09 mayo, 2008

La vie en rose

Suspendida nas notas desta canción, La vie en rose, rematou a noite de onte, sin bicos. Miguel, Bosé e María tocaron onte na Cabaña, e a voz de María resoaba en toda Pontevedra cun eco que impregnaba os corazóns e nos facía sentir como si estivesemos namorados. Ten forza, personalidade e xenio en riba do escenario. E o acompañamento á guitarra de Miguel e Bosé fana aínda máis grande, si cabe. Foi o segundo concerto da noite, o primeiro xa sabedes: Gustavo.
Gustavo non decepcionou. Estivo á altura dende a primeira canción ata o último abrazo co que nos despedimos. Fíxome un guiño dos que adoita a facer aos incondicionais , e ata me dedicou unha canción, sin que ninguén se dera conta, eso sí, porque él non dedica cancións. Hai xente que me pregunta constantemente “Gustavo, cando tocas?” –dixo- pero nunca veñen a verme , e hai outras persoas que nunca me preguntan cando toco, e sin embargo , sempre veñen. Esa era eu, e despois soou a miña canción. Un canto optimista á vida e á felicidade e ao amor, por qué non dicilo. Un canto á loucura, porque como di a canción, a cordura estanos matando.
E por suposto tampouco fallaron as miñas expectativas no referente a Rodrigo. Ahí estaba, e como era de esperar, acompañou a Gustavo en dúas ocasións. A voz de Rodrigo fai que Gustavo desapareza, son estilos distintos, sin dúbida, e presenzas distintas no escenario. A min gústanme os dous, pero Gustavo tenme consentida, dame ese trato que os grandes artistas dan as fans de verdade. Ou quizais non, quizais me trata como algo parecido a unha amiga, con certo aprecio adquirido ao longo dos anos.
Despois do concerto sempre comentamos o que pasou, eso que a maioría non ve, pero que Gustavo comparte conmigo: as letras que olvidou, o ruído que había de fondo, as da mesa do lado que non lle facían caso…As queixas do cantautor lonxe de ser un fastidio son a proba palpable de que somos algo máis que un artista e unha persoa do público falando por falar despois dun concerto.
Tamén estivo ben poder falar un anaco con Rodrigo, de cousas intrascendentes, a súa páxina web, o acondicionamento do local...A verdade é que penso que onte as persoas que estaban no Mulligan´s non eran conscientes da sorte que tiñan por contar coa presenza en directo destes dous irmáns, despois de tanto tempo, cantando xuntos nun espacio tan íntimo. A xente non valora, en xeral, a música en directo. Pensan que é o mesmo estar tomando unha copa e que soe un cd de Bisbal a que nunha esquina do local, uns músicos, guitarra en man, enchan o ambiente coa forza toda das súas gorxas e dos seus pulmóns. A xente fala, berra incluso, séntanse dando as costas aos artistas. E Gustavo di, no medio do ruído que o barre casi todo, que a mensaxe das súas cancións marcha polo aire.
A música en directo é un regalo, un privilexio que non todo o mundo sabe apreciar. E si por riba é nun local pequeno, no que se xenera certa intimidade, é algo parecido a un paraíso posible. Parece ser que o Mulligan´s vai comezar a ofrecer concertos en directo con certa frecuencia, así que terei a oportunidade de ver máis veces a Gustavo Almeida cantando alí.En todo caso, sempre quedará a Cabaña e as súas sesións de micrófonos abertos para quen se atreva a usalos os mércores pola noite.

08 mayo, 2008

Hoxe no Mulligan´s en Pontevedra ás 21 h.



Esta noite –permitídeme que me poña pesadiña- actúa Gustavo Almeida no pub Mulligan´s de Pontevedra, as 21 horas. Sospeito eu que estará acompañado do seu irmán Rodrigo ,que tamén canta, e pode que incluso o invite a cantar con él ou mesmo lle ceda o protagonismo do micrófono por uns minutos. Aos que vos gusta Gustavo, e aos que non vos gusta tanto, non deberiades perder a oportunidade de ir esta noite ainda que só sexa pola posibilidade de ver a Rodrigo sobre o escenario. Eu a Rodrigo coñecino fai uns anos, recén chegada a esta cidade, deixouse caer pola miña oficina e despois tivemos ocasión de intimar un pouco máis. El mesmo me contou un día tomando un café no Galicia Palas que se presentara ao primeiro casting de OT, pero que lle dixeran que non o podían seleccionar porque era extranxeiro ( por entonces a televisión non pretendía ser un escaparate ao mundo da nosa modernidade). Chegou do Brasil , ao igual que Gustavo, para xogar ao fútbol, pero o deles é a música, lévano no sangue, pois son fillos os dous dunha famosa cantante brasileira, á que tamén tiven a sorte de coñecer nunha das súas visitas á Pontevedra. Pronto se marchou Rodrigo de Poio a Río de Janeiro, e perdinlle a pista, sin embargo, cousas do destino acabei convertíndome en superfan do seu irmán Gustavo. Sin embargo non esquezo que si coñecín a Gustavo foi por Rodrigo, e si o empecei a seguir de concerto en concerto, foi nun primeiro momento porque contaba coa posibilidade de que alí onde estaba actuando Gustavo ,podía tamén aparecer Rodrigo para deleitarnos cunha canción.
Por aquel entón, lembro que foi cando o desastre do Prestige, levaba o brasileiro o pelo longo e rizado, unha melena preciosa que o facía , si cabe, máis atractivo, e que cando se subía ao escenario enchíao dunha enerxía especial. Tivemos un “algo” que non deu para moito, pero eu era noviña e todavía me poñía tonta con estas cousas , era guapo e cantaba ben, o condenado, e tiña milleiros de mozas detrás, a un e ao outro lado do charco ,suspirando por él.
Choveu moito dende aquela, e agora xa non luce melena nin eu rezumo tanta estupidez. Atopeimo o sábado pola noite nun pub, e quedeime petrificada polo encontro. Hoxe teño a esperanza de atopalo, xunto con Gustavo , no Mulligan´s e poder disfrutar da súa voz en directo.

07 mayo, 2008

Cacos en Ciencias Sociais

Comezan as miñas andanzas como estudiante, en fin, pensaba non dicir nada, pero hai acontecementos que me superan.Onte estiven toda a tarde, ata ben entrada a noite, na biblioteca de Ciencias Sociais e fun víctima dun roubo. Si, dun roubo. (Evitade as risas os que coñecedes o meu historial fatídico de víctima nesta cidade marabillosa) Xúrobos que diexei as miñas pertenzas soas uns cinco minutos , e foi xusto nese intre no que algún depravado -imaxino a un xove estudiante que se gastou os cuartos para a comida da semana en chocolate e fotocopias que viu nos meus 50 euros a solución á súa economía) aproveitou para meter a man no meu bolso, atopar o monedeiro e quitar nun só movemento rápido os billetes enrolados que me deran de cambio na cafetería cando fun pagar unha auga con un billete de cincuenta.
Non me fiaba eu moito da benevolencia das xentes que alí estudian neste maio que tan atragantado está sendo para a nosa economía, pero a miña amiga dixo con contundencia que non, que nesa biblioteca nunca faltaba nada. Pois foi chegar eu e hala, a romper as estadísticas. E é que estou farta da delincuencia de pacotilla nesta cidade, pero sobre todo estou farta de que sempre me toque a min. Levo nas miñas costas a humillación do roubo -en situacións ben distintas- de dous teléfonos móbiles, todo o diñeiro que levaba na carteira nunha ocasión, a carteira ao completo noutra, e agora os sabidos 50 euros. Menos mal que sumando todo non da nin para un disgusto memorable, pero a verdade é que rabia da, e moita. Sobre todo porque onte era o meu inicio no mundillo estudiantil pontevedrés, como unha universitaria máis que mochila en man se encamiña paseando cara o campus para enfrentarse a duras horas de estudio para os exames de xuño. Mal comezo, espero que non signifique un mal presaxio, e que se quede todo na foda do roubo en si, que xa é dabondo.

Filosofía de habitación

Comeza a conta atrás, o meu Maio particular, que non sei por qué pero non quero compartilo con vós. Nunca pretendín que este blog fose unha especie de balcón das miñas intimidades, e ás veces, cando un escribe preso dunha especie de furia que nos domina dunha maneira totalmente incontrolable, faise inevitable mostrar certas debilidades, certas flaquezas que conforman o noso universo particular. Non, non era eso o que eu pretendía. Era buscar unha especie de loucura, algo que me permitise non afogarme na sinrazón dos momentos, na ausencia de felicidade que ás veces se presenta como a única realidade palpable. Era eso, un camiño para buscarte, e atoparte ahí, consciente do espacio que habitas, do papel que xogas na miña vida e na vida dos demais. Buscar e atopar, e compartir ideas, pensamentos, opinións, estados de ánimo, quizais. Pero non quero –nunca pretentín tal cousa- facerte partícipe tamén dos feitos que van confeccionando os meus días iguais. Sin ti non sería o mesmo nin este blog, nin probablemente esta que escribe. Sin ti son pó, que se desvanece no aire, que se fai invisible, incorpóreo.




Estiven toda a tarde ás voltas co fascismo, tiven que rescatar dos libros as figuras de Hitler e Mussolini, e tiven que lembrar todo o horror e sangue que deixaron co seu paso. Algúns politólogos afirman con certa rotundidade que o fascismo foi un fenómeno circunscrito á Europa de entreguerras e que é impensable que se repitan reximenes fascistas do tipo do italiano e alemán , ou mesmo do rexime fascista de Franco que padeceu o noso país durante catro décadas. Sin embargo eu non son tan optimista, e penso que as ideas fascistas poden atopar apoio popular alí onde outras formas de goberno non consiguen satisfacer as necesidades dos cidadáns.
As sociedades modernas atopanse con problemas de difícil solución aos que ás veces a democracia non aporta solucións consideradas válidas polo común da poboación, como a seguridade , os problemas que xenera unha crecente inmigración, o envellecemento constante da poboación co que conleva iso en relación coa necediade de dotar máis porcentaxe do gasto público para facer fronte as pensións de xubilación, etc…Cando a sociedade non atopa respostas, ou ben estas non son fáciles, certos grupos comezan a buscar en movementos e ideas fascistas o camiño para escapar da alienación que provoca unha sociedade excesivamente individualista, consumista , competitiva e insolidaria que xenera constantes sentimentos de fracaso e envexa ,odio e resentimento hacia os outros.
Da un pouco de medo pensar en que a día de hoxe sexa posible un Holocausto, conducido por un tolo con ideas totalitarias, pero o certo é que constantemente vivimos rodeados na nosa cotidianeidade de distintas manifestacións de fascismo, que – a min polo menos- me impiden suscribir a tesis do fin do fascismo como forma de goberno no futuro.




Quixera estar tola, outra vez, só unha vez. E rexirme polas regras polas que se rexen os tolos. A ausencia de regras, ¿ou non?
Buscar vai irremediablemente unido á ausencia de algo. Buscamos o que non temos, o que nos falta, o que perdimos, o que nunca tivemos. Buscamos sin saber si existe aquelo que buscamos. A búsqueda da felicidade é a gran obsesión do noso tempo. Buscamos a felicidade no Corte Inglés, en Ikea, en Zara… Buscamos a felicidade nun montón de cousas envoltas en papel de celofán. Pedimos o ticquet e sentímonos responsables coa nosa compra. Somos o que compramos. O que temos mide a nosa felicidade, o que non temos a nosa debilidade, a nosa desesperación. Os anuncios de Master Card dannos ideas sobre as cousas que non teñen prezo, como si xa non pudiésemos distinguir o que non se pode conseguir con cartos. ¿Estamos condenados á infelicidade? Buscamos o que non temos e non atopamos máis que desolación, caos, dúbidas. ¿É posible que nos estemos equivocando na nosa búsqueda? A felicidade non se paga con tarxeta de crédito, non se busca nos centros comercias nin se financia a prazos cun crédito ao consumo. A felicidade é estar tolo, sin necesidade de nada no medio de todo. ¿Cómo se poden romper as cadeas que nos oprimen, que nos fan prisioneiros dunha realidade que quizias non eleximos? Esa é a gran incógnita do noso tempo, cómo conseguir vivir sin mil cremas hidratantes na equipaxe de man e papel hixiénico de doble capa no wc. Quen teña a resposta, que a comparta con nós e nos faga un pouco máis libres.

06 mayo, 2008

Nostalxias do SEDA





Este ano non tivemos a sorte de contar en Fexdega co SEDA. O motivo foi o gran fiasco que resultou ser o ano pasado, e é que xa se sabe, aquí todo pola pasta, e si non se gañan cartos, o soño desvanecese. E mira que me deu pena, eu que tan ben o pasara no 2006. A realidade é que o ano pasado xa non foi o mesmo, polo menos non para min. O primeiro ano estiven alí dende as seis da tarde ata o peche e non tiven nin tempo a ir ao wc. Estiven máis tempo nos escenarios que no sitio que como usuaria me correspondía. Pero a verdade é que as miñas sensacións foron máis pura adrenalina polos meneos que me deron os bailaríns, que pola erótica dos números de baile. Voei polos aires máis dunha vez ,e mesmo algúns pensaron que estaba planeado.

O ano pasado, non sei si porque eu non tiña o mesmo espíritu festivo e non tiña o corpo para a farándula, ou porque non conseguiron motivarme da mesma maneira, pero sexa polo que fose , non foi o mesmo. En fin, que este ano quedamos todos sin festival erótico, e a verdade é que é unha mágoa, porque o que pretendía ser un espectáculo con continuidade que lle dese a Vilagarcía certa modernidade, quedouse nunha festa anecdótica na que tan só se puido botar un baile. E iso que o comportamento dos pontevedreses ante tal evento foi exemplar, contrariamente ao que cabía esperar.

No Seda non vin nada do outro mundo, pero seguramente moitos viron o nunca viron, e mesmo disfrutaron do nunca disfrutado. O máis impactante foi aquel casting de actores porno no que a última proba consistía en follar en directo coa presentadora, mentres o público, como si dun espectáculo circense romano xaleaba ao tipiño para que rematase a faena con éxito. Ao final conseguiuno ( flipante a súa concentración ) e todos aplaudimos. Por suposto, pasou o casting.

Pero eu quédome sen dúbida coa presenza marabillosa de Lena Gasol no 2006, á que tiven a sorte de coñecer e compartir un piscolabis con ela na cafetería do recinto, e cos seus espectaculares números. O ano pasado tivemos que conformarnos con Evita de Luna e o negrazo da foto, (eu paso de negrazos musculados, pero para gustos) . A Evita hai que recoñecerlle que é moita muller en tan pouquiño corpo, que mira que é baixiña a condenada, para que logo digan que para vivir do corpo hai que ter altura...

En fin, nostalxias do SEDA. Que non sei a que ven esto agora, quizais a que lembrei un artigo dalgún que falaba duha cola de tipiños que daba a volta a Fexdega agardando por unha mamada, e unha cousa levoume á outra...



Ibuprofeno contra o Alzheimer

Os meus amigos din que son adicta aos medicamentos, eu non creo que sexa para tanto. Tan só é que descubrín as súas utilidades, e utilízoos para que me fagan a existencia máis fácil. Unha das ventaxas do progreso, que che doe a cabeza, pois te tomas unha pasti; que che pican os ollos, pois bótaslles colirio; que tes o estómago revolto, te tomas un almax, e así con todo. Vamos que non hai por qué padecer sufrimentos innecesarios cando temos todo un mundo de medicamentos ao alcance da man. Si esto é ser unha adicta, pois entón sí, son toda unha yonki de farmacia e parafarmacia. Teño un armario cheo no meu salón de caixas de medicamentos de todo tipo, analxésicos, antibióticos, tranquilizantes, pastillas para os gases, vitaminas para o pelo, vitaminas para a memoria, inhaladores para o asma, xarabes para a tos, pastillas para a gorxa, pastillas para o mareo, pomadas para os golpes, pomadas para os granos, pastillas para a alerxia...Pero sen dúbida existen para min dous medicamentos estrella, deses os que eu lles faría unha especie de santuario ou algo polo estilo, sin os cales non imaxino a miña existencia tal e como a concibo ata agora: A couldina e o ibuprofeno. Pois ben, lin esta mañá nun diario dixital que nun estudio recente se descubriu que o ibuprofeno consumido en grandes cantidades e con continuidade reduce o risco de padecer Alzheimer. A noticia provocoume un alegrón que nin vos podedes imaxinar, foi como si de pronto unha pitonisa me dixese con total seguridade despois de ver a súa bola de cristal que non vou padecer tal enfermidade. Porque outra cousa non, pero ibuprofeno eu consumo o meu. Claro que o malo - dicían no xornal dixital- é que ten efectos secundarios desastrosos para o estómago. Bah, tonterías, para eso están os protectores hepáticos.

O PP á deriva

Todos aprendimos dende moi novos que en caso de naufraxio o capitán é o último en abandonar o barco. Parece que é algo que ten ben claro Mariano Rajoy, que ve como o seu barco se vai á pique de maneira gradual dende que o día nove de marzo, cando perdeu as eleccións, comezou o afundimento. Primeiro abandonouno Zaplana, e agora Acebes. Acebes adiantou que dimite da secretaría xeral do Partido Popular, que non poderán seguir contando con el como número dous de Rajoy a partir de entón . Rajoy queda só co seu proxecto de renovación, dando así unha imaxe de auténtico caos dentro do partido. O PP é un barco que se afunde, no que o que en catro anos non tomou decisións e se deixou manipular como movido polos fíos dunha marioneta, decide agora facer e desfacer ao seu antoxo, sen ser conciente –ou ao menos eso é o que parece- de que o primeiro que sobra neste sarao é él. O capitán permanece á fronte do barco, como a última resistencia, coñecedor (négome a crer que sexa tan inxenuo de verse como candidato no 2012) de que moi pronto xa non quedará mástil ao que agarrarse, e que a tripulación de pacotilla, os grumetes nos que depositou a súa confianza, a nova fiel Soraya, por exemplo, afundiranse con el, relativamente pronto.
E neste naufraxio,no medio das augas turbulentas, das mareas que azotan o barco e o empuxan irremediablemente ao fondo, non hai posibles candidatos que sexan capaces de coller as riendas do timón e salvar ao PP desta crise na que se atopa. Os que queren presentarse non o fan, e os que o farán, saben que están derrotados de ante man. Rajoy –coas costas cheas de traicións- xoga ao despiste, ou non quere revelar os seus apoios ou acudirá ao Congreso en xuño en solitario.
Queda un mes e medio para ver que cartas se poñen sobre a mesa, para ver si efectivamente vai existir unha alternativa, ou Rajoy será o gañador indiscutible do Congreso para perder depois, cando á sombra dunha normalidade aparente, se vaia xestando un verdadeiro líder con equipo. O equipo de Rajoy está caducado dende aquel 14 de marzo do 2004, cando perderon as eleccións e non souberon asumir a derrota, culpando aos atentados do resultado electoral. Presos dese erro, afrontaron unha lexislatura sin cambios e presentáronse as eleccións pasadas coa crenza de que non eran eles os que fallaran. O 9 de Marzo constitúe para o PP unha nova realidade, palpable esta vez queiran ou non. E aos dirixentes do PP, aos que o conduciron a dúas derrotas consecutivas, non lles queda outra que dimitir dos cargos para os que non saben ainda si serían reelexidos. Foi o que fixeron Zaplana e Acebes, e o que debería de facer tamén Rajoy, si realmente lle preocupa algo o seu partido.