¿canto tempo dura o desamor?
Sinto que levo meses sumida nesta nada inmensa que é o que queda despois do amor. Só fago unha cousa durante todo o día: botar de menos. Boto de menos casi todo, e por veces teño medo de afogar nesta ansiedade que sinto, nesta falta de todo, nesta falta del . Porque de pronto el levouse consigo toda a miña vida, todas as miñas rutinas, todos os meus espacios favoritos, todas as miñas ledicias. E deixoume ao borde do precipicio, soa , aburrida, incapaz de poñer un pé diante do outro e continuar camiñando
¿ canto?
Lembro a Jorge, e sei que todo desamor pode salvarse, que recuperarei a felicidade que me proporcionaba antes estar soa , que recuperarei o ritmo dos días disfrutando tan só da miña compañía e da dos meus amigos...Que recuperarei o meu espacio perdido nesa relación. Pero, ¿canto tempo fará falta?
e entre tanto...¿e entre tanto?
No hay comentarios:
Publicar un comentario