03 marzo, 2013

Benvida ao barrio

Cando se comeza unha nova etapa hai certos xestos clarificadores, que simbolizan con rotundidade o principio de algo, e en certa medida transmiten unha especie de vibracións -sensacións, indicios, o que se queira- respecto ao futuro que nos agarda.
Eu chegaba a Santa Clara, ao edificio nº4, onde vou ter o meu despacho profesional, xa constituída como autónoma e despois de firmar o contrato de aluguer do local, o venres día 1 de marzo pola mañá. Chaves en man e vestida como se viste alguén cando ven de asinar un contrato que vai configurar o seu futuro, subín as escaleiras que levan ao primeiro piso.Cando ainda non me dera tempo a empuxar a porta principal do local chamoume dende abaixo un home que bebía unha lata de cervexa apoiado nun contenedor. Achegouse ás escaleiras e díxome que non tiña que preocuparme por el, que acostumbraba a dormir por alí cerca pero que non se metía con ninguén. Eu reaccionei  con certa perplexidade, sin saber qué contestar e el continuou en tono amable  dicíndome que xa me vira algunha vez por alí nos últimos días e que me desexaba que todo me fose ben. Finalmente, presentouse. Son Perfecto, dixo tendéndome a man. De maneira casi mecánica, e casi sin saír do meu asombro, baixei as escaleiras e dinlle un apretón de mans a Perfecto. O meu veciño máis achegado, o indixente que durme entre o lixo en Santa Clara e se alimenta do que tira o HiperFroíz deume amablemente a benvida ao barrio. Probablemente ninguén máis na zona se decatara das miñas idas e vidas polo edificio e da miña chegada como emprendedora a un dos despachos da primeira planta máis ca el. E , lonxe de asustarme polo seu aspecto e pola súa maneira de achegárseme , fíxome sentir na casa.

No hay comentarios: