29 julio, 2008

Ponte de xullo

Hai fins de semana que son simplemente diferentes, e que che indican de maneira clara que estamos no verán. Xa botaba de menos esa sensación de cansancio infinito e emoción, de nostalxia doce do que acaba de suceder, como si lembrase un bó soño ao despertar que me parece casi real. Non sucedeu nada especial ,quizais , pero basta o feito de estar entre amigos, na cotidianidade que se crea cando levas máis de dous días nun camping, coa praia , o mar e as terrazas dunha zona turística como escenario, para liberarse un pouco das cadeas que nos oprimen cada día.


Os bicos cosiguen mudar as cousas, facer o mundo un lugar mellor, e convertir unha fin de semana nunha especie de paraíso.

Ninguén fai caipirinhas tan ben como o meu cuñado, eso si, ás veces conseguir o ingredente básico pode complicarse un pouco. A elaboración tivo pola súa parte esmero e amor a dosis iguais. Moito xeo e todas as expectativas imaxinables postas no resultado final. Resultou sen dúbida a bebida por excelencia da fin de semana, a que rodeou os nosos soños cunha túnica de posibilidade e convertiu o noso sonriso en profundo en sinceiro. Degustar caipinha entre bos amigos é casi tan extraordinario como adentrarse na realidade da fin de semana con optimismo, faga sol ou chova, facendo plans a golpe de reloxo e climatoloxía. Spray para o pelo de peinado fácil, pantalóns tailandeses e bolso de trote. Inevitables algunhas feridas de guerra, descubertas ao despertar, e resacas agónicas e infinitas que se resolven nos chiringuitos de praia diante dunha cervexa ben fría. E uns que chegan, outros que se van, cada un ao seu aire, xuntos no fondo , convivindo sin complexos , percorrendo restaurantes, arrastrando os pés camiño da praia, apurando as noites ata o final, buscando bicos nos rincóns máis inesperados. Aprendendo – sei que Bea agradecerá que mencione este dato- a usar as máquinas expendedoras de snaks. E saen nomes que resoarán na memoria deste verán, cando o frío esté aquí e nos sigamos na procura de soños en común. Sempre nos quedará clavada na retina a primeria ollada que Miguel lle botou a Bea cando a descubriu no medio da noite, nese intre eu soupen que o chaval estaba namorado. Sempre quedará o primeiro piropo que se escoitou esa mesma noite referido ás miñas pernas da boca dun home chamado Dani. E quedará a complicidade das conversas nas terrazas, mortos despois de todo, de tanto, deixándose as palabras levar no medio de gominolas e chocolate.

Area nos pés, crema bronceadora nas mans, os ollos cansos e o corpo exhausto. Amistade a flor de pel. Felicidade. E no medio da madrugada unha chamada de teléfono dame unha boa noticia, como si toda a perfección do mundo tivese que conseguirse nese día.

24 julio, 2008

Sensualidade



Andiven de paseo pola blogsfera, aburrida, neste xoves que ten moito de venres, sin saber o que busco e sin atopar nada que reteña o meu interese máis de medio post, xa vedes, ando vaga. Pero no medio do meu divagar como internauta que se afoga en tedio, atopoi esta fotografía. Non digo onde, nin a que fai referencia, en parte porque non me interesa o máis mínimo, e traéme sen cuidado si a vós, cultos lectores, vos interesa ou non. O caso é que a min esta foto despertoume un pouco os sentidos, e fixo rexurdir en min a sensibilidade casi esquecida, o romanticismo. A miña visión particular sobre o sexo , a seducción e os praceres da carne, en xeral, resúmese á perfección nesta imaxe sensual e docemente pornográfica.
Non vou dicir o que se me ven á cabeza cando contemplo esta imaxe, nin o nome que ocupa nun primeiro momento o meu pensamento, sería demasiado íntimo, demasiado persoal. Sin embargo si direi que esta imaxe me alenta máis nesta mañá de xoves que calquera outra cousa. Todos os deleites que me pode producir un encontro sexual afloran coa soa contemplación desta muller convertida en fetiche.
Púxenme romantica, qué queredes, e non é para menos. ¿ A quen non lle está sucedendo o mesmo? En fin, cada un que pense o que queira, e que disfrute da foto á súa maneira.
Estou farta de dar explicacións a uns e a outros, ¿ será posible que non pode unha facer a súa vida sin ter que contar cada un dos seus movementos ? Quero ir ao meu aire, ir ao meu aire en xullo non debería ser ningún delito, nin extrañarlle a ninguén.
Estou noutra película, con certa tendencia ao "hippismo" e ao desaliño e á despreocupación. Descubrín no paseo de Baltar, en Portonovo un posto de roupa e bisutería artesanal rexentado por unha xoven parella que me está servindo de inspiración para afrontar con optimismo estes días de finais de xullo. El , un home alto, con rastras, extremadamente fermoso e educado, faime tremer o corpo cada vez que o vexo. Fíxome unha pulseira á medida, preciosa,aparatosa, que acabará por convertirse no símbolo deste verán que estamos a vivir. Será o obxecto que reviva os meus recordos deste verán do 2008, que active todos os meus sentidos e me devolva dentro de moitos anos ás sensacións que agora experimento sin prestar demasiada atención.
Traballa o coiro con talentoso esmero, e parece disfrutar do seu oficio de artesán e vendedor ambulante. Fala varios idiomas, e leva nos pés zapatos que él mesmo confeccionou.Decidín onte mesmo darlle o título de home máis guapo do mundo, e penso que ben merecido. Gústame todo del, o seu rostro casi perfecto, a cor da súa pel, o seu estilo de home bohemio , hippie con certo aire de intelectual autodidacta.
Luce nun pe unha pulseira igual á que eu lle merquei, e cando viu como me quedaba, fixo un xesto que me conquistou, un xesto que creaba entre os dous certa complicidade, coma si ninguén máis fose capaz de lucir tremenda pulseira con dignidade e orgullo. E simplemente dixo "mola", con certo desenfado, como querendo expresar que tan só nós comprendiamos certos estilismos. Namoreime. Lástima que tivese á súa beira a unha muller tamén fermosa, igual ca él , que tamén traballa o coiro e que tamén fala idiomas, que me fixo morrer de envexa por uns segundos.
Paso tódolos días por ese posto, unha ou dúas veces. E un sitio agradable, onde sempre hai cousas novas que ver, e que mercar. Síntome feliz nese ambiente, e tan só a contemplación do discurrir da vida nese pequeno micromundo de trotamundos artesáns me produce unha especie de cosquilleo, algo así como cóxegas de ledicia nas entrañas. A vida debería ser así, sinxela e doce, de un pobo para outro, sempre na procura do sol e dos turistas, sempre traballando ao ritmo que marcan as nosas inquedanzas e desexos, aprendendo idiomas a medida que se aprenden cidades e quereres. Da India a Bendidorm, de Benidorm ás Ramblas, das Ramblas ao paseo de Portonovo...

A foto de xullo



Antes das vacacións dos nosos políticos , eles, os dous grandes homes da política da España do momento , quixeron deixarnos unha foto tranquilizadora, que promete menos do que desexaríamos. Os acordos que adoptaron ZP e Mariano foron parcos, estreitos e nada concluintes, xa que o principal tema , o que todos os españolitos de ben queremos na palestra, a tan traída e levada crise económica, foi a gran ausente na reunión que tiveron onte os dous líderes políticos. Sin embargo, a foto mostra un cambio de rumbo na maneira de facer as cousas, que esperemos non se quede só en boas intencións, e supoña algo máis que unha pose veraniega para contentar á plebe antes de irse cada un polo seu lado a pasear en chanclas baixo o sol.

Da crise fálase moito nas terrazas de verán, mentres se toma un unha cervexiña ben fría e unha ración de calamares. Cando hai crise bébese máis, díxomo un amigo, e leva razón. Non deixa un os seus vicios habituais, a seu café matutino, a caña no bar, os cubatas nas noites que rematan de madrugada...Pero o que se resinte en epoca de crise é a cesta da compra, comprase máis mortadela e menos carne de vaca. O estado da economía mídese nas despensas das familias de clase de media, non no bullicio que se xenera nun pobo costeiro a finais de xullo. Os que teñen , teñen con crise e sen crise. Os que son pobres, son máis pobres cando hai crise, pero ninguén nota a súa ausencia no paseo de Sanxenxo, porque os pobres non van de vacacións. Nin con crise nin sen crise.

23 julio, 2008

O gris retornou ao escenario de xullo. Non é que me importe demasiado, hai cousas que me joden moito máis. A xente , por exemplo. Hoxe levanteime cruzada e tiven a mala sorte de que se me encheu a oficina de "tocapelotas". E claro, cando a realidade che ven en contra, da igual por onde tires, que acabas escaldado. O mellor sería deitarse a durmir e deixar escapar o día entre as sábanas, sin pensar e sobre todo, sin pretender mudar as cousas. Os reveses hai que deixalos ir, máis nada.
A volta da esquina temos unha ponte breve, que non sei cómo recibila, con qué humor, con qué expectativas. Non pinta ben porque o meu estado de ánimo está un pouco pesimista, floxo, en decadencia. (Quero crer que é o meu estado de ánimo o que flaquea e non son eu mesma a que se desfai en desánimos ineludibles) Entón, qué podo agardar dos días de festa que se presentan por diante? E a resposta prodúceme naúsea: Nada. O verán estase a convertir nun verme que me vai furando as entrañas, que me consume como si ese fose o meu único destino, deixarme aniquilar polo paso de tempo , polos días longos e calurosos, que deberían estar plagados de soños, e que sin embargo se convirten en lodo baixo os meus pés.
Naúsea e nada. Son dous estados de ánimo, febriles os dous, en todo caso. Preciso dunha pastilliña que me cure deste mal, ou polo menos que me faga durmir, ou esquecer, ou perder a consciencia. Lin unha boa frase, que para ser felices hai que ser primeiro estúpidos, logo egoistas e gozar de boa saúde. Roza o tópico e iso disgústame, pero ao mesmo tempo recoñezo certa realidade no razoamento. A estupidez e berce de tranquilidade e ledicia. A intelixencia implica preguntas e máis preguntas, dúbidas e máis dúbidas. Ansiedade. E ao final todo conduce ao mesmo, á naúsea.
Lembro vagamente unha novela claustrofóbica que empregaba as cores para xenerar sensacións. O amarelo é unha cor dificil si imaxinamos de pronto todo tinguido de amarelo. O gris é máis apacible, ainda que tamén ten certa mala prensa. Hoxe a cidade é gris. A choiva é gris. O sol tamén é gris. Incluso o meu corazón se puxo gris de golpe, agora mesmo, mentres escribo. Na agonía do gris deixo caer a miña indiferencia. Hoxe non, non permitas que che fale doutros tempos, doutros meses de xullo que foron felices. Non permitas que me poña a pensar, e moito menos que tome unha determinación. No gris afogo, non podo rexurdir, nin morrer de todo, é espeso , amargo, inconcluso. Gris. Xullo gris.

22 julio, 2008



Me pregunto dónde estás
dónde dejaste la maleta
abierta cargada de ropa sucia.
Me pregunto quién será
ahora la que lave tus calzoncillos
manchados de desventura.
Hoy bajé a desayunar
a la terraza en la que
conocían nuestros gustos
y nadie se fijó en que tu no estás.
Pedías siempre un vaso de agua
-imagino que ahora seguirás
con esa costumbre-
y te tomabas una pastilla de color gris.
Era la que te arreglaba la cabeza.
La camarera sabe que el agua
era para ti, no me la puso.
Esta vez soy yo la que pide
un vaso de agua para tragarme
una pastilla verde.
Para mi corazón, que se está muriendo
desde que te fuiste.
Ver vasos vacíos me encoge
el alma, me llena de lágrimas por dentro.
Todo me parece normal,
una mañana cálida de Julio,
con el periódico anunciando lluvias
en la página del tiempo,
el bullicio de la calle, los coches
a toda velocidad echando humo,
las oficinas llenas, el verano
descargando su furia roja sobre
los que no tenemos vacaciones.
Y sin embargo nada es normal.
Estoy en una cafetería
hablando con una silla vacía.

(Sobre a amistade)

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/07/22/0003_7003147.htm


Quen ten un amigo ten un tesouro. Supoño que co paso do tempo vai un dándose conta destas pequenas cousas que conforman toda unha sabiduría. Os amigos son o que nos queda cando todo vai mal, e o que temos cando todo vai ben. Onte pasei a tarde cun bó amigo, un amigo deses que se gañou o dereito a chamarse amigo con tempo , dedicación e paciencia. Entende a amistade coma min, con sinceridade e sin remilgos, por riba de convencionalismos e de medias verdades. Somos amigos porque nos queremos e porque cando estamos xuntos todo é sinxelo, as conversas e os silencios. Incluso os bicos, de cando en vez. Somos amigos porque nunca nos propuxemos selo, simplemente estivemos ahí, un e o outro, paso a paso, dende aquel primeiro día no que nos atopamos nunha aula da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela. Foi no ano 2000, recén estreado o ano. Onte paseamos pola praia e non existía nada máis que aquela tranquilidade baixo o sol, a nosa conversa intrascendente ás veces, o noso xeito de mimarnos, de facernos sentir que podemos contar un co outro a pesar do tempo e da distancia.
A amistade é o único que conta cando non sintes amor verdadeiro cada amencer, cando a familia está lonxe, cando a vida se convirte en algo que nos afoga. Lin este artigo e pensei que tiña razón quen o escribía. Os amigos non se contan en número, mídense en calidade, non en cantidade. Os amigos non sempre che dan a razón, pero ilusionanse cando despois de tempo sin verte agardan a túa visita. Emocionánse ante a proximidade dunha viaxe xuntos. E disfrutan dunha caña contigo a media tarde ao tempo que len o xornal, sin necesidade de cruzar unha palabra. Os amigos non son clones do noso intelecto nin das nosas inquedanzas, non pensan coma nós, nin comparten a nosa ideoloxía. A amistade non precisa tanto, basta o propósito compartido de aceptarnos e querernos.