Hai días nos que se xunta todo e precisamente iso é un alivio. Sucedeu o venres, que de pronto o mencer trocouse nun campo de batallas, ou máis ben nun campo de minas, polo que había que transitar con cuidado , co risco de saltar polos aires cun mal paso. O móbil convertiuse na ventana pola que entraban todo tipo de desafortunados comentarios, insultos e outras mamarrachadas capaces de amargarlle o día a un santo. Sin embargo, as cousas hai que tomalas de quen veñen, e comprendín perfectamente que todo aquilo non ía conmigo, ou polo menos non tiña o sentido de odio e desprecio que nun primeiro momento puidese parecer. Un home cun gran cacao na cabeza e baixo os efectos do alcohol acaba por dicir e facer cousas das que seguro despois se arrepentirá. E efectivamente así foi. Non tardou moito en dicir que o sentía. Pero o peor é que sabe que meteu a pata ata o fondo, e que non fixo máis que estropear algo que non lle interesaba nada estropear.
Logo está a chorrada esta do día dos namorados. Pois incluso tiven que pasar pola tortura de recibir un mail cun poema de amor, ou de desamor, que ao fin e ao cabo son a mesma cousa. After love. É que me parto, vamos. Afortunadamente, cando o amor sae pola porta, pois ...outro entra pola ventana...ou algo así. E eu non son das que se queda sentada chorando e lamentando o perdido. Polo menos non por moito tempo. E así que comprei un billete de tren a Madrid coa excusa de visitar aos meus amigos, pero co único pretexto , firme , de vivir. E alí fixen o que debía, beber, falar, sentirme querida, divertirme, e bicar labios do pasado, como non podía ser doutro xeito. Porque si M me fixo comezar o día de mala leche, foi poñer os pés en Madrid e esquecerme por completo del e de todas as barbaridades que me mandou de madrugada. E alí estaba A. O mesmo que cando tiñamos el 19 e eu 18 anos. El algo máis gordo, pero coa mirada intacta. Os mesmos bicos. Todo igual. E non precisamos demasiado para saltar o abismo de tempo que nos separa , poñernos ao día, e retomar a nosa amistade, ou o que sexa.
E si o pasado se materializaba de todas estas maneiras baixo un temporal dos mil diaños, non ía ser menos outro dos meus amores do pasado, que me convidou a un café tan normal pola mañá, e logo , coa ternura e a nostalxia que requería o momento, envioume una caricia pola tarde, empregando unha palabra que poucas veces soe unha escoitar: valiosa. Sí, eso dixo, que son valiosa.
Facendo balance o día foi raro pero non estivo mal. O desamor é curioso. Non sei si lle sucede a todo o mundo, pero polo menos no meu caso, trae sobre todo bicos doutro tempo, e tamén a mesma ternura de entón, quen sabe si os mesmos sentimentos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario