10 agosto, 2012

Pasado algo máis dun mes dende a miña operación ando ás voltas cos puntos internos, que se empeñaron en darme o verán e frenar a miña ledicia por unha recuperación tan rápida que está fóra de todo protocolo.Puiden ir vacacionando co inconveniente das gasas esterilizadas, o Betadine e os parches pola mañá e pola noite. Nada de bañarme no mar, nin nas piscinas, e todo o día escoitando a mesma cantinela dos amigos -todo boa fe, todo atencións e cariño- "¿cómo está o punto? ".E así  vai pasando o meu verán, entre as miñas pequenas desgracias e o país a piques de ser rescatado outra vez , e a miseria chegándonos ao pescozo. Sin embargo, pese ao BCE, a prima de risco , os achaques do meu post operatorio...o meu verán particular non está sendo un mal verán. Ainda puiden coller un barco e visitar Ons como si nada, e durmir nunha tenda de campaña e dar uns bicos furtivos a un veraneante antes de que él dese por finalizadas as súas vacacións e o perdese de vista para sempre.
*
Xulio foi extraño, díficil quizais, pero agora sinto que xa pasou e que todo o sufrimento que pasei durante a operación, e incluso antes, queda na miña memoria como un recordo lonxano e impreciso. Miro o pulso de cando en vez, para recrearme nas miñas oitenta pulsacións e síntome chea de ganas de aproveitar agosto. Virá logo setembro e tocará replantexar a cuestión, soltar lastre quizais, reinventarme si non me queda outra. Pero agora disfruto do sol como quen disfruta dun regalo que che fan por sorpresa. Estou contenta ao tempo que supuro rabia contra todo , pero estou na miña burbulla familiar, e coidan de min como si fose unha cativa que puidese romper a chorar en calquera momento. O marcapasos atopou o seu lugar baixo do brazo e non molesta, o corazón cobrou un ritmo novo, vital e saudable, enérxico. Eu , que perdín o traballo ás portas do hospital luzo moreno na aldea e pinto as uñas de colores. Ao mal tempo, xa se sabe...Porque a vida vai ser igual de jodida conmigo rindo ou chorando polas esquinas. E eu escollo rir alí por onde paso. Gañei unha batalla este verán, a máis importante. Agora o tempo é para batallas novas, pero paseniño. Agosto é para vivir, para estudiar, para esquecerme de todo...

No hay comentarios: