20 enero, 2009

Hoxe é o gran día


Hoxe é o gran día. Bush deixa a Casa Blanca, ou mellor dito, chega -por fin- Obama. Quizais isto é o peor, o risco maior que corre Obama, o de xerar tanta esperanza, o de ter ao mundo enteiro en vilo, coas esperanzas de futuro postas nas súas mans. Un gran reto, demasiado quizais para alguén que tan só é un home. Pero os cidadáns do mundo enteiro, neste caos no que nos vemos sumerxidos, coa economía global índose a pique, todos teñen a ollada fixa neste novo heroe negro que se nos antoxa como un salvador do noso tempo. Obama corre o risco de defraudar a moitos, e seguramente o faga, porque é moito o que se espera del. Pero hoxe non é momento para dúbidas, para perder nin pinga de ilusión. Ten por diante unha empresa marabillosa, a de devolver a confianza e a tranquilidade a un país aflixido pola crise, defraudado completamente polo anterior presidente.

Obama chega hoxe á presidencia dos EEUU nunha cerimonia cargada de simbolismo e cunhas medidas de seguridade propias dunha pelicula de ficción. A esperanza chámase Obama, e eu hoxe non quero deixar ningún resquicio para o pesimismo. Roosevelt tiña por diante unha gran tarefa e non defraudou, máis ben o contrario, cubriu sobradamente as expectativas que se puxeran nel. Agora chega un novo home e eu quero pensar que é posible, que Obama non vai fallarnos .

Asistimos a un día histórico, un acontecemento que será recordado e estudiado durante xeracións. Hoxe , coa chegada de Obama á Casa Branca, todos facemos historia.

18 enero, 2009


Creo nos domingos con choiva, non me queda outra. Aquí temos un, ampliando a súa horizonte sobre as nosas cabezas, sin ningún tipo de piedade. Creo nos catarros que se alongan máis alá dos invernos, que non a hai nin frenadol nin couldina que os aplaque. Creo no desamor sentido a flor de pel, como unha besta sanguinaria que nos devora as entrañas nas noites de xaneiro. Creo no infortunio da rutina, nas crises económicas e nos escaparates das cidades con grandes carteis anunciando rebaixas inexistentes. Creo, en definitiva, neste día gris que non acaba de atopar o seu sitio no meu escenario particular.
Teño un carraspeo na gorxa que me fai sentir viva, si, sei que vivo porque o malestar xeral que sinto no meu corpo non lles está permitido aos mortos. Non son un morto en vida , e eso por de pronto alégrame un pouco. Non son unha sombra, tampouco. Son os restos da miña felicidade perdida. Levo o inverno ás costas e non vexo moitas espectativas de que que as cousas vaian mudar nos vindeiros días. Pero, albergo unha esperanza.

De madrugada chegoume unha mensaxe ao móbil, contundente, brutal. "GRIS". Era o berro desesperado na noite dunha alma solitaria e ferida, que buscaba , nun intento casi romántico, chamar a miña atención. Pero o meu corazón fíxose pedra nos últimos meses, de xeito involuntario, tamén teño que dicilo. Homes que nunca me quixeron procurando amor a través de sms nunha noite de sábado na metade de xaneiro. Faime algo de gracia, a verdade. E irónico, esa procura do amor despois de esnaquizarme o corazón en mil pedazos e a conciencia. Un tras doutro, sin remordimentos, con certa naturalidade noxenta , con soberbia e crueldade. Un tras doutro, regalándome desamor a feixes, para ,cando todo está xa roto e acabado, buscarme desesperadamente no medio dunha madrugada calquera na que a soidade apreta máis que de costume.



Creo nas segundas oportunidades, nas fiestras abertas para deixar entrar o aire fresco e o bullicio da rúa. Nas estacións intermedias. Na nostalxia infinita...Pero conservo ainda un pouco de dignidade, a mínima quizais que deben de albergar os seres humans, pero a suficiente para non sentir nin pinga de piedade polos solitarios que hoxe se lembran de min. Eu fixen da miña soedade unha luva á miña medida, síntome reconfortada e quente no discurrir das horas sin amor, e ainda que ás veces boto de menos un bico apaixonado que me desperte os sentidos, non choro a miña desamor polas esquinas.
Os domingos invitan á depresión, ainda que a min casi todo me invita a ela dun xeito impúdico e malicioso. Estou farta de escoitar noticias desagradables pola radio, pola televisión. Farta de ler xornais, de escoitar conversas nos bares sobre as desgracias deste mundo. Reconfortame saber que hai persoas , nesta precisa hora do día, que se están lembrando de min, que quizais me queren un pouco e me botan de menos. A vida é iso, ao fin e ao cabo : ir perdendo amores polos camiños e recollendo nostalxias que non desaparecerán nunca.
Chove, sinto unha extraña punzada de esperanza. Quizais non todo esté decidido.

16 enero, 2009

O cazador


Sinopse do filme O cazador:

"Dos actores sobre un escenario vacío construyendo unos personajes. Un cazador y una campesina que se encuentran en un prado con el peso de una relación pasada a sus espaldas. "
Esto foi o que nos atopamos onte os que acudimos á presentación do curto O cazador , no Teatro Principal de Pontevedra.

Preguntoume o productor ao saír da sala si me gustara, e tiven dúbidas na miña resposta, quizais porque é este un filme sobre o que hai que meditar un pouco antes de xulgalo. Senta unha na butaca e de entrada queda sorprendida pola propia estructura da narración. Pero chegada a última parte, "A ficción", contempla unha as paisaxes verdes e amplas, e relaxase porque sabe o que vai suceder. A historia está xa contada, e agora só queda difrutala en toda a súa intensidade. Coñecemos o guión e a paisaxe conforma xunto coas dúas personaxes un perfecto relato de sentimentos contrapostos, de desamor ; dous xeitos de comprender o mundo e de afrontalo.

Sorprendente na maneira de contar unha historia presumiblemente sinxela pero que esconde en realidade unha historia desgarradora de amor, pouco convencional.. Espetaculares os actores, transmitindo cun breve diálogo toda a forza dos seus sentimentos. Adaptación perfecta do relato de Chejov ao cine, nunha comunión perfecta da literatura,o cine e mesmo un giño ao teatro. Sempre dende o meu humilde punto de vista de telespectadora inculta e inexperta, un curto que se fai moi breve, porque dende a butaca disfrutase non só da historia, senón da música, da paisaxe, do ritmo...Un acerto, e para min todo un descubrimento.

15 enero, 2009

He decidido recomponer ciertos pedazos de mi existencia, sin pudor y sin prisa. Quizas hoy sea un día como otro cualquiera. Leo varios libros a la vez, el primero , el que me roba más minutos es Las sandalias del pescador. Estoy empezándolo y no se todavía lo que va a depararme.
A las lecturas llega uno de una manera curiosa, como a cada acontecimiento relevante que sucede en nuestras vidas. A Las sandalias... llegué de la mano de un amigo que a través de un sms lo calificó de manera brutal como impresionante. También estoy releyendo los cuentos de Chejov, a los que llegué por un corto que se estrena hoy en el Teatro Principal de Pontevedra.
Cada lectura delimita estados de ánimo, momentos puntuales de nuestra vida. Después de la literatura nos queda la vida, con esa imprecisión que a veces dejan los días grises en los que nada termina de colocarse en su sitio.
Acabo de leer la crítica que en un blog se hace de la novela de Jabois. Novela agridulce. Fue mi primera lectura del año, y creo que no la leí en mi mejor momento. Hay novelas que hacen daño si no escoge una el momento adecuado.Escoger una lectura a veces es dificil, porque no sabe uno como se encuentra su alma ni en que tiempo va hacer al día siguiente, y escoger el momento equivocado puede incluso arruinarnos la impresión sobre una fantástica novela. Así que buscaré otro tiempo distinto para releerla y encariñarme un poco más con los desgarrados personajes que viven en ella. Aun así, comparto con Mabalot lo de "pero lo que sí sé es que hay fragmentos que de por sí valen la lectura de esta novela..."y añado yo, sobre todo en la primera mitad de la misma.

Creo que son algunhas das pastillas que me tomo as que están a mudar a miña fisioloxía. Durmo, durmo de maneira sobrecolledora, toda a noite, e sin propoñermo demasiado -máis ben sin poder evitalo- casi toda a tarde. E atopo neses momentos de sono profundo auténtica tranquilidade, doce ledicia , non a sensación certa e espida de estar a perder o tempo. Tamén encontro no meu organismo outros efectos secundarios, quizais máis molestos, ou polo menos máis preocupantes. Teñen moito que ver estos efectos co desexo carnal, así, sin máis, coa procura do prazer da carne ainda que sexa a soas, na propia intimidade dun cuarto a media luz, despois de cear un bocadillo de salchichón. Somos pura química, e eso acojona, si o pensa un ben. Depende da cor da pastilliña que lle metas ao corpo vas ter tristura, ledicia, calma, euforia ou mesmo un baleiro absoluto que conduce ao letargo. Somos pura química. Eu durmo por prescripción médica, para evitar sentir unha tristeza que me consuma os nervios nalgúns periodos que non controlo de todo...pero ¿quén pode controlar absolutamente todas as súas sensacións? e máis, ¿quen quere facelo?



A vida é amarga, máis no inverno, baixo este frío que non acaba de regalarnos neve en Pontevedra, baixo esta auga dos mil diaños que si ven con vento nos amola máis. A vida é sinxela, despertar coa radio vomitando noticias ao carón da orella dereita, casi sempre violentas ou profundamente tristes; logo acudir ao traballo coa ausencia dun bico na alma, e deixarte caer no bar de sempre frente a unha taza de café e a compaña daquel amor que non puido ser. Quizais sexa o mellor momento do día. Despois todo é rutina, minutos que transcurren sin demasiadas emocións, sin sorpresas, sin espectativas dunha vida mellor.



Non sei nin como quito forzas ás veces para teclear palabras no ordenador, como son capaz de dicir que a vida tamén pode salvarnos en ocasións, cando menos o esperamos. "Precisamente la vida nos sujeta porque no es como la esperábamos", dicía Biedma , e quizais él viviu máis ao límite ca min e coñecía mellor as posibilidades deste mundo. En todo caso, aquí estou, todavía indemne, coa mirada lúcida e o corazón recomposto, pero sin ánimo para demasiadas batallas. Hoxe voltou a choiva , e iso non é malo de todo. Lembro a Julito, de noite, á beira do Teatro Principal , coas mans nos petos, encollido polo frío, observador , calado...coa boca perfecta. Parece como si sempre chovese nesa esquina precisa da cidade, onde sempre coincidimos, onde sempre nos atopamos na tesitura de decidir onde vamos.





Paco recomendame a lectura de libros por sms. Perde romanticismo falar de literatura a través dun teléfono móbil. Pero así é a modernidade e o progreso. Viaxa na súa furgoneta por toda España, e devora libros como buscando na lectura o que non atopa na viaxe. E gústame que o comparta conmigo. E curioso, comparte as lecturas, pero non me conta ningunha vivencia das que seguro lle están a suceder polos camiños. E eu, na soedade do meu cuarto, cando por casualidade consigo manterme desperta, leo os mesmos libros ca él, e penso que comparto con el a mesma viaxe.

13 enero, 2009

Martes e trece

Triscaidecafobia ou medo irracional ao número trece. E os que temen ao 13, máis ainda ao martes e trece, xa que "Marte" se presenta na mitoloxía grega como o deus da guerra, polo que o martes está rexido polo planeta vermello, o da desturcción, do sangue e da violencia. Os martes e trece están asociados a moitas supersticións, dando lugar a refráns populares, e resulta ben dificil, ainda non sendo supersticioso , evadirse da significación "máxica" e malévola desta data. Parece que anda un -e mira que eu non creo neste tipo de cousas- con pés de chumbo , como si a mala fortuna nos acechase á volta de calquera esquina, agardando con certa ansiedade o remate do día, e con él o fin da posibilidade de certa anunciada desventura. Pois o dito, eu crer non creo...pero din por ahí que habelas , hainas. Crucemos os dedos e miremos por onde camiñamos, non vaiamos ter un traspés.
Un chiste:

Vai e di un "¿ qué é peor, a ignorancia ou a indiferencia? E contestalle outro " Nin o sei , nin me importa".

Joder, cómo me aburre este día sin fin.