19 octubre, 2009

Barcelona


Barcelona era unha festa...por tódalas esquinas música, baile, xente loitando contra a adversidade coa forza do seu talento e do seu optimismo...
Ao lugar onde fuches feliz non deberás tratar de voltar...
Máis nunca será a mesma Barcelona... sin él.


Barcelona foi música e amor e risa e cansancio e caipirinha e suave bico dun can e asfalto e ilusión e as cordas dunha guitarra e soño e esperanza...

Outono

Outono na aldea
as árbores perden as follas fóra,
ao outro lado da fiestra...
e a tristeza cae en pingas
sobre as pedras dos camiños.
Para escribir unha historia
é preciso pechala para sempre,
agotar os ecos das bágoas derramadas
e poder mirar atras sin nostalxia.
E por iso que non podo contar
esta historia de amor,
porque doe, todavía doe, o seu nome sobre as
rúas da cidade, cando chega a noite,
e ninguén acaricia as miñas mans.
Os espellos devolven imaxes
dunha realidade confusa,
fai frío, e fará frío meses e meses
antes de que volten os soños
que tivemos que esquecer.

18 octubre, 2009

Futuro

Hoxe sei que agotei o meu tempo neste lugar, neste instante que se prolonga xa demasiado. Agotei o meu tempo aquí, e sei que este non é o momento de fuxir, pero sí, de poñer dunha vez os pés na terra, e pensar no futuro. Dame medo o futuro, sempre foi así. Sempre preferín arrastrar os meus pasos sobre os camiños labrados por outro, seguir sendas coñecidas, non desviarme demasiado. Hipócrita. Máis agora a precisión coa que percibo a fin de algo é arrepiante. Teño medo porque non teño escapatoria, esta vez non. Esta vez non serve meterse baixo as saias maternas nin sentarse á beira do camiño agardando que pase a tempestade. Esta vez eu teño a miña propia voz no medio dun abismo. Esta vez estou sóa frente ao meu destino, frente á palabra futuro. E confeso, confeso que teño moito medo.

Caso Gürtel

Vida, obra e milagros dun home chamado Pablo Crespo, por Manuel Jabois.

Queremos Galego

"Un dato para a esperanza. Son profesor da universidade. No primeiro curso de facultade teño este ano matriculados corenta e seis alumnos: rapaces urbanos e rapaces da Galicia rural, metade a metade. Númerus clausus, porque a especialidade ten moita demanda e o corte de nota da selectividade está entre os máis altos. Dos corenta e seis alumnos matriculados, só tres se expresan en castelán."

Así remata un artigo publicado hoxe na Voz por Victor Freixanes. Un dato de esperanza e ao mesmo tempo de forza. A súa publicación comeza cun feito ,"vou de manifestación" , toda unha declaración de principios que hoxe están a levar a cabo miles de galegos en Santiago de Compostela. A manifestación convocada pola plataforma cívica Queremos Galego, que aglutina a case 500 entidades e 3000 adhesións individuais debe estar desenvolvéndose neste intre polas rúas de Santiago, segundo o percorrido previsto pola organización. Confeso que teño mágoa de non estar hoxe alí, como unha galega máis que quere defender a súa lingua , e reivindicar a súa presenza nos ámbitos públicos, dotándoa da dignidade e o recoñecemento que se merece.
A manifestación de hoxe non só se trata dunha festa dos galegos na que manifestan un sentimento común de orgullo e ledicia por unha lingua propia, senón que constitúe tamén unha chamada de atención, unha protesta unánime contra as medidas tomadas polo Exectutivo presidido por Alberto Núñez Feijoo , como son a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposición; ou as axudas á traducción de libros en galego; medidas todas elas encamiñadas a facer desaparecer o galego da vida pública, deixándoo relegado ,como nas épocas antidemocráticas, ás cociñas, as relacións familiares.
Teño mágoa de non estar na festa do galego, por mor dunha bronquitis que me ten encerrada na casa e conectada a internet como único vínculo coa realidade, máis eu tamén estou hoxe en Santiago, porque o meu espíritu, a miña forza , está hoxe xunto con todolos galegos valentes que como fixeron sempre defenden o seu con uñas e dentes. E non hai nada máis noso , que nos una e nos identifique tanto como pobo, como a nosa propia lingua. A lingua que -educados ou non nela, escolarizados ou non nela- todos mamamos dende pequenos, primeiro dos nosos avós, cando os nosos país todavía non se atrevían a falárnola por medo a marxinarnos socialmente (qué ben o explica Victor Feixanes, esa renuncia, víctimas dun proceso histórico).
O bipartito, durante os catro anos que estivo no goberno, colocou ao galego no sitio que históricamente sempre lle correspondeu, rompendo as cadeas do pasado e i eliminando os complexos es os prexuizos que moitos ainda albergábamos no noso subconsciente. O galego tomou a vida pública, nun proceso lento que ainda precisaba moita andadura ata chegar a normalizarse, ata ser unha lingua oficial en toda regra , falada de xeito natural en tódolos ámbitos da vida, no desempeño de calquera rol dentro da nosa sociedade. Pero o camiño que emprendeu o bipartito veuse truncado de golpe polas novas medidas adoptadas polo novo Executivo, que non só constitúen unha parada en seco no avance do recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia na práctica e non só no papel, senón que supoñen un retroceso importante nos avances conseguidos.
No obstante, somos galegos, e todavía nos queda orgullo , e forza e xenio para defender o noso, pese a decretos, prohibicións e mesmo intentos de desprestixiar o galego convertíndoo nunha lingua de segunda. Os galegos continuaremos loitando polas nosas raíces, pola nosa cultura, pola nosa identidade, e iso é tamén a nosa lingua. Falaremos galego e escribiremos galego ainda que dende a Xunta nos prohiban facelo. Os nosos fillos aprenderán galego ainda que nas escolas non llelo ensinen, e as relacións coas administracións seguirán desenvolvéndose en galego porque esa é a lingua que empregremos os galegos para dirixirirnos a elas. O galego está na intimidade das familias, está nos bares, está nos camiños das aldeas, está nas prazas das cidades, está nos barcos dos mariñeiros, está nas fábricas, está nos patios das escolas...O galego está na nosa terra, mézclase con ela, e mentres haxa un avó que senta ao seu netos nos xeonllos para contarlle historias da súa infancia, falaráse galego. E iso é o que hoxe , en Santiago , todos quermos dicirlle a Feijoo e aos outros que gobernan.

Domingo , 18 de outubro de 2009

Nova Executiva provincial do PSdeG-PSOE de Lugo.

16 octubre, 2009

Esa tristeza densa que se confunde co desengaño. Hai noites que non rematan nunca, que son unha viaxe infinita a tódalas nostalxias dunha vida, e de canción en canción, de dor en dor, percorre unha os camiños de antaño, coas bágoas a piques de asomar , e o corazón encollido.
A sorte, esa que nunca lle da por facerme compaña, tampouco agora parece que desexe ser a miña compañeira. Pero nesta noite longa de música e tristura, sei que o amor tamén pode ter verbas amables, e que non sempre tódolos camiños conducen a Roma. O amor é a dúbida , e ao mesmo tempo é a resposta.

Equivocada sempre, na mesma encrucillada loitando contra un destino hostil. Todo lles sucede aos demais, e eu asisto ao espectáculo da vida como unha espectadora que aplaude ao final de cada acto, que chora cando morre o protagonista, que se emociona cando se namoran os actores e a obra remata nun longo bico. Pero a miña vida...eu no escenario...eu namorada...eu sendo feliz...Esto non sucede nunca, e así acabo por aceptar que a vida é o que lles pasa aos demais mentres eu agardo un golpe de sorte sentada á beira do camiño.


Quería querelo. Quería acariciar ao seu can con amor e facerlle ver que era así de fácil, que só había que deixarse sentir, deixarse facer como si sempre estivesemos agardando un polo outro. Tiña que ser amor, porque non podía ser doutro xeito, porque era perfecto. E cando o ollei valentemente e soupen que podería amalo para sempre comprendín que acababa de colocar unha barreira máis na miña existencia. Agora todos os homes que se cruzasen no meu camiño terían que ser cando menos tan bós coma él.
Pensei nese home que tanto quero en segredo, co que apenas falo, do que apenas disfrutei uns bicos furtivos no medio dunha noite extraña na que eu cumplía anos, e non puiden evitar facer comparacións. De pronto convertíranse nos únicos dous homes aos que eu podería amar.