31 diciembre, 2013

Feliz Ano

Acábase o 2013 e non teño nin a mínima sensación, nin de deixar nada atrás nin tampouco de ir a comezar algo novo. Só é unha noite máis, pero este ano non quixen someterme á tortura de botar a vista atrás e facer balance. O bo xa pasou e recordalo só traería nostalxia. E o malo, seguramente xa esté de todo olvidado, como debe ser. Así que , hoxe só miro adiante con todo o optimismo que me cabe no peito.
Xaneiro vai ser un bo mes, a pesar do frío e de que teño que camiñar soa, esta vez sí, xa liberada da pena do amor perdido. E mentiría si dixese que non estou ilusionada co cambio, porque diso se trata, de desexar as cousas que son irremediables para conseguir así certa felicidade.
Teño propósitos para o ano novo: vou camiñar agora que teño o meu  pe xa curado, e poñerme a estudiar, e recuperar a rutina que perdín cando el me dixo que non me quería.
***
Feliz ano a todos.

No hay comentarios: