03 julio, 2008

Jaime Gil de Biedma

Impresionante Biedma...non me canso de lelo nunca.

http://amediavoz.com/gildebiedma.htm#PEEPING%20TOM

Orgullo gay.



Curiosidades: En 1978 Gilberto Baker diseñou unha bandeira con seis franxas que representa as seis cores do arcoiris como símbolo do orgullo da comunidade gay e lésbica. Hoxe é recoñecida polo Congreso Internacional de Fabricantes de Bandeira e ondea en marchas gays e lésbicas como mostra do orgullo gay mundial.
Inicialmente Baker diseñou a bandeira con 8 franxas, cada cor tiña un significado claro. Rosa, sexualidade. Vermello,vida. Laranxa,curación. Amarelo, luz do sol.Verde, natureza. Turquesa, maxia. Azul, serenidade. Violeta, espíritu.

Hai días así...



Despertei esta mañá cos ecos da liberación de Ingrid Betancourt resoando por tódalas esquinas. Liberada por fin , despois de seis anos de cautiverio, de tortura, de humillación. A euforia pola copa de Europa sobrepasou tódolos pronósticos, pero eu son rara, e alegreime máis pola liberación dos rehéns colombianos, xa vedes. Porque o meu gran temor, ese medo que non podería superar, está sempre unido a perda de liberdade. E algo que non soportaría, vivir encerrada, baixo calquera circunstancia, legal ou ilegalmente, vendo como os días se suceden un tras doutro nun cautiverio inconcional, xa sexa en mans dunha guerrilla ou dun depravado psicópata ou nun cárcere cumprindo condea. Por iso, cando coñezo historias como a de Ingrid, e vexo o tesón, a forza coa que sairon adiante durante anos en condicións infrahumanas, non podo evitar sentir unha tristura densa por esas vidas arrebatadas, e penso sempre en que eu non sería capaz, eu non sobreviviría nin un mes.



Busquei despois a Jabois http://manueljabois.blogspot.com/ no Luns a Venres, para que me contara a actualidade como él sabe, como él escribe, e coma sempre non me deixou indiferente. Fala da muller que morreu nunha sala de espera dun hospital psiquiátrico, despois de 24 horas de espera sin que ningúen lle fixese caso, e na máis total e absoluta soedade. Tan só as cámaras grabaron a súa agonía, as súas convulsións, o seu fin. Pero peor foi o que se grabou despois, cando xa morta , tendida no chan , descubriron o seu corpo, e nin se achegaron a socorrelo ou a tocalo. Conmoveume sobre todo o funcionario que correu un pouco a súa silla xiratoria para ver o corpo tendido, como quen se achega para ver un papel que tiraron no chan ao que non da importancia. Nin se levantou. Como unha cadela, di Manuel Jabois, pero hai cans que morren con máis respeto por parte dos que os rodean.


O mundo é así, cheo de desgracias, cruel e absurdo. Imposible. E no medio de tanta inmundicia, intentamos, e mesmo o conseguimos, ser felices.

Hoxe a mañá salvouma Zapatero, coa medida que proporá no 37 Congreso pola que os inmigrantes non comunitarios poderán votar nas eleccións municipais, en principio, para logo extender o voto as eleccións xerais. Zapatero concederá dereitos políticos aos inmigrantes. Conceder, esa é a clave. A integración só é posible cando os cidadáns que viven nunha democracia participan libremente na elección dos seus representantes políticos. Sin dereitos políticos , aos inmigrantes ou lles dan ou lles quitan, sin que eles poidan opinar. Sin dereitos políticos non existe Estado de Dereito, nin Estado Social, son só quimeras. Sin dereitos políticos os inmigrantes son cidadáns de segunda, que non pode decidir co seu voto a súa sorte, que tan só poden agardar que os gañadores nos procesos electorais decidan concederlles o título de cidadán ao completo.



E logo Europa, con Francia de estreno na presidencia rotatoria. Polonia rompeu o seu sí ao Tratado de Lisboa, e esa é a primeira hostia que ten que encarar Sarkozy. Cada vez é máis dificil encauzar Europa, o que a UE vai ser.


Desaceleración. O prezo dos espagueti- lin onte nun xornal - subio o 26 %. Chamoume a atención a noticia porque de pronto a mente foiseme a aquel menú habitual dos estudiantes universitarios, espagueti con atún. Era o símbolo da precariedade, dos petos baleiros que dificilmente chegaban á fin de semana, do único manxar permitido cando os cartos de papá escasamente alcanzaban para fotocopias e cervexas. Daquela -eran outros tempos- cunha lata de atún e un paquete de pasta solucionabas a túa economía. Non había desaceleración, claro. E cando escribo, doume conta de que me vou facendo vella, entre palabras e mentiras. "Hai que seguir soñando mentres soñar sexa gratis, hai que seguir bailando mentres soe a música..." cantaba Gustavo onte pola noite. A voz de Gustavo sempre é esperanza, sempre é ledicia nas noites de mércores. Gústame porque cando fala de amor non empalaga, cando fala da vida non vende imposibles. O mundo é a merda que é, pero hoxe Ingrid está coa súa familia, e iso, é mellor que gañar a Eurocopa.

37 Congreso Federal do PSOE.

Para os que queirades seguir o Congreso do PSOE paso a paso, e dado que eu non andarei por aquí durante uns días , aquí tedes o enderezo do blog creado para esta ocasión.
http://blog37congreso.psoe.es

01 julio, 2008

Las mujeres de verdad tienen curvas



Hai películas que te transforman por dentro, que che dan outro punto de vista, que che mudan a mirada. Esta é unha desas, que comeza prometendo pouco, pero que vai enganchando a través do ollar doce da protagonista. E muller, intelixente, e é "moito máis do que ten entre as pernas" . O tema de sempre, o destino inevitable entre nais e fillas ao non entendemento, a procura dun lugar no mundo, a loita por saír da cochambre onde a algúns lles tocou nacer e criarse, a rebelión contra o establecido, contra as tradicións que pretenden aniquilar o desernrolo personal e intelectual dos que teñen moito que aportar.E a aceptación do propio corpo, da propia humanidade, da realidade de muller tal e como é. As mulleres de verdade teñen curvas, sin máis.

O sexo é unha forma de comunicarse, non onde comeza e conclúe todo, e os embarazos nada teñen que ver co honor, senón con non usar preservativos. Sinxelo cando se pon a intelixencia ao servizo da realidade que nos tocou en sorte. Pero a sorte é mudable, hai que poñer medios.



Os finais abertos e felices son tranquilizadores. Fannos libres e dannos esperanza. Ana, a protagonista, camiña airosa por unha rúa ancha de Nueva York. Vai maquillada, leva brillo nos ollos e os beizos destacan no seu rostro dun xeito casi sexual. Fermosa. Camiña como lle dicía súa nai -neso tiña razón- pisa con determinación cara o futuro. Non hai máis. Cando saes do furado por diante só queda porvir.

1 de xullo

1 de xullo. Cheou o verán ao "Javi", por fin. Ainda así hai frescura no ambiente, non fai calor. A calidez neste bar dana as persoas, acomodadas arredor da barra, cos seus cafés agardando o seu turno. Os titulares do xornal, un sorbo. A páxina de sucesos, outro sorbo. Economía, outro. O horóscopo, un sorbo máis. Os deportes...Hoxe a música acompaña a este mes que comeza, hoxe a camisa do Javi suxire verán. "Don´t woman, don´t cry". Sempre hai alguén á miña beira acompañando o meu primeiro café do día coas súas manías. Hoxe estou soa, e por iso os boto de menos. Boto de menos esa familiaridade casi absurda que se repite día tras día no primeiro saúdo. "Bos días, ¿dous cafés?" E o ritual continúa con Miguel prendendo o cigarro, rebuscando no seu monedero na procura da pastilla. A rutina sabe a café polas mañáns, tamén no verán. A rúa aparece tímida, como si despois dese bar todo o que nos agarda fose descoñecido e igual ao mesmo tempo. Pero mentres estamos sentados na barra, mentres o Javi -brazos cruzados, silencioso, observador- continúe pendiente das nosas necesidades primarias, casi infantís, que si o sobre de azúcar, que si o xornal de onte, que si qué canción é a que está soando, estaremos a salvo de todo o que sucede no mundo , incluso dentro de nós mesmos. Porque os bares de sempre, nos que consumimos diariamente rutinas, confesións e anécdotas son un refuxio no que ata nós mesmos deixamos de ser o que somos para ser parte desa familia, desa identidade común que fala de política ou de fútbol coa mesma soltura coa que deixa pasar os minutos sin conversa, sin presa, con unha ledicia tenue, que reconforta.

A final da Eurocopa.


Dentro dalgún tempo todos nos preguntaremos algunha vez, no medio de calquera conversa, onde estabamos no 2008, cando España gañou a Eurocopa. Eu contarei aos meus netos -si chego algún día a ese miragre da natureza- que estaba naquel 29 de xuño de 2008 na Praza da Ferrería de Pontevedra, coas miñas amigas, disfrutantdo do partido como si fose unha aficionada máis. Sen dúbida unha data para o recordo.