En cuarenta minutos non se pode condensar todo o que se sinte, o que se vive e o que se añora cada día. Son poucos e fanse escasos cando a frialdade estructural do espacio se convirte en lastre inevitable.
Quero recoñecelo nas súas verbas, nos seus xeitos, na súa maneira de mirarme. Quero sentir simplemente , dun xeito tanxible e que non revista ningún xénero de dúbida, que alí estou por algo e para algo, e que non sería o mesmo si non estivese. Pero non vexo nada, non atopo sinais nos seus ollos que me indiquen que a miña presenza é imprescindible. E hai veces nas que unha necesita ser imprescindible para poder continuar sin doblegarse, para manterse firme e forte e irreductible ante a adversidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario