03 marzo, 2013

Benvida ao barrio

Cando se comeza unha nova etapa hai certos xestos clarificadores, que simbolizan con rotundidade o principio de algo, e en certa medida transmiten unha especie de vibracións -sensacións, indicios, o que se queira- respecto ao futuro que nos agarda.
Eu chegaba a Santa Clara, ao edificio nº4, onde vou ter o meu despacho profesional, xa constituída como autónoma e despois de firmar o contrato de aluguer do local, o venres día 1 de marzo pola mañá. Chaves en man e vestida como se viste alguén cando ven de asinar un contrato que vai configurar o seu futuro, subín as escaleiras que levan ao primeiro piso.Cando ainda non me dera tempo a empuxar a porta principal do local chamoume dende abaixo un home que bebía unha lata de cervexa apoiado nun contenedor. Achegouse ás escaleiras e díxome que non tiña que preocuparme por el, que acostumbraba a dormir por alí cerca pero que non se metía con ninguén. Eu reaccionei  con certa perplexidade, sin saber qué contestar e el continuou en tono amable  dicíndome que xa me vira algunha vez por alí nos últimos días e que me desexaba que todo me fose ben. Finalmente, presentouse. Son Perfecto, dixo tendéndome a man. De maneira casi mecánica, e casi sin saír do meu asombro, baixei as escaleiras e dinlle un apretón de mans a Perfecto. O meu veciño máis achegado, o indixente que durme entre o lixo en Santa Clara e se alimenta do que tira o HiperFroíz deume amablemente a benvida ao barrio. Probablemente ninguén máis na zona se decatara das miñas idas e vidas polo edificio e da miña chegada como emprendedora a un dos despachos da primeira planta máis ca el. E , lonxe de asustarme polo seu aspecto e pola súa maneira de achegárseme , fíxome sentir na casa.

26 diciembre, 2012

Merry Christmas ¡¡¡¡

Fai tempo que non escribo e sin casi darme conta botouse enriba o Nadal. Un Nadal distinto, sen dúbida, polo que ten de novedoso no meu panorama particular.
Estou na mesma paisaxe da aldea, co mesmo frío fóra de todos os Nadais, coa familia, na calor da cociña...Todo igual un ano máis pero coa diferencia de que este ano non penso que me aburro, senón máis ben o contrario, dou as gracias por estar aquí, consciente plenamente de que algún día botarei todo esto de menos. Por eso este ano disfruto ao máximo de cada segundo entre os meus, por eso non quixen ir a ningún lado , nin siquiera cando me propuxeron pasar Fin de Ano por ahi, cousa que sempre desexei moito. Pero este ano non, este ano as cousas están ben como están.

19 noviembre, 2012

Hoxe quero mirarme o ombligo e escribir. Non sei qué , nin para qué, pero sinto a necesidade de volver a este espacio para atoparme de novo, para recuperar un pouco a esencia da miña individualidade atroz e absoluta, o que son en definitiva.  O amor ás veces colócanos en escenarios máxicos , pero estos pronto se dilúen e deixan tan só tras de sí un rego de nostalxia amarga, foi bonito mentres durou, pensamos, e máis nada. Non tiven graves problemas amatorios, atrévome a afirmar que nin siquiera pequenos, pero sin embargo existe dentro de min a certeza de que algo se rompeu e que agora xa non pode reconstruírse. De pronto sucede un silencio que se alonga como un largo túnel negro, e sentes medo, e non encontras a saída, e queres berrar para salvarte dese silencio que te está deixando xorda para sempre. E si te ves berrando soa , o silencio faise máis denso ao teu arredor, e queres fuxir de alí, e quedarte ao mesmo tempo. Pero decides marchar mentres ainda hai bágoas que che fan sentir que estás namorada. E marchas por fin, e xa non hai volta atrás. Xa choraches, xa mostrasches a túa alma desnuda, o teu medo, a túa maneira de non soportar os reveses. E como si o amor tivese etapas e ti as coñeceses todas de memoria, e as foses traspasando de xeito irremediable. Ata que toca a desilusión, o sentirse ferida polas verbas e polas miradas, pero sobre todo polo silencio que oculta o que non se ve, pero que sin embargo pode sentirse.
No meu mundo feliz rompeuse a esencia das cousas, aquelo que contituía os cimentos da miña tranquilidade. Seino. Sei que hoxe é luns e que afora o mundo bule alleo ao meu virus e ao meu corazón decepcionado. Sei que o amor pode plegarse a ritmos distintos e agora toca afloxar. Non quero vivir con medo.

21 octubre, 2012

Outra xornal electoral. Non vivín a campaña porque consideraba que ésta non era a miña batalla, pero hoxe, sin embargo , é distinto. Porque hoxe toca votar, e esto son palabras maiores. Eu votar penso que votarei sempre, ata cando me quede só o último suspiro. Claro que a ilusión non é a mesma que noutros tempos, agora todo anda revolto e a política cobrou na miña realidade unha forma confusa, de obra de teatro, de farsa burlesca que non vén a resolver nada. Eu irei votar pero non sei que espero desta xornada electoral. Cando ás oito da tarde pechen os colexios electorais ¿cal é o escenario que desexo? Pois ahí está a miña dúbida principal ,porque agora mesmo descoñezo ata ese importante desexo. Pero fágamolo doutro xeito, por exemplo ¿qué vai pasar mañá? Poden pasar moitas cousas , e dende o meu entender todas as opcións son desalentadoras para Galicia. Unha opción é que o PP manteña a súa maioría absoluta, ben , ahí nada que dicir. Todo seguirá precipitándose ao abismo á velocidade que levabamos ata agora. E logo está o abanico de posibilidades que se abre coa posibilidade de que o PP perda a maioría. ¿Quén goberna? Primeiro poderíamos pensar nun pacto de goberno entre PSdG-PSOE, BNG e a nova coalición de esquerdas AGE. Neste caso podemos pensar nun goberno con Pachi ao frente e un batiburrillo de consellerías socialistas , nacionalistas e "beiristas" que dende logo será difícil consensuar. Si non se consigue ese pacto , a seguinte opción sería un pacto de investidura e un goberno de Pachi en minoria no que cada decisión conlevaría un amplo debate parlamentario e a procura de acordos constantes entre os diferentes e tan dispares grupos de esquerdas. ¿Sería posible neste caso a gobernabilidade? e ainda imaxinando a posibilidade mínima de alcanzar os acordos necesarios para ir tirando , ¿ata cando ? ¿Seis meses, un ano, ano e medio...? Porque francamente penso, que con este panorama seríamos convocados as urnas de novo dentro de ben pouco tempo.
Claro que tamén pode pasar que nin siquiera se consiga ese pacto mínimo de investidura, que a esquerda non se poña de acordo para quitarlle o goberno á dereita e polo tanto, sexa por exemplo Beiras quen permita que Feijoo goberne en minoría e en pro da gobernabilidade, deixando á esquerda xogar o papel dunha digna oposición.
Por suposto que hai máis escenarios e que todos son dalgún xeito posibles, pero ¿cal é o mellor ? Dende o meu corazón de esquedas dubido. Porque vexo en cada pacto potencial a posibilidade dun fracaso futuro, porque unha cousa son as campañas, con todo boas intencións, e outra ben distinta é o que se fará á hora da verdade, cando discutir non sexa un teatrillo para captar votos senón unha necesidade para alcanzar calquera medida. Pachi de presidente, e un tripartito de facto que se vai encontrar en frente cunha oposición forte ,altamente avalada polas urnas. ¿Acaso non servirá esto para fortalecer á larga ao PP e destruír ainda máis a credibilidade dos partidos de esquerdas? Un fracaso prematuro do tripartito no goberno supoñería -esta vez sí- o triunfo do PP sin ningún tipo de esforzo e sin ningunha dúbida nos vindeiros comicios e por moitos anos. A política é cuestión de momentos, de tempos longos, carreiras de fondo, e si o penso moito creo que Galicia precisa agora un goberno estable e decidido que non dubide, e por máis que lle dou voltas non encontro ese goberno no panorama electoral que se nos plantexa este 21 O.

04 octubre, 2012

soñar contigo

Voltar é sempre reencontrarse co que deixamos atrás, ben porque quixemos ou porque non quedou máis remedio, ou porque nos esquecimos, ou porque sin máis non soupemos conservar a rutina que tiñamos...Voltar é deixarse conquistar de novo, deixarse querer , mecer no murmullo de palabras agarimosas, unha especie de memoria recobrada de súpeto , que nos rexuvenece.

*

"Are you going to have a coffee this evenig? No, I´m going to have a beer. Who are you going to have a beer with? With Bea..." Estas son a verbas necesarias para darlle a volta as cousas. Para lograr o que parecía imposible. Algo como aquelo que foi ir a facer senderismo todos os domingos de outono ás oito da mañá, fixera sol ou chovera. E si había que coller na man formigas vermellas , pois collíanse. E si había que mollar os pés , pois mollábanse. Qué pouco fai falta, ese salto, ese segundo no que alguén suxire e outro responde sí, e logo todo vai rodado, precipitadamente, ata sabe deus qué abismos. Logo virán erros, deses que se ven vir de lonxe pero que ninguén fai nada para detelos a tempo , todo o contrario, deixamos que a máquina se precipite e que se salve quen poida. Non serei eu ,eso seguro. Eso soupeno casi dende o primeiro trago de cervexa da tarde, pero por si quedaba algunha dúbida, enriba da mesa, a través dun teléfono móbil soaba aquela canción, de Zenet con Z, malagueño. Tan impresionante que lle dixo á camareira que parara a música un intre para escoitala polo móbil. Inocentes e atroces as nosas voces por detrás da voz de Zenet. Grotesco e brutal .Xa podía soar de novo a música e xa podiamos beber cervexa ata o amencer. Xa daba igual e non valía de nada andarse con disimulos. Cando me poño excesiva recoñezo enseguida o grao de personalidade que me está sobrando, que vai deixarme quedar mal tarde ou cedo. E hoxe sucedíame, pero non era a única que  estaba arriscando demasiado . Soñar contigo, cantaba Zenet. E na miña cabeza todo tiña a consistencia dunha película mala , de lolitas e cuarentóns en crisis. Algo falla. Eu tamén o pensei. Cada persoa leva consigo moitos traumas e deixaos ver aos poucos , entre as rendixas. Soñar contigo para min é das mellores cancións que ten Toni Zenet. Logo está a de Un beso de esos que él non escoitou. Si a escoita esta noite xa sería o colmo.  É o colmo de todos xeitos. E os grandes acontecementos comezan así, dunha maneira do máis boba: Are you going to have a coffee this evening?

24 septiembre, 2012

Comezou a chover, con ganas, apenas unhas horas despois da entrada oficial do outono. E coa choiva veu o outono a instalarse na miña vida, ou fun eu quen se instalou no outono, non sei. O caso é que a choiva trouxome tristura dabondo para encher cada caixón e cada recanto da miña rutina. E coa tristura certo desacougo, unha punzada de ansiedade que me mantivo desperta toda a noite, dando voltas, sudando, revolvéndome entre a incerteza do futuro e a pegada imborrable para sempre do pasado.
*
 Os bicos deberían de ser puros; debería unha de procurar esa pureza en casi todos os actos amatorios como se procura o sabor doce nos pasteis. Desgraciadamente non sempre é así, e con frecuencia -con demasiada frecuencia- entregámonos a bicos roubados que non significan nada, que deixan un regusto a erro e a desilusión, que se confunden coas bágoas que derramaremos despois, na soedade dunha tarde de domingo na que botemos en falta todos os verdadeiros quereres que poboaron algunha vez a nosa anodina existencia. Os bicos deberían traer consigo únicamente felicidade, ser a porta aberta a encontros románticos e conversas íntimas de namorados; compañía para afrontar o paso do tempo e da vida.
"Siempre me ha gustado ver las cosas desde su otro lado. Como se miran las calles y las gentes de las ciudades extranjeras. Como se mira a los ojos de los gatos cuando se olvida qué eso que es un gato. Como miras a veces tu propia calle, asombrada, como si fuera la primera vez que la ves, y la encuentras tan extraña que te sientes como si acabaras de aterrizar desde otro planeta."


"Hay algo, un tipo de memoria, no sé bien qué , un ruído de fondo, una música  apenas perceptible quizá, pero es como si en lo más recóndito del corazón de una casa hubiera quedado plamado todo lo que pasó en ella. " 

Utilidades de las casas. Isabel Cobo