
Antes das vacacións dos nosos políticos , eles, os dous grandes homes da política da España do momento , quixeron deixarnos unha foto tranquilizadora, que promete menos do que desexaríamos. Os acordos que adoptaron ZP e Mariano foron parcos, estreitos e nada concluintes, xa que o principal tema , o que todos os españolitos de ben queremos na palestra, a tan traída e levada crise económica, foi a gran ausente na reunión que tiveron onte os dous líderes políticos. Sin embargo, a foto mostra un cambio de rumbo na maneira de facer as cousas, que esperemos non se quede só en boas intencións, e supoña algo máis que unha pose veraniega para contentar á plebe antes de irse cada un polo seu lado a pasear en chanclas baixo o sol.
Da crise fálase moito nas terrazas de verán, mentres se toma un unha cervexiña ben fría e unha ración de calamares. Cando hai crise bébese máis, díxomo un amigo, e leva razón. Non deixa un os seus vicios habituais, a seu café matutino, a caña no bar, os cubatas nas noites que rematan de madrugada...Pero o que se resinte en epoca de crise é a cesta da compra, comprase máis mortadela e menos carne de vaca. O estado da economía mídese nas despensas das familias de clase de media, non no bullicio que se xenera nun pobo costeiro a finais de xullo. Os que teñen , teñen con crise e sen crise. Os que son pobres, son máis pobres cando hai crise, pero ninguén nota a súa ausencia no paseo de Sanxenxo, porque os pobres non van de vacacións. Nin con crise nin sen crise.

