Voltar é sempre reencontrarse co que deixamos atrás, ben porque quixemos ou porque non quedou máis remedio, ou porque nos esquecimos, ou porque sin máis non soupemos conservar a rutina que tiñamos...Voltar é deixarse conquistar de novo, deixarse querer , mecer no murmullo de palabras agarimosas, unha especie de memoria recobrada de súpeto , que nos rexuvenece.
"Are you going to have a coffee this evenig? No, I´m going to have a beer. Who are you going to have a beer with? With Bea..." Estas son a verbas necesarias para darlle a volta as cousas. Para lograr o que parecía imposible. Algo como aquelo que foi ir a facer senderismo todos os domingos de outono ás oito da mañá, fixera sol ou chovera. E si había que coller na man formigas vermellas , pois collíanse. E si había que mollar os pés , pois mollábanse. Qué pouco fai falta, ese salto, ese segundo no que alguén suxire e outro responde sí, e logo todo vai rodado, precipitadamente, ata sabe deus qué abismos. Logo virán erros, deses que se ven vir de lonxe pero que ninguén fai nada para detelos a tempo , todo o contrario, deixamos que a máquina se precipite e que se salve quen poida. Non serei eu ,eso seguro. Eso soupeno casi dende o primeiro trago de cervexa da tarde, pero por si quedaba algunha dúbida, enriba da mesa, a través dun teléfono móbil soaba aquela canción, de Zenet con Z, malagueño. Tan impresionante que lle dixo á camareira que parara a música un intre para escoitala polo móbil. Inocentes e atroces as nosas voces por detrás da voz de Zenet. Grotesco e brutal .Xa podía soar de novo a música e xa podiamos beber cervexa ata o amencer. Xa daba igual e non valía de nada andarse con disimulos. Cando me poño excesiva recoñezo enseguida o grao de personalidade que me está sobrando, que vai deixarme quedar mal tarde ou cedo. E hoxe sucedíame, pero non era a única que estaba arriscando demasiado . Soñar contigo, cantaba Zenet. E na miña cabeza todo tiña a consistencia dunha película mala , de lolitas e cuarentóns en crisis. Algo falla. Eu tamén o pensei. Cada persoa leva consigo moitos traumas e deixaos ver aos poucos , entre as rendixas. Soñar contigo para min é das mellores cancións que ten Toni Zenet. Logo está a de Un beso de esos que él non escoitou. Si a escoita esta noite xa sería o colmo. É o colmo de todos xeitos. E os grandes acontecementos comezan así, dunha maneira do máis boba: Are you going to have a coffee this evening?
No hay comentarios:
Publicar un comentario