo o mundo, que era mellor, que estaba un pouco por riba das cousas cotiás. Que era bo ata o infinito, sen esquinas. Humilde. Sinceiro e transparente sempre. O fallo, estou case segura, foi idealizalo e non coñecelo. Por iso, cando por fin abrimos a porta ao coñecemento mutuo, non nos entendimos. Porque ningún dos dous somos tan marabillosos. Porque tamén el ten vanidade, e egoismo, e mala leche, por qué non dicilo E eu...pois estou chea de defectos que me afloran caprichosamente no momento menos oportuno.
O dito, as persoas somos decepcionantes.

No hay comentarios: