Outra xornal electoral. Non vivín a campaña porque consideraba que ésta non era a miña batalla, pero hoxe, sin embargo , é distinto. Porque hoxe toca votar, e esto son palabras maiores. Eu votar penso que votarei sempre, ata cando me quede só o último suspiro. Claro que a ilusión non é a mesma que noutros tempos, agora todo anda revolto e a política cobrou na miña realidade unha forma confusa, de obra de teatro, de farsa burlesca que non vén a resolver nada. Eu irei votar pero non sei que espero desta xornada electoral. Cando ás oito da tarde pechen os colexios electorais ¿cal é o escenario que desexo? Pois ahí está a miña dúbida principal ,porque agora mesmo descoñezo ata ese importante desexo. Pero fágamolo doutro xeito, por exemplo ¿qué vai pasar mañá? Poden pasar moitas cousas , e dende o meu entender todas as opcións son desalentadoras para Galicia. Unha opción é que o PP manteña a súa maioría absoluta, ben , ahí nada que dicir. Todo seguirá precipitándose ao abismo á velocidade que levabamos ata agora. E logo está o abanico de posibilidades que se abre coa posibilidade de que o PP perda a maioría. ¿Quén goberna? Primeiro poderíamos pensar nun pacto de goberno entre PSdG-PSOE, BNG e a nova coalición de esquerdas AGE. Neste caso podemos pensar nun goberno con Pachi ao frente e un batiburrillo de consellerías socialistas , nacionalistas e "beiristas" que dende logo será difícil consensuar. Si non se consigue ese pacto , a seguinte opción sería un pacto de investidura e un goberno de Pachi en minoria no que cada decisión conlevaría un amplo debate parlamentario e a procura de acordos constantes entre os diferentes e tan dispares grupos de esquerdas. ¿Sería posible neste caso a gobernabilidade? e ainda imaxinando a posibilidade mínima de alcanzar os acordos necesarios para ir tirando , ¿ata cando ? ¿Seis meses, un ano, ano e medio...? Porque francamente penso, que con este panorama seríamos convocados as urnas de novo dentro de ben pouco tempo.
Claro que tamén pode pasar que nin siquiera se consiga ese pacto mínimo de investidura, que a esquerda non se poña de acordo para quitarlle o goberno á dereita e polo tanto, sexa por exemplo Beiras quen permita que Feijoo goberne en minoría e en pro da gobernabilidade, deixando á esquerda xogar o papel dunha digna oposición.
Por suposto que hai máis escenarios e que todos son dalgún xeito posibles, pero ¿cal é o mellor ? Dende o meu corazón de esquedas dubido. Porque vexo en cada pacto potencial a posibilidade dun fracaso futuro, porque unha cousa son as campañas, con todo boas intencións, e outra ben distinta é o que se fará á hora da verdade, cando discutir non sexa un teatrillo para captar votos senón unha necesidade para alcanzar calquera medida. Pachi de presidente, e un tripartito de facto que se vai encontrar en frente cunha oposición forte ,altamente avalada polas urnas. ¿Acaso non servirá esto para fortalecer á larga ao PP e destruír ainda máis a credibilidade dos partidos de esquerdas? Un fracaso prematuro do tripartito no goberno supoñería -esta vez sí- o triunfo do PP sin ningún tipo de esforzo e sin ningunha dúbida nos vindeiros comicios e por moitos anos. A política é cuestión de momentos, de tempos longos, carreiras de fondo, e si o penso moito creo que Galicia precisa agora un goberno estable e decidido que non dubide, e por máis que lle dou voltas non encontro ese goberno no panorama electoral que se nos plantexa este 21 O.
No hay comentarios:
Publicar un comentario