16 agosto, 2013

 
 
 
 
Hoxe remato unha etapa, probablemente a que marcará na miña memoria o que significou o verán 2013. Dous meses nos que acudín cada mañá a Redondela a ocupar un posto de avogada nunha oficina de asesoramento a preferentistas creada ex proceso, que rematan hoxe, e afortunadamente sinto unha pequena punzada de tristeza, de nostalxia anticipada polo que xa non voltará a repetirse, de despedida...No mobil sucédense as mensaxes de despedida de todos os compañeiros que en distintos puntos compartimos esta experiencia, e hoxe...só queda lugar para os eloxios, para unha análise positiva. Persoalmente a andadura en Redondela aportoume máis cosas boas que malas. Coñecín a Noemi, unha muller exemplar na que nalgunhas cousas me vía reflexada eu con 15 anos menos. E si facer amistades é das cousas que máis valoro, pois por coñecer a Noemi, tan só por iso, esto xa mereceu a pena. Por suposto houbo máis cousas, e quizá non todas foron tan boas, pero hoxe gústame crer que si, que todo foi para ben, e gústame regodearme nesta sensación de tristura agridoce, e languidecer no adeus dun xeito pausado, como saboreando cada minuto e cada sensación desta despedida. Tirar papeis, relendo notas que me arrancan un sorriso, gardar os restos en caixas, borrar arquivos de ordenador, baleirar caixóns...Non só hai que despedirse das persoas, senón que tamén hai que despedirse dos espacios, dos xestos cotiás que xa se convertiran en rutina: o café no bar do lado, o camareiro achegándome o Faro de Vigo, sin chegar a darse conta nunca de que eu prefiro a Voz; a maneira de entrar cada día no despacho e abrir a fiestra de par en par; os cafés de máquina...O momento Allbran xusto antes de entrar ao traballo...
***
Descubrín ,entre outras cousas "El guardián entre el centeno"

No hay comentarios: