Esta noite hai chuvia de estrelas. Esta noite eu teño que pensar o que quero facer. Non é sinxelo decidirse, porque cando se fai algo, cando se decide algo, sempre se corre o risco de equivocarse. A miña alma é unha centrifugadora de emocións. E teño no medio do caos unha porta aberta ao pasado. Pero o pasado non pode reescribirse sin abrir ao mesmo tempo feridas novas. Porque as feridas, as feridas sempre son novas, e nunca doen igual. O temor a repetir os erros cometidos está ahí. Son os mesmos labios, a mesma pel, a mesma voz...Esos que marcaron tantos veráns , cando ía a universidade e cada verán acababamos xuntos paseando por algunha praia de Portonovo...Facía tempo que non o botaba de menos, que casi o tiña esquecido por completo. "La distancia es el olvido", pero agora, voltou coma sempre, co seu sorriso natural e xoven, a pesar do paso do tempo sobre as costas. Pasaron, ¿canto? ¿vinte anos?...E a pesar do tempo, recoñecímonos deseguida...Os dous máis vellos, máis decepcionados, máis tristes quizais. Os dous máis sensibles. E voltamos a ollarnos con ternura. E así estou, na mesma encrucillada. Quero estar e non estar entre os seus brazos. Quero correr, escapar del para sempre, para que nunca máis me faga daño, e ao mesmo tempo, quero crer no destino, que nos puxo frente a frente de novo...Quero bicalo e quero perderlle a pista para sempre. Esta noite hai chuvia de estrelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario