Fai xa un ano que soaba esta canción...Non quero poñerme triste, nin nostálxica. Só quero lembrar con certa ledicia o ano que pasou, a través de pequenas cousas que foron sucedendo...como esta canción. Soaba nunha clase de inglés nestas mesmas datas. Pero todo o que se me presentaba daquela por diante era ben distinto. Nun ano perdín certas cousas, ou quizais é máis simple que todo eso - non se pode perder o que nunca se tivo-. Hoxe , non quero derramar bágoas pensando no que puido ser e non foi, no que perdín, no que non vai volver a repetirse.
Non teño espíritu navideño, e sin embargo, non podo máis que pensar nesta canción e naquela clase de inglés e en todas aquelas cousas que poblaban a miña rutina o pasado nadal.
***
Miro o whatsapp e o seu nome vai quedando cada vez máis abaixo na miña lista de chats. Xa non me escribe. Xa non teño nada que dicirlle. Pero sigo botando de menos as mensaxes rutinarias , de pura intendencia, que se sucedían cando remataba o traballo ou antes da hora de comer. E entón, abro o seu chat e miro a súa última conexión. E imaxino con quen falaría e sobre qué. E non sei si é peor ver que se conecta moito, ou pouco. Porque as explicacións -todas elas absurdas- que me monto na miña cabeza son simples imaxinacións miñas.
Pero sin duda o máis triste de todo e querer falarlle, decirlle calquera cousa para que volva o seu nome a aparecer ao principio da miña lista de whatsapp, e non ter nada que dicirlle.

No hay comentarios:
Publicar un comentario