hoxe é un día raro. Non se pode explicar un día coma hoxe si non se viviu nunca algo parecido. Parecería que non cambiou nada, pero sei que a miña vida deu outro xiro rotundo, que toca repoñerse e continuar, adaptarse, ser forte. Teño tristura entre as uñas e todas as dúbidas posibles de cara ao porvir. O amor é extraño e casi sempre acaba por amolarnos máis do que nos compensa.
non quería pensar neste día, nin imaxinalo siquiera...Pero chegou. E agora sei que un ano é moito tempo e que quizais non sexa quen de cumplir todas as promesas que fixen.
tamén me pregunto se paga a pena...se paga a pena agardar
No hay comentarios:
Publicar un comentario