Suspendida nas notas desta canción, La vie en rose, rematou a noite de onte, sin bicos. Miguel, Bosé e María tocaron onte na Cabaña, e a voz de María resoaba en toda Pontevedra cun eco que impregnaba os corazóns e nos facía sentir como si estivesemos namorados. Ten forza, personalidade e xenio en riba do escenario. E o acompañamento á guitarra de Miguel e Bosé fana aínda máis grande, si cabe. Foi o segundo concerto da noite, o primeiro xa sabedes: Gustavo.
Gustavo non decepcionou. Estivo á altura dende a primeira canción ata o último abrazo co que nos despedimos. Fíxome un guiño dos que adoita a facer aos incondicionais , e ata me dedicou unha canción, sin que ninguén se dera conta, eso sí, porque él non dedica cancións. Hai xente que me pregunta constantemente “Gustavo, cando tocas?” –dixo- pero nunca veñen a verme , e hai outras persoas que nunca me preguntan cando toco, e sin embargo , sempre veñen. Esa era eu, e despois soou a miña canción. Un canto optimista á vida e á felicidade e ao amor, por qué non dicilo. Un canto á loucura, porque como di a canción, a cordura estanos matando.
E por suposto tampouco fallaron as miñas expectativas no referente a Rodrigo. Ahí estaba, e como era de esperar, acompañou a Gustavo en dúas ocasións. A voz de Rodrigo fai que Gustavo desapareza, son estilos distintos, sin dúbida, e presenzas distintas no escenario. A min gústanme os dous, pero Gustavo tenme consentida, dame ese trato que os grandes artistas dan as fans de verdade. Ou quizais non, quizais me trata como algo parecido a unha amiga, con certo aprecio adquirido ao longo dos anos.
Despois do concerto sempre comentamos o que pasou, eso que a maioría non ve, pero que Gustavo comparte conmigo: as letras que olvidou, o ruído que había de fondo, as da mesa do lado que non lle facían caso…As queixas do cantautor lonxe de ser un fastidio son a proba palpable de que somos algo máis que un artista e unha persoa do público falando por falar despois dun concerto.
Tamén estivo ben poder falar un anaco con Rodrigo, de cousas intrascendentes, a súa páxina web, o acondicionamento do local...A verdade é que penso que onte as persoas que estaban no Mulligan´s non eran conscientes da sorte que tiñan por contar coa presenza en directo destes dous irmáns, despois de tanto tempo, cantando xuntos nun espacio tan íntimo. A xente non valora, en xeral, a música en directo. Pensan que é o mesmo estar tomando unha copa e que soe un cd de Bisbal a que nunha esquina do local, uns músicos, guitarra en man, enchan o ambiente coa forza toda das súas gorxas e dos seus pulmóns. A xente fala, berra incluso, séntanse dando as costas aos artistas. E Gustavo di, no medio do ruído que o barre casi todo, que a mensaxe das súas cancións marcha polo aire.
A música en directo é un regalo, un privilexio que non todo o mundo sabe apreciar. E si por riba é nun local pequeno, no que se xenera certa intimidade, é algo parecido a un paraíso posible. Parece ser que o Mulligan´s vai comezar a ofrecer concertos en directo con certa frecuencia, así que terei a oportunidade de ver máis veces a Gustavo Almeida cantando alí.En todo caso, sempre quedará a Cabaña e as súas sesións de micrófonos abertos para quen se atreva a usalos os mércores pola noite.