16 octubre, 2009

Solamente deseo amarte...



Solamente deseo amarte
Una tempestad llena el valle
Un solo pez el río

Te he hecho
A la medida de mi soledad
Todo el mundo para esconderse
Días y noches para comprenderse

Para contemplar en tus ojos
Todo lo que pienso de ti
Y de un mundo hecho a tu imagen

Y las noches y los días gobernados por tus párpados.

Paul Eluard.
Esta mañana
yo que todo lo he inventado
he comprendido
por primera vez
la diferencia
entre una sensación
y un sentimiento
en la sensación
se toma lo que llega
en el sentimiento
se interviene.

ANTONIN ARTAUD

ALBADA.( Jaime Gil de Biedma)

Despiértate. La cama está más fría
y las sábanas sucias en el suelo.
Por los montantes de la galería
llega el amanecer,
con su color de abrigo de entretiempo
y liga de mujer.

Despiértate pensando vagamente
que el portero de noche os ha llamado.
Y escucha en el silencio: sucediéndose
hacia lo lejos, se oyen enronquecer
los tranvías que llevan al trabajo.
Es el amanecer.

Irán amontonándose las flores
cortadas, en los puestos de las Ramblas,
y silbarán los pájaros -cabrones-
desde los plátanos, mientras que ven volver
la negra humanidad que va a la cama
después de amanecer.

Acuérdate del cuarto en que has dormido.
Entierra la cabeza en las almohadas,
sintiendo aún la irritación y el frío
que da el amanecer
junto al cuerpo que tanto nos gustaba
en la noche de ayer,

y piensa en que debieses levantarte.
Piensa en la casa todavía oscura
donde entrarás para cambiar de traje,
y en la oficina, con sueño que vencer,
y en muchas otras cosas que se anuncian
desde el amanecer.

Aunque a tu lado escuches el susurro
de otra respiración. Aunque tú busques
el poco de calor entre sus muslos
medio dormido, que empieza a estremecer.
Aunque el amor no deje de ser dulce
hecho al amanecer.

-Junto al cuerpo que anoche me gustaba
tanto desnudo, déjame que encienda
la luz para besarte cara a cara,
en el amanecer.
Porque conozco el día que me espera,
y no por el placer.



15 octubre, 2009

Bronquitis

As enfermidades son un tempo distinto, un parón obrigatorio nas nosas rutinas que irremediablemente nos conduce a sensacións descoñecidas, algunhas delas con certas reminiscencias da infancia. Voltei de Barcelona como quen volta dun soño que se torna de repente en pesadelo, esas deformacións dos soños nas que tanto estás feliz , nun escenario irreal cuberto de cores e aires limpos, e alguén amorosamente che dedica un sorriso, como de pronto ese sorriso se transforma en mueca, e xa non pertence á mesma cara, xa e a cara doutra persoa distinta, ainda que ti saibas que segue sendo a mesma. Cheguei co corazón revolto, descreído, algo confusa e con moitas horas de cansancio acumulado. Todo nesta vida pasa factura, sobre todo cando unha xa non ten vinte anos e empéñase en vivir como si así fose. No aeroporto púxome un nó na gorxa, que non me deixaba tragar, nin respirar , que me quitaba tódolos desexos de vivir, e movíame dun lado a outro, do mostrador de facturación ao control de pasaxeiros, do control de pasaxeiros á porta de embarque movida por una especie de inercia incontrolable que era allea a min. Era un ser inerte que simplemente seguía ás masas polas estancias do aeroporto, arrastrando os pés e deixando ao aire as cicatrices.
Pensaba en voltar, en estar por fin a salvo de todo, entre as conversas da familia, todo coma sempre. E así eu podería finxir por uns minutos que nada do que aconteceu o fixo realmente.
Supoño que a vida é máis sabia ca nós, e cando nos ve desfalecer sempre nos sorprende dalgún xeito. Quería chegar á miña cama e deixarme caer como si se tratase dun fardo pesado, e así ,inmóbil, chorar ata que non quedasen máis bágoas dentro de min, ata que toda a auga do meu corpo saíse para fóra en sinal de protesta, en sinal de derrota. Pero ,ay, a vida , tiña pensado para min outros camiños . Efectivamente deixeime caer sobre a cama, e cando por fin despertei, o mundo era completamente distinto. Sentín que non podía respirar, esta vez era certo. Físicamente non podía respirar, nin falar, nin case moverme. Doíame o corpo como si estivesen a golpear en min mentres durmía e a sensación de agobio que me entrou parecíase moito ao que se debe sentir cando se está á beira da morte.
Trinta e nove e medio de febre e un estado psicolóxico e físico completamente diferente. Non somos persoas , senón criaturas que de pronto están nun limbo de inconsciencia e nausea que fai que non desexen máis que abandonar. Os erros caenche de golpe unha vez, dúas , tres, e é coma si quixesen aniquilarte por completo. Todos os teus fracasos acuden ao teu leito para mostrarche o teu lado máis miserable, e nese estado entre dous mundos, ves cousas que non crías nin que existisen.
Logo todo vai a mellor, porque do contrario sería a morte o seguinte paso. Afortunadamente temos un instinto de superviviencia que é máis forte ca nós mesmos e que se activa ainda que nós non sexamos conscientes. Consigues con fármacos reducir a febre e por fin comprendes o que che pasa, unha bronquitis aguda no límite de ser moi mala cousa, pero ainda non precisas entrar nun hospital. E entre suores fríos, olor a medicamento, vasos de auga e zumo rodeándote, pañuelos de papel, volta Barcelona a cravárseche nas entrañas.Pero xa non podes chorar, xa non queres chorar porque os teus pulmóns non van darche esa satisfacción agora. Toca Termalgín as tres, Ibuprofeno ás seis, e así , contando de tres en tres para controlar a temperatura e non volverte tola.

09 octubre, 2009

Esperanza dixo fóra.

Esta noite tiven un soño. Foi bonito. Os imputados polo caso Gurtel, expulsados do Grupo Popular por Espe na Comunidade de Madrid, renunciaban á súa acta de diputados e eran xulgados polo xuíz Garzón. Foi bonito. Pero a realidade ten sempre atallos e escondrixos que permiten aos corruptos sair airosos das súas tramas. Ningún deles renunciará a ser diputado para non perder a súa condición de aforados.
Esperanza comunicou á prensa a súa decisión como si dunha decisión voluntaria por parte dos imputados se tratase, pero de todos é sabido que este é o xeito de facer as cousas en política, para simular unha unidade que non existe.
Espe é lista, calculadora, unha especie de araña que vai tecendo a súa tea con sorriso de ama de casa e tesón de muller de negocios. Da puñaladas como quen da caricias, con suavidade, sin facer ruído e causando máis dor que si o deixase todo tinguido de sangue. Así foi o golpe que lle acaba de dar a Rajoy, contundente , sin temblarlle o pulso ao facelo. Tamén Camps resulta ferido coa actuación rápida de Espe, que da un paso adiante na limpeza da súa imaxe, contra a estratexia do seu propio partido, de defender a presunción de inocencia ata que a merda lles pase do pescozo.

05 octubre, 2009

Fóra deste mundo

Teño unha sensación extraña que chegou co otoño, igualiño que chegou a choiva sobre a cidade, sobre a miña vida, sobre os contenedores de lixo. Así chegou o cambio no meu micromundo persoal, de pronto e arrasando con todo. Tanto que estou como desaparecida dos meus, máis por necesidade que por un desexo consciente.
*
Este era un pequeno apunte persoal, coma sempre sigo valorando o xesto máis cao resultado e por iso tentarei continuar viva neste blog, ainda que xa non teña tempo, nin gana, nin motivación algunha. Sigo viva, pero non sigo viva nas cousas cotiás. Extraño, xa dixen. De repente sentín que casi todo me saturaba, sobre todo internet, coas súas falsas apariencias, coas súas verdades a medias e coas súas trampas. Sin embargo, hai cousas que ainda cobran algo de valor dentro da miña intimidade, algunha lectura, algunha película...Deixei de lado os xornais, as noticias, casi todo o que me pon en contacto coa realidade, como si buscase fuxir do mundo por un tempo. Fuxir e refuxiarme, eso é. ¿ E por qué o conto? quizais non é máis ca unha declaración de intencións, como tantas outras, e tamén, porque preciso contalo e porque sei que ninguén o lé. O caso, que rematou verán e non sei donde colocarme para continuar tirando para diante. Boto de menos tantas cousas...
*
Saín á rúa baixo a choiva, como cada mañá ( non, como cada mañá non, levaba rabia nas entrañas, cousas do traballo, dos xefes, dos lambóns que deciden en base só aos seus intereses) a tomar un café, e cando cómodamente estaba instalada diante dunha taza de café e bizcoito recén feito, tralo cristal da cafetería él agardaba baixo a choiva , na rúa, a chegada de alguén. Pensei que mollado, encollido dentro da súa cazadora marrón, co cabelo formando rizos que lle caían pingando sobre a frente, era ainda máis guapo, máis real. Nese instante, na rúa, mollado, era un mortal máis e non ningún deus chegado doutro mundo. Alegroume a mañá, qué fácil.
*
hai bicos que te pillan por sorpresa, outros que non significan nada, outros que , simplemente , non dan chegado...¿Crees no destino?
Eu é quizais unha das poucas cousas que non se poden ver nas que creo. Creo nos sinais que nos vai marcando o propio destino : por exemplo, un encontro inesperado...dous segundos, nada relevante a simple vista, e sin embargo, a min márcame a certeza de que algo vai acontecer en breve. Nunca falla esa corazonada instintiva que só cobra verdadeiro sentido cando se cumple o vaticinio....
falábache de bicos...hai bicos que non dan chegado...e non estou preocupada porque hai moitos sinais que me indican que se vai cumplir a premonición.

30 septiembre, 2009

El fabricante de ruinas

" Que triste esta tristeza, /qué ganas de llorarlo todo" El fabricante de ruínas.


Busquei refuxo na poesía como quen busca morada nunha noite de choiva cando se atopa nunha aldea descoñecida, por necesidade e tamén, por que non dicilo, por medo. ODA A TU TRISTEZA é un poema sinxelo de María Eugenio Reyes Lindo que describe a tristeza dun xeito absoluto e conmovedor "tristeza sola y simple / como salida de un crisol;/ como tuvo que ser/ la tristeza primera/ del mundo:/ ver el amor trocado en otra cosa". E nesa tristeza eu atópome moi identificada, e ao mesmo tempo intento escapar dela como única salvación posible. Entón, añoro a infancia, esa patria sin cadeas , sin nubarróns sobre o horizonte, sin madrugadas de insomnio...E afástome de todo canto é real e fai dano, de canto afonda máis na ferida, esa ferida aberta que me foron deixando os anos; o corazón aberto en canal, as pernas disecadas, a gorxa seca.
A vida é sinxela cando tes quince anos ( aquel inferno en hospitais blancos, sondas, operacións, máquinas que se facían as donas do meu corpo para sempre, do seu latexar...xa nunca máis autónomo; xa para sempre controlado como si fose un robot) cando só agarda o instituto ao outro lado do pixama e as zapatillas. O colacao. Cando os dramas se construían nun día e se solucionaban nun minuto. Sempre mamá, sin comprender nada, expectante, amorosa, nai ante todo non amiga, ¿quén quere que mamá sexa amiga, di?
A vida é sinxela cando estudias na universidade e colles un pedo tras doutro e namoras por primeira vez e suspendes por primeira vez e deixas de ir a un exame e fodes sin amor e descubres aos clásicos e durmes ata que che peta.
A vida é sinxela cando tes trinta anos, e un traballo , e unha profesión decente e recoñecida, e un soriso fermoso que ainda che serve para conquistar a alguén, e cartos para facer pequenas viaxes e algún que outro soño gardado na carteira para cando toque gastalo. Pero de pronto un día , a realidade asoma coma unha lousa que cae do ceo e te aplasta ao caer. A realidade é un mostruo de sete cabezas que che fai mirar atrás e comprender o que é a nostalxia , e o que é o medo. Virán máis hospitais , máis sondas, máis operacións...con seguridade. Pero todo o demais, aquela seguridade, desaparece e deixate no baleiro. Nada. Só ese abismo que se chama futuro. O amor é un recordo doutro tempo. E todos os pilares do meu hemisferio son como un fío a piques de romper.
O pesimismo é un estado de ánimo. Como a tristeza. Como a morte. " Y no existe el mañana. Cada día / es un hoy permanente, / como aquella película./ Un hoy que arrastra/ mi ayer por los pasillos/ un hoy que no despierta..."