Hai datas que hai que gardar na memoria, e botar man delas co paso do tempo, para que non volvan a facernos dano os memos energúmenos, para dalgún xeito, poñernos a salvo. Hoxe é un deses días que convén lembrar para protexernos no futuro. Chamábase....qué máis ten, o caso é que saiu da miña vida facendo estragos, facéndome máis dano do que era necesario, e dende logo dun xeito totalmente deliberado. A palabra odio faiseme sempre grande demais para as historias de amor fracasadas, pero neste caso creo que non é dabando. Odio é pouco para explicar o que sinto. Sin embargo, estou serana e tranquila porque por fin vou recuperar parte da dignidade esquecida nos últimos meses. Non vai pasarme nada, seino, porque estas cousas pasan todos os días en todos os lugares do mundo, pero a dor, a concreta dor que agora sinto, nesta mañá de luns dun agosto que agoniza, non sei como dicilo, é miña , e só miña...e cústame portar con ela eu soa.
Quixera berrarlle ao mundo que estou aquí, coas entrañas abertas supurando dor, rabia, angustia. Que me fixeron daño de verdade. Que foi él. Que nunca imaxinara tal cousa. Que de pronto o seu rostro desfigurouse , e xa non era él. E a súa voz non era a súa. E el non parecía el, senón calquera outro, disposto a facerme cada vez mais daño.
Non recoñecer nos seus xestos a persoa que quixeches e coa que te sentías segura é algo terrible. Sínteste de pronto indefensa no mundo, orfa, tristísima. Temblánche as pernas porque sintes que de aquí en diante non vas poder fiarte de ninguén. As rupturas son algo espantoso. Ainda que sepas que é o mellor que che pode estar sucedendo de cara ao futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario