30 mayo, 2008

Adeus Maio

Hoxe o ceo é de cor laranxa, por fin. Hoxe saiu o sol pola tarde, a primeira tarde de sol da primavera. Hoxe a tarde ulía a herba recén cortada, casi un privilexio neste mes de maio que levamos, que xa remata, que se me dilúe entre as mans. Deixou tan só auga, dentro e fóra dos meus ollos. Non paga a pena conservar recordos, nada apetecible, nada que mereza ser gardado nos laberintos da memoria para usalo máis adiante, cando esteamos perdidos para sempre. Nin siquiera deixa maio unha porta aberta a novos horizontes.
Pero nesta noite que ule a final de algo -principio da primavera tardía- só se me ven á mente ese homiño casi esquecido, pouco máis. Apareceu de novo, como saído da nada, pero ao mesmo tempo rodeado de irrealidade. Non sei si o voltarei a ver, nin siquiera sei si quero volver a velo. O amor é unha merda, pero cando ninguén che consigue tocar o corazón, non sei, da pereza abrirse a calquera posibilidade. Eu perdo sempre. Non teño ganas de loitar por comezos que sempre teñen un final. Hoxe estaría ben sentir de novo a súa pel, as súas mans, os seus beizos...Ten unha boca pequena -moi pequena- que lle suaviza as faccións enormemente. As súas mans son tamén pequenas. Pero o tamaño das cousas non é tan relevante, ¿ou si? Gústame sobre todo del que me deixa ser eu mesma, que me fai sentir libre para ser eu. Eso é importante.
Hai persoas que non nos fan sentir cómodos, que parece que nos xulgan, que nos intimidan, e pola contra, hai persoas coas que non temos que finxir, coas que non temos que procurar ser algo distinto do que somos, persoas coas que non son incómodos os silencios, sinón máis ben un remanso de paz e tranquilidade. As veces non nos damos conta do beneficiosas que son para nós certas persoas que simplemente coa súa presenza no noso espacio nos fan sentir especiais.
No medio deste mes tolo chegou él. Alto, desgarbado, con mirada de canciño triste e orellas de soplillo , como di él. Non sei moi ben que papel ben xogar ao meu panorama particular, nin si terá cabida na miña historia inconclusa nesta cidade que me adoptou. Pero o que importa é esa sensación efímera de tranquilidade, como si o coñecese dende fai moito tempo, sin importar que sexamos totalmente diferentes en todo, na forma de ver o mundo e de relacionarnos cos demais.
En fin, Maio dinos adeus cun tempo que anda coma a xente, revolto. Quero que remate dunha vez, para non ter que volver a pensar no que significou na miña vida, no triste que foi velo pasar. Adeus Maio, adeus. Benvido todo o que teña que vir, sobre todo os bicos.

Acosada

Estou a recibir sms no meu móbil que me teñen un pouco inquieta ultimamente e que son de todo contraproducentes co clima de paz interior que preciso para afrontar os exames. Os sms veñen todos do mesmo número de móbil pero teño o presentimento de que o contido dos mesmos se debe a máis dunha cabeza pensante, ou iso, ou o tipiño que os envía padece un grave transtorno de personalidade. Uns son ofensivos, de corte sexual e carentes de orixinalidade; outros pola contra son amables, e ata rozan o romanticismo. Nalgúns bótanme piropos e mesmo me trasladan a un mundo de contos infantís, con raíñas, princesas e finais felices,e noutros devolvenme á cruda realidade convidándome a unha cea ou pedíndome unha foto.
Non é coña, estou farta da invasión que está a sufrir o meu mobil e de paso a miña intimidade. A solución é ben fácil, apagar o teléfono,pero recoñezo que é dificil non sucumbir á intriga de quen ou quenes están detrás dese bombardeo incesante de mensaxes. E logo ponse unha no peor, e imaxina que máis alá do que parece un acoso inocente e casi pueril a través da telefonía móbil, ocúltase unha ameaza e real, un perigo inminente que enraizado nunha obsesión remata nunha auténtica desgracia, con tintes violentos e de todo imprevisibles. ¿Acaso non vimos mil veces argumentos deste tipo que sustentan a base de películas desas que poñen as televisións nas sobremesas das fins de semana? Ao final a acosada, que se deixa levar polo xogo dunha maneira inconsciente e totalmente inocente, morre víctima do seu acosador, despois de ser violada e golpeada, ou ben, consigue salvarse, matando ao acosador que previamente a secuestrou e violou. Divagacións. En todo caso, non está de máis dicirvos que nestas andamos, por si me botades en falta e non dou sinais de vida nun largo periodo de tempo.

29 mayo, 2008

Mojitos.

Non teño tempo que perder, os exames de xuño - como a unha universitaria máis, aínda que a destempo- téñenme ocupada casi as 24 horas do día, pero ás veces lé unha noticias que a fan saltar da mesa da biblioteca e sentarse diante dun ordenador. Esta vez non foi Rajoy nin a crise do PP, nin a crise económica, foron esta vez 400 mojitos que a Consellería de Cultura pagou polo módico prezo de 600 euros. A difusión internacional da cultura galega é algo moi importante, sen dúbida, e dende logo a inauguración dunha exposición ," Arte desde Galicia" ,ben merecía o gasto de 1625 euros nun piscolabis para os asistentes no que o prato forte era o mojito. Pero non vaiades a pensar que a Consellería de Cultura tirou a casa pola fiestra, derrochou a mans cheas, ou fixo un gasto abusivo das arcas públicas, non. O prezo por mojito non puido ser máis económico , tan só 1,50 cada un, vamos, unha ganga.
E eu xa me quedo máis tranquila sabendo que o nacionalismo galego era esto, promocionar allén dos mares as nosas raíces en todo tipo de actos culturais, e interelacionarnos coas culturas dos outros, a través das súas viandas e bebidas típicas. O nacionalismo galego é unha mezcla de festa rexional, cultura autóctona e difusión do noso polos medios que sexan, pero claro, non vamos facelo á secas. 400 mojitos son un bó comezo para unha exposición na que pretendemos darnos a coñecer a outra cultura, xa que despois dos mojitos a ver quen é o listo que fai crítica do que alí se expoña, non?
A factura de marras, que podemos vela hoxe en tódolos xornais ten algo de insólito, en todo caso, a súa mesma existencia. Todos imaxinamos a conselleiros defendendo no Parlamento os gastos xenéricos xenerados por programas de cooperación internacional no marco de convenios de colaboración...etc, etc, e moitas outras estrataxemas rimbombantes,pero cando chega a realidade en forma de factura na que se detallan 400 mojitos, a 1,50 cada mojito, o que fai un total de 600 euros, a defensa do temiña, ainda que o podamos adornar con " acto convocado para a apertura da exposición Arte en Galicia celebrado na 17 edición da Feira do Libro da Habana, co que se pretendía contribuír a difusión internacional da cultura galega..." pois non deixa de ser diñeiro público, cartos de todos para entendernos, despilfarrados en mojitos, co que eso axuda a esto da difusión.
En fin, cousas da nosa Xunta a parte, eu sempre teño no meu punto de mira ao PP, que hoxe parece que está en periodo de tregua, e así, no xuízo contra Losantos pola querella interposta por Gallardón, van Aguirre, Zaplana e Acebes, e deixan só a Losantos no banquillo dos acusados. Vamos que foron os susodichos chamados como testigos pola avogada defensora e os tres, en contra do que cabía esperar, e máis dados os acontecementos-puñaladas dos últimos meses, van e fanse os tolos, os olvidadizos e deixan a Losantos en pelotas, sóiño coa súa acusación.E é que é certa a frase aquela de "sorpresas te da la vida, la vida te da sorpresas..."

26 mayo, 2008

Elorriaga, tamén.

Hoxe foi un luns máis, de maio, con choiva por toda Galicia, e un luns negro -outro máis- para Rajoy. A puñalada veulle esta vez en forma de columna de xornal da man de Elorriaga, o cal poñía en dúbida o seu liderazgo. Era home de confianza, mantiñase na sombra, e incluso para dar a puñalada o fixo polas costas.
Supoño que hai que darlle a razón a Pepiño Blanco que tan ben analizou a situación na que se atopa o PP. E é que Mariano está a probar a súa propia medicina, aqueles que entón convocaban manifestacións contra o goberno manipulan ás mesmas masas para que coa misma agresividade se levanten en Géneva contra Rajoy, e os insultos propiciados apenas fai uns meses a Zapatero volvense agora contra Mariano. E no PP interno, fóra da rúa na que a voz última pertence a Pedro J. e a cadea de radio dos curas, a loita de poder é entre os que queren que se vaia Rajoy, para continuar facendo a súa política, e os que queren que se quede Rajoy para cambiar de política.
A min conmoveume especialmente Jorge Moragas, asesor de Mariano, cando o domingo contestaba nunha entrevista concedida ao País que querían cambiar de forma de entender o xogo democrático, e dicía, cito textualmente: " La posibilidad de hablar con quien sea, sin miedo, sabiendo que del diálogo no siempre tiene que surgir compromiso. Dialogar no es sacrificar valores."
En fin, flaco favor lle están facendo uns e outros ao PP, especialmente o Mundo e a Cope coa súa intromisión no debate político interno, que non se poderá celebrar de ningunha maneira si as masas están enardecidas, labor que están a levar a cabo moi ben estes dous medios de comunicación.
Na miña modesta opinión creo que Rajoy (que agora xa me cae máis simpático) está a facer agora o que tivo que facer cando perdeu as eleccións no 2004. O novo discurso que quere implantar Rajoy no partido, o xiro centrista e moderado que quere darlle, debeuno de facer fai catro anos, e quizais entón os resultados do 9 de marzo serían outros. Pero chega tarde Mariano, tarde para gañar as eleccións, que xa se perderon, e tarde tamén para mover os fíos él mesmo dentro do partido e deixar de ser unha marioneta nas mans dos que agora -radios e diarios incluídos- lle viran as costas, e non só eso, sinón que públicamente piden a súa cabeza cortada.

23 mayo, 2008

Gracias

Todos os que onte me felicitástedes de múltiples maneiras, por sms, por correo electrónico,por telefono, en persoa, quero que saibades que me fixestedes moi feliz. Non son moi amiga de celebrar os aniversarios, pero é inevitable non ter en conta tal data, e chegada unha a certa idade sentir un pequeniño ramalazo de depresión. Pero onte non sucedeu tal, quizais en parte porque me sentín moi querida por toda a miña xente. Así que, vaia por diante o meu máis sinceiro agradecemento, en especial ás miñas raíñas.



Por certo, este gato, o meu mellor agasallo.

Pontevedra viva

Onte estivo en Pontevedra Javier Krae. Para os non puideron disfrutar del , decirvos que luce un aspecto inmellorable, e que ainda lle queda moita lata que dar. Ë fantástico ver cómo desgrana a realidade coas súas cancións e a súa verborrea, sempre con humor e ironía. Non deixa títere con cabeza, a globalización, os gobernos, a sociedade de consumo, a hipocreía da nosa civilización... Parte dun enfoque cómico e ferinte sobre si mesmo, para proxectalo despois sobre tódalas cousas con maxistral destreza, casi de diseccionador de momentos, épocas e dolencias. Bebe. E o mesmo xesto de beber e fumar sobre o escenario dótano dunha credibilidade afianzada na coherencia entre os feitos e as palabras. Ë un lúcido, que escribe para contar, e que canta para seguir contando e protestando ao mesmo tempo. Pero él é o primeiro que disfruta da súa visión satírica do mundo no que vivimos. Rise de todo, con todos, de él mesmo sobre todo. E con suma intelixencia e prestidixitación plama o noso tempo narrando cómo surxiron algunhas das súas cancións : “estaba yo tumbado en una hamaca, tomando el sol, con una caipirinha en una mano y un porrito en la otra, y me dije, pues voy hacer una canción protesta”.

22 mayo, 2008

superdotados

Son amiga dos cotilleos e onte un compañeiro de teatro contoume durante un ensaio un moi bó sobre un antigo ex –rollo que pasou pola miña vida con máis pena que gloria. Resulta que o citado ex deu polo visto nun test deses que miden a intelixencia 143 de cociente intelectual. Vamos que con tal intelecto non entendo moi ben que é o que fai este rapaz desperdiciando o seu talento nesta cidade, e non o fichou xa a Nasa. Pero é que intelectos supremos hai moitos. Lembro por exemplo unha anécdota que me contou outro ex –esta vez dos que pasou con máis gloria que pena- sobre mentes prodixiosas. Resulta que estaba este ex meu reunido cos seus colegas pasando a tarde, e estaban todos a falar do seu cociente intelectual. Un tiña 135, o outro 140, o utro descubriranlle fai pouco unha mente superdotada, e no medio dese baile de datos, o meu amigo gardaba silencio, entón un dos seus colegas increpoulle “ e ti, ¿ canto cociente tes? ¿ por qué non dis nada?” Ao que o meu ex lle respondeu “E que eu debo de ser moi tonto porque non consigo entender esta conversa, ademais a min ensinaronme que cando hai xenios falando, os seres mortais debemos calar e aprender” En fin, que o mundo está cheo de iluminados, talentosos e fenómenos paranormais de todo tipo, e o que me extraña e que rodeados como estamos de talentos ocultos non evolucionemos máis á presa.
Vénseme á cabeza o dito este de que “dime de que presumes e direiche de que careces”, que non deixa de ser un topicazo, pero que pode ter algo de certo. Presumir de ser superdotado intelectualmente ten sin dúbida máis risco que presumir de calquera outro tipo de superdotacion, porque a intelixencia é fácilmente perceptible por calquera de nós, sin necesidade de que sexamos nós uns intelectuais. Isto é como todo, a velocidade demostrase andando e a intelixencia é algo máis ca unha cifra que pintar na camiseta para presumir diante dos colegas. Superdotados pode ser calquera de entrada, pero o que vai contándoo por ahí, coa mesma lixeireza coa que conta a tipiña que se ligou o sábado, pon un broche de dúbida a tan grandilocuente revelación.