21 julio, 2008

Luns

Xullo evapórase, fai calor, por fin. Nas oficinas a calor lévase mal, ou moi mal, sobre todo os luns, cando os ollos non queren abrirse e a resaca da fin de semana nos ataca como unha besta destuctora. Non pasou nada relevante, foi tan só unha fin de semana como outra calquera, cos incidentes que suceden cada día e que se convirten en parte das nosas rutinas. Estamos acostumbrados ás desgracias e xa nin nos afecta lelas nos xornais. Pereiro foise do tour e non irá tampouco aos xogos olímpicos, houvo un atentado de ETA , e bastantes mortos nas autoestradas. Nada importante, nada novo.
Eu non lin os xornais, para qué , si no verán vivimos nunhas vacacións continuas nas que todo se resolve con cañitas e caipirinhas ao sol. Pel dorada, area nos pés e na cabeza e moita minisaia. Tortilla e calamares nas terrazas , xelados polos paseos e moito trasnoitar. ¿Quén dixo crise?
Vin unha fotografía dun preso de Guantánamo, púxome os pelos de punta, un escalofrío extraño percorreume o corpo, quitoume a gana de ler a reportaxe. Vendo esa foto dase un conta de que o mundo -o noso mundo- é un lugar hostil , feo , desagradable e nada agradecido. As veces custa crer que sexa habitable. E sin embargo aquí estamos, todos cunha queixa nos beizos, cheos de razóns, alleos ás desgracias dos demais. A quen lle impota a tortura si sucede moi lonxe de nós e son outros os que a sofren. E a quen lle importa que medio mundo morra de fame, ou de cangro de utero, ou de sida. A quen lle importa que miles de persoas durman entre cartóns na nosa cidade, que os vexamos cada día agarrados a un cartón de viño como quen se agarra a única esperanza posible. E mentres o mundo xira sin sentido , cruelmente, nós disfrutamos do verán, e queixamónos de tantas e tantas cousas.
O preso tiña os ollos vendados cunha pañueleta negra. Levaba o pelo longo e barba, consecuencia non dun estilismo hippy senón froito do desaliño que provoca o estar encerrado nunha celda sin condición mínimas de habitabilidade. Sin condicións mínimas de dignidade. Desnudo. As mans atadas con esparadrapo á altura da cadeira. Os pés atados. A vida atada a ese espacio sin lei, na que os presos deixan de ser homes para convertirse en bestas que non merecen nin trato humán nin copaixón.
O mundo é un lugar hostil que me provoca naúsea, espanto , medo. Non sei como podo seguir levantandome cada mañá sabendo que existe ese home cos ollos vendados e un sufrimento real no seu corpo. E sin embargo, ainda disfruto dun día soleado, dun café matutino no bar do Javi, dunha tarde de praia, dun bico nunha praza de Marín cando soa de fondo música atronadora. Somos monstruos por superviviencia. Optimistas a pesar de todo ,en defensa propia. E a nosa natureza, resistir de maneira insolidaria, porque non nos queda outra. Pero monstuos todos, ao fin e ao cabo.

19 julio, 2008

Durmín pouco, casi nada. Durmir no verán paréceme unha perda de tempo. Claro que este é un pensamento cambiante, porque outros días durmir é como unha cura aos males que me aflixen, según. Tampouco me tomo demasiado en serio, e así podo dicir o que me peta. Hoxe durmín pouco, casi nada. Tiña o recordo do último bico marteleándome na cabeza, como unha dor que non se pasa con nada, que non che deixa concentrarte, nin durmir. Nin siquiera sei si o ruído que ese bico está facendo na miña cabeza é para ben ou para mal. Os bico deberían deixar claras as intencións, non sei, ser clarificadores. Pero non, son incógnitas que chegan por sorpresa e que non sabes cando voltarán a repetirse.
O meu - xa mo di un amigo- é golpear a pedra coa cabeza ( esto ven do dito aquel que di " o home é o único animal que tropeza tres veces na mesma pedra", pois ben, dicimos nós, que non tropezamos tres veces, senón que lle damos coa cabeza unha e outra vez, e non aprendemos) ata que acabo coa testa partida polo medio. Caín no mesmo erro que fai uns meses, como si o verán fose unha constante repetición de erros, que se me impoñen como unha condea da que non consigo liberarme. Quizais fun presa dunha maldición ou me botaron mal de ollo, o caso é que móvome en circos e sempre acabo no mesmo punto. Merda de sitio onde acabar, por certo. O bico de onte -gustoume, non digo que non- tiña un recheiro de cousa gastada, pasada de moda, sin xeito. E o peor de todo é que sei que non foi o último.

18 julio, 2008

O home que foi


Adolfo Suárez foi unha peza clave na historia do noso país, o home que fixo posible a transición á democracia nun clima político revolto no que tanto os dun bando coma os do outro estaban cheos de odios e rencores. E nese clima Suárez soupo buscar a fórmula, ter o talante xusto e preciso para negociar con todos e instaurar unha democracia que o tempo nos confirmou como firme e consolidada.

Dende o 2003 non tivemos imaxes de Suárez, gravemente afectado por unha enfermidade dexenerativa, e por iso , a foto do día de onte non podía ser outra que a de Suárez e o Rey, paseando polo xardín da súa casa. A foto móstranos ao expresidente de costas, pero ainda así podemos ver ao que home que foi, elegante e sumamente atractivo, cunha personalidade arrolladora. O Rey pásalle agarimosamente o brazo por riba, e pasea á súa beira, como si fosen dous vellos amigos. Xuntos fixeron unha gran obra, e nesta fotografía resúmese perfectamente os afectos que se profesan.

O colar que lle entregaron onte a Suárez supón a distinción de maior prestixio en todo o mundo, e sin embargo no caso de Suárez non deixa de ser unha distinción póstuma. Non lembra quen é nin quen foi, e non alcanza a comprender -ironías deste mundo- o papel que xogou na historia de España. Simplemente pasea tranquilamente polo seu xardín cun home que foi a visitalo, un home que lle fala con cariño, que lle resulta amable e cercano. Descoñece que é o Rey, que foi levarlle unha condecoración importante, descoñece que el foi presidente de España, que a historia deste país está en deuda permanente con el porque fixo posible a convivencia pacífica de todos despois de tantos anos de dictadura. Un home que perde a súa memoria perde tamén en parte a súa identidade, ainda que a min gústame crer que un home que tivo unha vida tan plena , ainda sin recordos , ten que conservar nalgún recuncho do seu ser a esencia última do que foi.

17 julio, 2008

Crónica dun día de xullo

“Choro porque as persoas non son máxicas” .Lin esto nun blog e comprendín os motivos da miña tristura. As persoas non son máxicas, quizais non existe a maxia mínima que o mundo precisa para unha supervivencia medianamente digna. Hoxe sinto que a cidade se me pega aos pes cando camiño, que necesito un refuxio no que respirar, no que esconderme do verán e as súas consecuencias. Quero que chegue a noite para meterme dunha vez na cama e rematar con esta farsa de día normal. Dormirme en defensa propia, como si puidese salvarme coa inconsciencia que provoca o sono. Pero entre tanto as malditas obrigas veñen a poñerme no meu sitio, sin que eu poda evitalo. As persoas non son máxicas e eu non sei comunicarme máis alá dos xemidos que emito para mostrar a miña dor, esta que me nace de dentro e que medra en min, como un bicho disposto a deborarme.

As cidades son trampas mortais, pero tarda un en darse conta, e soe ser demasiado tarde. Quédame o último coletazo desta tarde que ten moito de despedida nas súas entrañas. Si tivese que fuxir, cunha soa maleta como posesión, chea das cousas que puidese meter nela, non sei, metería o último libro que merquei, porque todavía me desperta algo de curiosidade .Non sabería decidirme por nada máis. Obxectos, qué inútil almacenalos nas casas, convivir co desorden que provocan, acumulando pó e e recordos, como si non tivesemos bastante de todo isto.

Miro o teléfono móbil sobre a mesa. Usóo de reloxo, miro a hora cada cinco minutos porque teño que marchar, merda de cita, merda de compromiso ineludible. Cada un elixe o seu destino. ¿Cada un elixe o seu destino? Non espero do móbil ningunha chamada liberadora. Estaría ben, unha chamada inesperada, do pasado, ou doutro mundo incluso, que me requerise para mudar as cousas, que me fixese ser imprescindible por un instante. Ninguén é imprescindible. Tamén menuda responsabilidade, ¿non? Pero o móbil non é hoxe un teléfono, comportase máis ben como un reloxo absurdo que me indica os finais desagradables. As persoas non son máxicas, decepcionan, minten, deixan de querernos ou simplemente nos olvidan .Non son máxicas.

Releo o escrito e alégrome de que o pesimismo non se cumpla sempre como unha regla inexorable. Despois da tarde chega a noite coas súas sorpresas baixo do brazo. E lembro a Biedma que sempre me reconforta con aqueles versos de a vida non é como a esperabamos. Non é. E durmir pode ser un estorbo cando os astros deciden que non todo está perdido, e se poñen do teu lado, por unha vez, increíble.


Na voz dos de sempre atopas a calma que precisas para sentirte segura, ti entre tanto extraño, entre tanto desasosiego. O mundo pode rexurdir cun esplendor impreciso pero perceptible si prestas atención. Non te peches en banda. E pensas a cada cervexa que a maxia tamén pode alcanzarse si tes confianza. Tamén o amor pode manifestarse a media noite, cando o momento estaba construído dunha ledicia cómoda e desexable que se facía familiar. O amor avisa con xestos difíciles de entender para os que non agardan a súa presencia. E esquivo e escurridizo, faise de rogar. Entón, o día remata nas notas musicais que por coñecidas se fan remanso de paz, berce de felicidade. Nun soriso amplo vexo con claridade os erros que cometín cando á tarde contaba as miñas penas con certo aire de amargura. As persoas non son máxicas, sigo estando de acordo conmigo mesma, non me contradigo,non. Pero xa non preciso de tanta maxia para respirar, para non morrer no tedio de días sin fin que acaban con tristura tamén sin fin. E moi tarde, moi tarde cando escribo este post. Estou no comezo de algo, no fin de moitas cousas, de moitas mentiras necesarias.

16 julio, 2008

Julio

Necesito a julio
para colgar los adornitos que compré
en sus manitas blancas,
y recordar que el verano
tiene una sonrisa infantil,
como de nata montada.
Poco más que un guiño
a las estaciones
es lo que a mi me preocupa
del paso de los segundos
tontamente sobre las cosas.
El verano tiene un color distinto
y julio huele más que agosto,
no sé, a mar y a ladronzuelos
de carteras en los mercadillos.
Se come mucho algodón de azúcar
en las fiestas parroquiales,
y algún beso se pierde entre
los adoquines.
Me lo dijo _¿ cómo se llamaba?-
un amante que se murió
de indiferencia el verano pasado.
A veces me tumbo al sol
y julio se estira con sus horas
de diversión sin fin, sin fin.
A veces duermo, simplemente.
Y julio se deja querer.
El sabe que es el mejor
mes del calendario.
Sei que o tempo pasa demasiado rápido, que casi nunca da tempo a cumplir aquelo que soñamos, pero ás veces dubido si será tan só cuestión de tempo. A vida non conclúe nos soños alcanzados, sempre hai máis , e máis e máis. E ao fin todo conduce á mesma insatisfacción, á mesma ausencia de liberdade. Somos esclavos do sistema, membros dun rebaño que é conducido por mans invisibles. Como individuos , non lle importamos a ninguén, o noso valor é tan só o que podemos aportar nas cadeas de producción, somos man de obra, canto máis barata mellor. Si traballas e calas eres un bó cidadán, si fas ruído non lle interesas ao sistema. Fora do rebaño non eres ninguén, non podes alcanzar a felicidade. Xa todo está predeterminado, o que tes que pensar , o que tes que dicir, o que tes que consumir. Consumir. A esclavitude do noso tempo chámase consumismo. Si non tes non estás no mundo, saes do rebaño. Compra zapatillas de marca, apuntate a un ximnasio, redecora o salón, veranea no Caribe, compra o ultimo modelo de telefono móbil, contrata internet de alta velocidade, vai ao solarium, ponte unhas tetas novas, merca un coche de gama alta, hipotecate para conseguir un piso no que anclar os teu futuro...Todo, absolutamente todo entra dentro desta esclavitude. ¿Cantas cousas das que temos realmente necesitamos? ¿ por qué temos as cousas que temos? ¿ con qué fin? Co fin de ser iguais que os demais, de pertencer a esto que chaman sociedade. E así a felicidade ven enlatada, de fábrica, como todo o demais, e somos felices cando nos din que sexamos felices, cando temos máis e mellor có noso veciño. Proletariado todos, que traballamos para mercar sin senso nun mundo que nos inculca que o progreso é precisar cada vez máis e máis máquinas para todo. Somos esclavos do que construímos.

15 julio, 2008

LA TERREMOTO DE ALCORCÓN

http://es.youtube.com/watch?v=L7a6k1QtnL8


http://es.youtube.com/watch?v=zenWuQOhL6A



http://es.youtube.com/watch?v=-QtrB5083m4&feature=related



Algo de jolgorrio para o corpo ,que non todo vai ser choriqueo, non? por certo, en Madrid vin a esta monstrua en directo , nun espectáculo que compaxinaba monólogos con cancións e foi incrible.