Mostrando entradas con la etiqueta política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta política. Mostrar todas las entradas

11 junio, 2010

A Guerra Comercial

No século XXI podemos distinguir tres modelos capitalistas diferentes que compiten entre si. Por un lado, o sistema que ten EEUU, chamado sistema liberal, no que o goberno se mantén desimplicado da economía e é a clase corporativa a que dirixe a economía á súa conveniencia. Esto implica a existencia dunha clase traballadora que carece de influencia no goberno á hora de obter protección mediante leis laborais, protección da renda ou subsidios sociais.
Foi precisamente esta estratexia competitiva , este modelo de economía capitalista o que levou a EEUU ao rexurdimento económico. As innovacións tecnolóxicas e a mellora nos procesos de produccción contribuíron ao rexurdir económico, pero o factor máis importante foi a capacidade para obter máis traballo dos traballadores a menor custo. Esto levou a que a finais da década dos 90 as condicións laborais en EEUU experimentasen un cambio que se traduce en recorte de salarios, recorte de prestacións como o seguro de enfermidade, temporalidade no emprego, ampliación da xornada laboral, etc...
En Europa continental encontramos un modelo capitalista ben distinto, representado especialmente por Alemania e Francia como principais potencias, o denominado sistema corporativo, no que a clase corporativa e a clase traballadora, de acordo co goberno, chegan a un pacto no reparto de poder, de modo que o goberno contribúe a organizar a economía e protexe os intereses de tódalas partes. Un elemento central deste sistema son uns sindicatos poderosos e unhas leis laborais que limitan a capacidade de acción das élites corporativas na economía e no sistema político.
Este modelo Europeo trazou como estratexia competitiva a unificación económica coa creación da Unión Europea. A idea é que a cooperación económica entre as nacións da UE fará máis eficiciente e competitivas as súas economías , primando as axudas ao benestar e desemprego, con salarios máis xenerosos, traballadores que disfruten de máis beneficios e xornadas laborais máis curtas.
O reto ao que se enfrenta Europa coa creación da UE como estratexia competitiva é o de, sin deixar de lado as súas medidas de protección social e sen reducir o benestar da clase traballadora, competir coa estratexia conservadora dos EEUU.

O certo é que nas últimas décadas, as principais nacións industriais, con sistemas capitalistas corporativos, vense presionadas a aceptar o desafío económico estadounidense e o seu modelo económico. O que estamos a vivir nestes días, trátase precisamente disto, de competir co modelo de economía político que se erixiu como máis competitivo na economía global ,e para facelo a única maneira parece ser recortando tamén salarios e subsidios e creando máis desigualdade. E dicir, estamos inmersos no medio dunha guerra comercial a gran escala na que o coñecemento tecnolóxico, a súa aplicación e as formas máis eficientes de organización socio-política- económica teñen agora a importancia que tiñan os tanques , os acorazados e as bombas de principios do século XX.


Nesta guerra comercial, enfréntanse os tres modelos comerciais coas súas armas diferenciadoras. Deixando a un lado o terceiro modelo, o asiático, que constitúe a auténtica ameaza para o modelo capitalista liberal, neste momento é a zona euro a que se atopa en perigo frente á presión do modelo liberal.
O sistema corporativo europeo, co estado social de benestar que o caracteriza fracasou, e Europa ten que buscar a maneira de recuperar a súa gobernanza, nun intento de voltar a ser competitiva económicamente. De momento a UE non consegue impoñerse ás forzas do mercado estadounidenses e parece plegarse aos mandatos destas forzas, co que isto implica de renuncia ao estado social.

Os países da zona euro , sumerxidos nesta guerra comercial, están lonxe de poder continuar competindo nun mercado global dominado pola economía estadounidense e teñen ante eles o reto de rendirse ao modelo imposto polas élites económicas globais ou reformar o seu modelo capitalista corporativo tratando de salvagardar a defensa dos dereitos dos traballadores e o estado de benestar, buscando ao mesmo tempo mecanismos de crecemento económico que lles permitan competir dentro da economía mundial.

Pero entre tanto Europa parece que se atopa paralizada ante esta irrupción do FMI nos seus gobernos e nas súas economías e non consegue reaccionar cunha política común na que tódalas forzas políticas eurpoeas se poñan de acordo para buscar unha estratexia de gobernanza propia e non a imposta polos mercados externos.
Estamos inmersos nesta guerra e levamos todas as de perder. Os gobernos europeos perderon o mando a favor das forzas do mercado e parece que vamos cara ao sistema imposto polo FMI, sistema que ten demostrado o seu éxito para os mercados globais, co que supón de perda de dereitos laborais e sociais, así como o aumento da desigualdade.

As reformas laborais ás que se ve forzado o gonerno de España nestes días son un exemplo do que relatei arriba. Veñen estas medidas impostas polo FMI e escapan por completo das estratexias competitivas ou de goberno dos políticos españoles.

Para comprender mellor isto, cómpre aclarar de qué falamos cando falamos do FMI. O FMI trátase dunha institución internacional que protexe e fomenta os intereses dunha clase corporativa global. E unha especie de banqueiro para as crisis que presta cartos aos países con problemas para evitar que se afunden as súas economías e perxudiquen a outras nacións da economía global.
O FMI está dirixido por esta clase corporativa que son os que marcan aos países receptores de axudas as reglas do xogo e as súas visións de cómo debe funcionar o capitalismo.
Si a esto engadimos que o "pacto entre cabaleiros" que existía dende a Segunda Guera Mundial, cando se crearon tanto o FMI como o Banco Mundial, entre a clase corporativa estadounidense e a europea para o reparto da presidencia destas institucións , se rompeu dando como consecuencia que ambas institucións están dominadas pola clase corporativa estadounidense, é obvio que nestes momentos, o goberno dos asuntos dos países da zona euro está en mans destas élites corporativas das EEUU.

03 julio, 2008

37 Congreso Federal do PSOE.

Para os que queirades seguir o Congreso do PSOE paso a paso, e dado que eu non andarei por aquí durante uns días , aquí tedes o enderezo do blog creado para esta ocasión.
http://blog37congreso.psoe.es

19 junio, 2008

Borrarse de Europa

A directiva aprobada onte polos parlamentarios europeos relativa ao retorno dos inmigrantes atenta frontalmente contra os dereitos fundamentais dos cidadáns. Vulnera os tan renonmbrados pola UE dereitos humans, sin contemplación, cun cinismo que deixa a Europa no plano que lle corresponde. E non se salva ninguén, porque todos, políticos de dereitas , de esquerdas e ata os noso sequito seguidor de ZP aprobou onte a directiva na que o que se pretende é restrinxir os dereitos dos inmigrantes ata casi ser relegados a unha categoría distinta a de persoa humana. Podemos detelos, retelos en cárceres convencionais, sin presentalos ante un xuiz , por un periodo de ata 18 meses; podemos deportalos a países distintos aos do seu orixe. E todo isto ainda que non alcancen os 18 anos. E así, desposeídos completamente dos dereitos básicos que se recoñecen aos cidadáns de calquera estado, conseguiremos erradicar este mal do noso tempo. A Europa solidiaria que construimos entre todos, esa Europa social que busca o benestar de todos ten agora o reto da inmigración sobre da mesa. A directiva é un ataque á socialdemocracia, ao sentido común mesmo, e dende logo á dignidade humana.
Onte diciame un compañeiro de traballo, irónicamente-como lle gusta a el desgranar a realidade-qué hai que facer para borrarse de Europa. E é que non é a cousa para menos. Lin hoxe un artigo na Voz no que nos culpaban a todos -europeos- da política anti-inmigración que votou onte o Parlamento Europeo, dicindo que a decisión tomada é a que decidimos todos os europeos, que vemos na inmigración unha ameaza. Eu non, eu négome a crer que na miña conciencia se oculte o temor de que os inmigrantes ilegais que fuxen da miseria, e que chegan medio mortos en pateras ao noso continente na procura dunha oportunidade de supervivencia , acaben por arrebatarnos o país e mesmo os nosos dereitos. Négome a crer que a miña conciencia , de europea mileurista que se afana sobre todo na procura dos seus propios praceres, esconda no seu interior un racismo que subyace baixo unha apariencia de persoa progre e solidaria. Non. E si Lois Blanco ten razón na súa columna de hoxe, e o que se aprobou onte na UE é o que queremos todos os europeos, a min non me queda outra que borrarme de Europa, como quen se da de baixa dun clube que xa non responde ás súas espectativas.

"Tará, tará, tarararará..."

"Tara, tara, tarararará..."pois sí, a piques de que comece o congreso do PP estamos todos nun sin vivir, mirando cara a Rúa Génova por si aparece dunha vez a fumata blanca para indicarnos quen será o número dous do partido. Será no momento xusto, nin antes nin despois, cando máis repercusión mediática logre a nova, para que só se fale diso - agora que xa os mortais estamos pensando noutras cousas- e volte o PP a ser actualidade, a ser debate, a ser espectativa.

Hai varios nomes que resoan como posibles, pero agora todos o temos claro que será Rajoy o que decida, por fin, sin deixarse ningunear. El queía a Arenas, pero non puido ser, e temos que agardar, xa queda menos.

Parece que o circo do PP perde fuelle por momentos, que gañou terreo a crise do petróleo, os transportistas en folga, os pescadores...E mesmo a Eurocopa tamén contribúe a distraer a nosa atención. Xa non estamos tan pendientes da data clave , da data decisiva na que todo se decide, porque é máis interesante saber con quen xoga España o próximo partido . Somos así, nada compite co fútbol, nin as crises. Un opio como outro calquera, para que non pensemos no que nos rodea.

Pero eu sigo mirando á sede do PP, inquieta, pendiente dese comunicado anunciado, que me saque da ignorancia dunha vez. Postos a facer apostas de última hora, eu voto por Pío García Escudero. A ver.

10 junio, 2008

65 horas

«Europa no puede ser solamente un espacio económico, Europa no puede ser solamente el espacio de la flexibilidad, tiene que ser también el espacio de los valores, el espacio de los derechos».Estas foron algunhas das verbas do Ministro de Traballo español, Celestino Corbacho, en clara oposición ao acordo adoptado polos ministros de traballo da UE onte en Luxemburgo de ampliar a xornada laboral ata 65 horas semanais.
Ata agora o líminte de horas de traballo fixado pola UE estaba en 48 semanais , e constituiu todo un logro na configuración dos Estados de Benestar europeos dende fai casi un siglo. Permitir unha xornada laboral de 65 horas e tanto como liberalizar o mercado de traballo por completo, deixar que o horario de traballo o fixen as forzas de mercado, e polo tanto os empresarios. Despois virá a flexibilización na idade mínima para acceder ao mercado laboral, e a libertade total para fixar salarios. E así pouco a pouco, Europa, lonxe de ser o que debeu ser, convertirase no caldo de cultivo dunha globalización incipiente que se asenta no económico deixando a un lado os dereitos fundamentais e as persoas.
Camiñamos en sentido contrario aos avances sociais. A UE ía ser un marco de convivencia no que os principios sociais prevalecesen, no que os mínimos de benestar estarían garantidos. Sin embargo parece que avanzamos cara o desmantelamento dos estados de benestar de maneira acelerada. O primeiro paso -clarísimo e contundente- o acordo de onte dos ministros de traballo posibilitando as 65 horas de traballo semanais. As consecuencias desta ampliación son claramente comprensibles para todos. En primeiro termo imposibilitan de todo xeito a conciliación da vida laboral e familiar. En segundo lugar, abren a veda a outras medidas que flexibilicen o ámbito laboral a favor da producción indiscriminada, sin ningún tipo de freno, e deixando desamparados aos traballadores frente aos empresarios. Un retroceso sen dúbida nos logros conseguidos nas últimas décadas.

29 mayo, 2008

Mojitos.

Non teño tempo que perder, os exames de xuño - como a unha universitaria máis, aínda que a destempo- téñenme ocupada casi as 24 horas do día, pero ás veces lé unha noticias que a fan saltar da mesa da biblioteca e sentarse diante dun ordenador. Esta vez non foi Rajoy nin a crise do PP, nin a crise económica, foron esta vez 400 mojitos que a Consellería de Cultura pagou polo módico prezo de 600 euros. A difusión internacional da cultura galega é algo moi importante, sen dúbida, e dende logo a inauguración dunha exposición ," Arte desde Galicia" ,ben merecía o gasto de 1625 euros nun piscolabis para os asistentes no que o prato forte era o mojito. Pero non vaiades a pensar que a Consellería de Cultura tirou a casa pola fiestra, derrochou a mans cheas, ou fixo un gasto abusivo das arcas públicas, non. O prezo por mojito non puido ser máis económico , tan só 1,50 cada un, vamos, unha ganga.
E eu xa me quedo máis tranquila sabendo que o nacionalismo galego era esto, promocionar allén dos mares as nosas raíces en todo tipo de actos culturais, e interelacionarnos coas culturas dos outros, a través das súas viandas e bebidas típicas. O nacionalismo galego é unha mezcla de festa rexional, cultura autóctona e difusión do noso polos medios que sexan, pero claro, non vamos facelo á secas. 400 mojitos son un bó comezo para unha exposición na que pretendemos darnos a coñecer a outra cultura, xa que despois dos mojitos a ver quen é o listo que fai crítica do que alí se expoña, non?
A factura de marras, que podemos vela hoxe en tódolos xornais ten algo de insólito, en todo caso, a súa mesma existencia. Todos imaxinamos a conselleiros defendendo no Parlamento os gastos xenéricos xenerados por programas de cooperación internacional no marco de convenios de colaboración...etc, etc, e moitas outras estrataxemas rimbombantes,pero cando chega a realidade en forma de factura na que se detallan 400 mojitos, a 1,50 cada mojito, o que fai un total de 600 euros, a defensa do temiña, ainda que o podamos adornar con " acto convocado para a apertura da exposición Arte en Galicia celebrado na 17 edición da Feira do Libro da Habana, co que se pretendía contribuír a difusión internacional da cultura galega..." pois non deixa de ser diñeiro público, cartos de todos para entendernos, despilfarrados en mojitos, co que eso axuda a esto da difusión.
En fin, cousas da nosa Xunta a parte, eu sempre teño no meu punto de mira ao PP, que hoxe parece que está en periodo de tregua, e así, no xuízo contra Losantos pola querella interposta por Gallardón, van Aguirre, Zaplana e Acebes, e deixan só a Losantos no banquillo dos acusados. Vamos que foron os susodichos chamados como testigos pola avogada defensora e os tres, en contra do que cabía esperar, e máis dados os acontecementos-puñaladas dos últimos meses, van e fanse os tolos, os olvidadizos e deixan a Losantos en pelotas, sóiño coa súa acusación.E é que é certa a frase aquela de "sorpresas te da la vida, la vida te da sorpresas..."

26 mayo, 2008

Elorriaga, tamén.

Hoxe foi un luns máis, de maio, con choiva por toda Galicia, e un luns negro -outro máis- para Rajoy. A puñalada veulle esta vez en forma de columna de xornal da man de Elorriaga, o cal poñía en dúbida o seu liderazgo. Era home de confianza, mantiñase na sombra, e incluso para dar a puñalada o fixo polas costas.
Supoño que hai que darlle a razón a Pepiño Blanco que tan ben analizou a situación na que se atopa o PP. E é que Mariano está a probar a súa propia medicina, aqueles que entón convocaban manifestacións contra o goberno manipulan ás mesmas masas para que coa misma agresividade se levanten en Géneva contra Rajoy, e os insultos propiciados apenas fai uns meses a Zapatero volvense agora contra Mariano. E no PP interno, fóra da rúa na que a voz última pertence a Pedro J. e a cadea de radio dos curas, a loita de poder é entre os que queren que se vaia Rajoy, para continuar facendo a súa política, e os que queren que se quede Rajoy para cambiar de política.
A min conmoveume especialmente Jorge Moragas, asesor de Mariano, cando o domingo contestaba nunha entrevista concedida ao País que querían cambiar de forma de entender o xogo democrático, e dicía, cito textualmente: " La posibilidad de hablar con quien sea, sin miedo, sabiendo que del diálogo no siempre tiene que surgir compromiso. Dialogar no es sacrificar valores."
En fin, flaco favor lle están facendo uns e outros ao PP, especialmente o Mundo e a Cope coa súa intromisión no debate político interno, que non se poderá celebrar de ningunha maneira si as masas están enardecidas, labor que están a levar a cabo moi ben estes dous medios de comunicación.
Na miña modesta opinión creo que Rajoy (que agora xa me cae máis simpático) está a facer agora o que tivo que facer cando perdeu as eleccións no 2004. O novo discurso que quere implantar Rajoy no partido, o xiro centrista e moderado que quere darlle, debeuno de facer fai catro anos, e quizais entón os resultados do 9 de marzo serían outros. Pero chega tarde Mariano, tarde para gañar as eleccións, que xa se perderon, e tarde tamén para mover os fíos él mesmo dentro do partido e deixar de ser unha marioneta nas mans dos que agora -radios e diarios incluídos- lle viran as costas, e non só eso, sinón que públicamente piden a súa cabeza cortada.

21 mayo, 2008

Bendita crise


Levantarse pola mañá uns minutos antes cambia todo o panorama matutino. Non hai tráfico, tráfico peatonal, que é o que a min me preocupa, e cruzo entón Joaquín Costa como un raio, directa ao primeiro café. Ao levantarme penso en Gallardón. Casi sempre penso en Gallardón polas mañas, en parte porque durmo soa e non albergo no meu corazón ningunha sorte de namoramento e en parte polos ecos das últimas palabras escoitadas na Ser antes de durmir. Cando a cousa vai de bandos toca posicionarse, ou te posicionas ou te posicionan, que para o caso é case o mesmo. Non sei si Gallardon se posicionou á vontade, ou pola contra é o seu posicionamento no partido froito das circunstancias ou das ideas e os “principios”. Quizais sexa que cando hai un combate a dous , no que os que se enfrentan son os dous malos, cómpre arrimarse ao menos malo dos dous como única solución desexable. Sexa como sexa, Gallardón subiuse ao barco de Rajoy e para pilotar dende as primeiras posicións, e o que antes fora un retroceso e agora un paso adiante con impulso, que o coloca na Dirección do PP. E logo está o dito aquel de “os amigos dos meus amigos son os meus amigos” coa lectura posible de que os enimigos dos meus enimigos tamén son os meus amigos. Todo é bó para facer frente común a una Espe á que parece que apoia a liña máis dura do PP. E así, por cousas da política (o que dicimos sempre cando non entendemos o que está a suceder, ou o entendemos tan ben que non é preciso explicalo) Gallardón pasa de ver frustradas as súas aspiracións como diputado en marzo, a tan só uns meses despois –bendita crise- tomar o timón xunto con Rajoy dun barco que parece por momentos que está no medio dun naufraxio.

19 mayo, 2008

Crise, crise, crise...

A crise do PP continúa dándonos que falar aos pobres mortais que atopamos no rife rafe destes políticos e na súa loita polo poder certo divertimento. Esta vez saltou á palestra José María Aznar cun símil moi axeitado, a verdade. Di o ex-presi que nos xogos hai que rodearse sempre dos mellores xogadores e chamalos para que xoguen cun. Logo falou tamén dos principios, pero xa sabemos todos a que se refería cando falaba de principios, claro. En fin, que Rajoy non está escollendo ben aos compañeiros de xogo e iso á larga vaille pasar factura. E preguntado Don Manuel por si a Rajoy lle faltaba liderazgo, contesta o ex-presi galego, que non lle falta, sinón que lle sobra. Ainda que non sei eu si en esto da politica está ben que sobre, vamos que as cousas na xusta medida ,non. E Gallardón parece que non acaba tampouco de posicionarse...Pero Rajoy teno claro e espeta en plena crise un "hai que moverse e dar oportunidades a todos" O que eu vos diga, que este bó home descubriu a democracia e quere practicar coa organización do seu partido. Ah, ¿qué o partido non é seu?
Ben, a ver que vai acontecendo, seguiremos o culebrón moi atentamente.

06 mayo, 2008

O PP á deriva

Todos aprendimos dende moi novos que en caso de naufraxio o capitán é o último en abandonar o barco. Parece que é algo que ten ben claro Mariano Rajoy, que ve como o seu barco se vai á pique de maneira gradual dende que o día nove de marzo, cando perdeu as eleccións, comezou o afundimento. Primeiro abandonouno Zaplana, e agora Acebes. Acebes adiantou que dimite da secretaría xeral do Partido Popular, que non poderán seguir contando con el como número dous de Rajoy a partir de entón . Rajoy queda só co seu proxecto de renovación, dando así unha imaxe de auténtico caos dentro do partido. O PP é un barco que se afunde, no que o que en catro anos non tomou decisións e se deixou manipular como movido polos fíos dunha marioneta, decide agora facer e desfacer ao seu antoxo, sen ser conciente –ou ao menos eso é o que parece- de que o primeiro que sobra neste sarao é él. O capitán permanece á fronte do barco, como a última resistencia, coñecedor (négome a crer que sexa tan inxenuo de verse como candidato no 2012) de que moi pronto xa non quedará mástil ao que agarrarse, e que a tripulación de pacotilla, os grumetes nos que depositou a súa confianza, a nova fiel Soraya, por exemplo, afundiranse con el, relativamente pronto.
E neste naufraxio,no medio das augas turbulentas, das mareas que azotan o barco e o empuxan irremediablemente ao fondo, non hai posibles candidatos que sexan capaces de coller as riendas do timón e salvar ao PP desta crise na que se atopa. Os que queren presentarse non o fan, e os que o farán, saben que están derrotados de ante man. Rajoy –coas costas cheas de traicións- xoga ao despiste, ou non quere revelar os seus apoios ou acudirá ao Congreso en xuño en solitario.
Queda un mes e medio para ver que cartas se poñen sobre a mesa, para ver si efectivamente vai existir unha alternativa, ou Rajoy será o gañador indiscutible do Congreso para perder depois, cando á sombra dunha normalidade aparente, se vaia xestando un verdadeiro líder con equipo. O equipo de Rajoy está caducado dende aquel 14 de marzo do 2004, cando perderon as eleccións e non souberon asumir a derrota, culpando aos atentados do resultado electoral. Presos dese erro, afrontaron unha lexislatura sin cambios e presentáronse as eleccións pasadas coa crenza de que non eran eles os que fallaran. O 9 de Marzo constitúe para o PP unha nova realidade, palpable esta vez queiran ou non. E aos dirixentes do PP, aos que o conduciron a dúas derrotas consecutivas, non lles queda outra que dimitir dos cargos para os que non saben ainda si serían reelexidos. Foi o que fixeron Zaplana e Acebes, e o que debería de facer tamén Rajoy, si realmente lle preocupa algo o seu partido.

22 abril, 2008

O blog da ministra

Nestas tardes de choiva , dalle a unha por navegar pola rede, na busca dunha pouca de tranquilidade para este corazón aflixido pola climatoloxía totalmente adversa, e ás veces, atópase unha con sorpresas , como a que me encontrei esta tarde, un blog nin máis nin menos que dunha ministra, o de Bibiana Aido (http://bibianaaido.wordpress.com/ ) Non tería nada de particular este blog si non tivesemos en conta dous aspectos de maneira conxunta, que Bibiana é ministra, e que ademais é a ministra máis nova da historia da democracia no noso país. Pois ben, basta unha ollada rápida polo seu blog, cun nome xa de entrada moi clarificador, Amanece en Cádiz, para darse conta de que estamos ante unha ministra inusual, xove , que escribe con frescura dende os seus trinta anos, comprometida coa súa xeneración e coñecedora dos problemas e do modo de vivir da xuventude actual. O seu blog non se diferencia moito doutros blogs de amigos ou coñecidos meus, coa diferencia de que Bibiana é ministra. A verdade é que me parece única a posibilidade que esta andaluza nos brinda de interactuar con ela, para comentarlle de maneira directa os problemas que vemos cada día relativos ao seu ministerio, e as nosas opinións sobre como mellorar as cousas. Esta canle de comunicación de tú a tú que creou Bibiana en plena campaña electoral e que agora promete manter activa dende o Ministerio de Igualdade, é un exemplo da cercanía do goberno, dalgúns políticos ao pobo que os elexiu, un exemplo do que se demomina democracia directa.
Non sei si Bibiana manterá a súa promesa de escribir con frecuencia o seu blog, e non sei tampouco si seguirá escribindo dende a perspectiva dunha xove andaluza amante do flamenco e con ilusión polas cousas, ou se deixará arrastrar, dende o seu sillón ministerial, pola linguaxe institucional e os formalismos propios do seu cargo. En todo caso, vaia para ela o meu voto de confianza. Gracias Bibiana polo teu blog.

O vals de Esperanza Aguirre

“No se sabe si hay dos sin tres, o si a la tercera va la vencida”, así repondeu onte Esperanza Aguirre cando lle preguntaron si o home que tivo duas derrotas seguidas era o candidato idóneo para presentarse as eleccións no 2012. A presidenta da Comunidade de Madrid estivo onte no programa 59 segundos cunha rixidez corporal que resultaba antinatural ao tempo que antiestética. Esa rixidez na súa postura xunto coa inmovilidade absoluta do pescozo, impedindolle xirar a cabeza sin xirar ao mesmo tempo o corpo enteiro, distraía a atención sobre as suas palabras. A contundencia das súas respostas, asegurando que nunca aspirara a ser Presiedenta do Goberno, contradicía a súa linguaxe corporal. A súa dicción perfecta, quedaba solapada polo xesto constreñido do seu rostro, e pola mirada dos xornalistas que non deixaban de interpretala entre líñas.
E é que cando Espe di que non, todos entendemos que si, coma si tivesemos que ir traducíndoa simultáneamente, e coma si xa comprendesemos todos, Rajoy incluido, os códigos necesarios para descifrala. Aproveitou para mostrar os seus sentimentos cara Gallardón, e deixou entrever –ainda que o neguou varias veces expresamente- que a porta para xogar as súas bazas no futuro seguía aberta.
E no medio das ambigüedades coas que nos agasallou, tivo ainda forzas para dicir que ela era liberal precisamente pola súa preocupación polo social, atacando directamente a Keynes sin ningún tipo de pudor. En fin, que nin si nin non, nin todo o contrario, ese foi o resultado da entrevista, co colofón final dun dato relevante: que os congresos se celebran no PP, segundo os estatutos, cada tres anos, polo que podemos deducir ,que non é o congreso de xuño o congreso de Esperanza, sinon o congreso que deberá celebrarse no 2011. Para entón, ela teralle o pulso tomado ao partido, negociados os apoios necesarios, vendidos e comprados os favores suficientes para que lle den os cálculos.
Estou cun dos comentaristas do programa, a entrevista foi un vals no que todos quedamos como estabamos, pero un pouco máis mareados. As últimas palabras son sen dúbida as que temos que lembrar, a súa decisión de non presentar a súa candidatura ao próximo congreso é inamovible…ou non.

21 abril, 2008

Outros virán que bó te farán

Mira ti por onde , a min todo este follón que teñen montado dentro do PP vai acabar por conseguir que ata Mariano me resulte simpático. E é que está o home collendo por fin algo de alento, e parece que lle deu –xa era hora- por dicir catro cousas con contundencia e sin medias tintas. Así dixo o sábado en Alicante, con absoluta rotundidade que él daba a cara, en clara alusión as maniobras de Espe na sombra. E tamén con contundencia fixo unha clara defensa do Estado Social, mostrándose con orgullo máis socialdemócrata do que o foi nunca. “Creo en la libertad, pero también en la igualdad de derechos y de oportunidades, en que el Estado tiene que ayudar a los que nos les va tan bien”, dixo, e a min casi me saltan as bágoas, vendo a este novo Mariano convidando á querida Espe de antaño a abandonar o barco cun “si alguien quiere irse al partido liberal , que se vaya”.
Abandonado por El Mundo e relegado á segunda clase pola Cope, aparece como o rostro amable do partido, esa marioneta desprendida xa dos fíos que o manipulaban, voando libre, cunha Soraya aplicada que cabalga ao seu lado. Fala de Estado social e non parece o Rajoy que ven de perder as eleccións cun discurso rancio e desgastado. O caso é que temos os dous extremos no PP , o ultraliberal, liderado por unha Aguirre que non acaba de poñer toda a carne no asador, e o socialdemócrata –palabra que parece redescubriu o PP- cun Mariano ao frente, libre e cómodo na súa redescuberta ideoloxía. Dixo Espe que o que ela prentedia era un debate de ideas, pero máis alá das ideas, está o enfrontamento entre os que se disputan o liderazgo do partido, unha guerra aberta, na que, ainda que non vaia conmigo, eu desexo que finalmente se estableza un claro vencedor: Mariano.