23 diciembre, 2013

A nostalxia pode ter mil formas e ás veces tranformáse nun pesadelo que casi non nos permite nin respirar. Algo así me está a suceder nestes días nos que xa estamos de cheo no Nadal, e sin embargo, eu non podo sentir nin ledicia nin paz nin tranquilidade. Só podo sumirme na tristeza dunha nostalxia azul de días felices nos que a palabra amor todavía significaba algo. O pasado Nadal tivo sentido, e por eso agora, rotas xa en mil pedazos aquelas ilusións, hoxe non sinto máis que balerio. Quixera durmir durante meses,  e despertar en marzo ou en abril, xa curada desta desolación que me envolve. E teño medo, moito medo de que non pase tan fácilmente, de que non basten dous meses para ser de novo eu , sin o lastre castrador dun pasado que agora lembro como moi feliz e de todos xeitos irrecuperable. 
***
Vexo na fotografía o meu rostro e comprendo dalgunha maneira por qué agora me sinto tan abatida, tan desganada, como a punto sempre de  chorar. Era terriblemente feliz, disfrutando do que tiña, amando o que tiña, sin pensar  que un ano despois todo se me antoxaría unha farsa.
***
A nostalxia é unha enfermidade mortal.

No hay comentarios: