30 septiembre, 2008

Cada un perde o tempo no que lle peta, e eu son adicta a GH, ainda que este ano non lle estou dedicando moito tempo (todo se andará) pero si que me dou cada día unha volta pola web e polos blogs dos entendidos, e sinceramente, estou un pouco impresionada coa cantidade de comentarios que estes tipiños comentaristas de Gran Hermano como única profesión reciben nos seus blogs. En xeral non atopei nada interesante, pero si algo impactante, a foto da primeira comunión de Almudena, a enana que meteron nesta edición como símbolo de superación persoal e bla bla bla. Porque o certo é que para entrar no reality hai queJustificar a ambos lados ser ou moi guapo/a ou ser un freake ou ter unha tara física salientable, que xa se sabe que agora o das minusvalías vende moito. A min - como minusválida que son- paréceme moi ben, pero claro, eu que son freake e teño tara física, pero que nin unha cousa nin outra se me notan a simple vista, pois non me collen nun casting nin á de tres.
En fin, que é falar por falar, a foto ten o seu aquel, non? máis que nada porque me trouxo lembranzas daqueles vestidiños de primeira comunión , daqueles recordatorios...Ay, qué infancia máis difícil tivemos. Bueno , ao caso, que quero que boten a Almudena, non por enana, si non porque me cae fatal.

San Miguel

Veranillo de San Miguel, todo un clásico que non sempre se cumple, pero sí este ano, no que por fin se deixou caer o bó tempo en Galicia, mentres que o sur está inundandose. Vacacións a parte, levo cinco días de praia seguidos, a cal máis intenso e máis veraniego. Ata onte na Lanzada se estaba mellor que en pleno mes de xullo. E é que a natureza non falla, e cando o verán se resiste a entrar, como sucedeu este ano, pois tamén se resiste a marchar. Oficialmente estamos no outono, pero os pronósticos metereolóxicos para esta semana son soles en toda a Comunidade, e así andamos todos alterados , entre a calor e a vida, que non da tregua.
Chegou un cayuco as nosas costas con 229 inmigrantes. E tan só un dato numérico, 229 desesperados que arriscan a súa vida na procura da terra prometida. Somos a esperanza de moitos que viven en zonas máis hostiles, e ao mesmo tempo este xa non é sitio para milleiros de españois ,que ven que o país se lles queda pequeno, que xa non se pode vivir ben sendo clase media, que xa non hai traballo para ninguén, nin futuro. Ten que existir un erro nalgunha parte, non sei. Pero xunto á nova dos 229 aparecía no xornal dixital a foto dunha man momificada, dun buda que se deixa ir morrendo en vida para acabar sendo momia, para iso deixa de comer e de beber durante días, ata que acaba metido nun furado , e finalmente morre. Qué íronía, uns loitando por morrer e outros loitando pola vida, todos con sacrificio e seguramente con medo. Porque deixar que o teu corpo se vaia secando en vida ten que dar moito medo.
Setembro dinos adeus. Hoxe cumpre anos alguén que me importa, a quen eu importo ben pouco, outra ironía moi propia do noso tempo: amar a quen non nos ama, tanto como perder o amor que temos dentro por non saber darllo a quen realmente sabe recibilo. "Cada uno da lo que recibe, cada uno recibe lo que da..." e un corno¡¡¡ Eu pensarei todo o día nel, e morrerei de ganas de marcar o seu número de teléfono e dicirlle o que sinto, pero ao final ganarei a miña propia loita contra min mesma , e acabarei por estar ausente no seu día, como si non me importase. Tamén teño orgullo.

29 septiembre, 2008


Eu era unha nena que pasaba felizmente -todo o feliz que se podía- a infancia na casa dos meus tíos, ía a escola , merendaba pan con chocolate e polas noites non tiña toque de queda porque os meus tíos consideraban que tanto miña irmá coma min sabiamos moi ben cando tiñamos que irnos a durmir. Non sei si eso era un erro ou non, si os meus tíos facían mal deixando que dúas nenas se quedasen despertas ata as doce da noite vendo a televisión, pero o que si se é que foi unha sorte para a nosa infancia. Víamos a tele, sí, e por aquel entón na tele poñían películas inesquecibles cada noite, desas que se quedan prendidas para sempre na ollada e mesmo na alma. Unha destas noites da miña infancia atopeime de frente cunha película que me fascinou e que trala impresión que deixou en min nunca máis me atrevín a voltar a vela, por medo quizais a corromper esa impresión primeira. Para min o título sempre foi "Dous homes e un destino" e nunca se me foi xa da memoria aquel paseo en bicicleta de Paul Newman e Katharine Ross baixo as notas de ‘Raindrops Keep Falling On my Head’, tal e como conta Jabois no Luns a Venres.

Namoreime de Butch Cassidy e Sundance Kid, e aquela lenda de ladróns acompañaríame durante toda a miña adolescencia e xuventude.

Hoxe morreu un dos grandes,Buch Cassidy non voltará a subirse en bicicleta nin a partir os corazóns de medio mundo coa súa ollada azul. Non vou falar del como actor, porque todo está dito, só me gusta falar dende a miña memoria, dende aquela nena que fun e que grazas a que os meus tíos non me poñían hora para irme á cama, puiden descubrir moi cedo tódalas peliculas deste gran xenio do cinema. Despois de " Dous homes..." outras moitas me conmoveron, pero na retina sempre, no fondo de todo, dentro de min, sempre aquela banda sonora, aqueles paisaxes, aquel soriso...

25 septiembre, 2008

Un blog é unha fiestra que alimenta o noso propio exhibicionismo, expoñémonos aos demais sin pudor , como si a alguén lle puidese interesar o que sucede nas nosas miserables vidas, o que pasa polas nosas entendedeiras en cada momento. E algo cansino, que roza o absurdo e que debería estar de todo prohibido. Eu sempre quixen ser concursante de Gran Hermano, e sentarme no sofá do confesionario para contar aos telespectadores cómo me vai o día, e que tal me vai con fulano e con futano, e si me sinto triste ou feliz, e si me doi un pe. Pero os que fan os casting , dame a min a impresión, de que buscan algo máis que unha tipiña de metro cincuenta e cinco e "feura" admisible. Nunca me pillaron. E iso que eu sei que son carne de Gran Hermano, pero claro, para iso hai que coñecerme ben. O caso é que como non conseguín entrar no reality pois decidín crear un blog, para mostrarme desnuda diante dos descoñecidos. ¿ Por qué? Eso é un misterio. Presumo de coñecerme ben a min mesma, pero si me matan non sei por que me da por contar as miñas penas públicamente, a miña vida nun escaparate, como si a humanidade enteira non puidese vivir tranquila sin saber de qué humor me levantei hoxe. E esta dúbida estame volvendo tola, ¿por qué? ¿por qué arrisco desta maneira a miña intimidade? Así que estou a piques de finalizar esta tolemia, de pechar esta fiestra ou de mudar polo menos as cores deste miniuniverso ridículo.
¿Gústame que todo o mundo saiba o que penso e o que sinto? Supoño que este blog naceu tan só como un experimento , para saber o que podía dar de si, e convertiuse nun sustituto aos meus cadernos, nos que si era realmente sinceira, e si me facían realmente feliz. Pero agora síntome algo triste ao contemplar as libretas baleiras de palabras e de soños, e paseo polos meus post dándome conta de que non son fieis a nada, que non son máis que morralla, moitas veces tan só unha morea de mentiras ou de tonterías. Un blog debe ser outra cousa, algo grande, que encha aos que o len e aos que o escriben de ilusión, ou de sabiduría. Ou polo menos un panfleto sobre o mundo do corazón, que esto si que interesa a alguén. Pero esto...Renego deste experimento, sin contemplacións, coa cabeza alta e a dignidade sobre o teclado. Esto é algo máis que unha crise existencial...Rematou o verán, estamos a finais de setembro e toca renovarse. Esto atúfame.

22 septiembre, 2008

Sin mirar atrás.

Contrariamente ao que cría a maioría de persoas que nos coñecen _ ao meu amigo Toño e a min- e mesmo contrariamente tamén aos meus propios instintos, a viaxe polo sur aconteceu sin ningún tipo de contratempos, polo menos salientables. Tivemos un momentazo na voda, que aos meus íntimos xa lles comentarei ( si se tercia) e pouco máis que dicir das vacacións. Que xa remataron, que foron curtas, como sempre acontece co bó desta vida, e que agora na volta ao mundo real, pois quédame un regusto doce nos beizos e na alma, a lembranza dunha caricia no corazón, e a nostalxia de sentimentos que cría esquecidos para sempre.
Non lembraba cómo e por qué o amara. E no medio das copas, vendo o ben que lle sentaba o traxe e a garabata , xunto coa camisa que eu lle axudara a escoller, soupen, lembrei, o pasado. Por fin éramos os mesmos, aqueles que fai anos se coñeceron e se bicaron sin tregua, a pesar dos pesares todos, deixando estupefactos aos que nos coñecían. E eu tiven que dicirlle que facía anos que non me sentía así, atraída por el como si me sentise completamente poseída, ou tola. Afortunadamente a amistade vence sempre tódolos obstáculos, e agora volto ao punto de partida, como si tal cousa, e estou contenta de que sexa así. Pero o guapo que estaba...eso non o esquecerei nunca.
***
Por certo, a de cousas que cambian cando unha non está , e ao mesmo tempo a de cousas que permanecen inmóbiles. A tranquilidade debe ser eso, regresar e atopar todo como o deixamos, os amigos sorintes agardando por nós, a familia deseosa de facernos de comer, os amores ansiosos por recuperar o sabor da nosa pel, e a casa pechada, con olor a cerrado e pó tímido sobre o televisor. Na oficina nada relevante, pero danche un abrazo cando chegas, e ao encender o ordenador deseguida recuperas a rutina dos mails, dos blogs, do programa informático do traballo...No bar lembran que tomas café con leite , algo cargado, e bótanche un piropo post-vacacional "que morena estás, que tal?" e todos te escoitan , e se alegran por ti, ou finxen que se alegran, cumprindo así un trámite necesario antes de voltar á normalidade. Agardan agasallos, bicos , historias fantásticas. E no fondo, tan só agardan que o extraordinario do momento pase rápido, e que todo volte a ser igual que antes de que marcharas, e falar das cousas de sempre, que si Gran Hermano, que si a choiva, que si o PP, que si a crise, que si o amor...E no fondo , ti tamén agardas que todo se recupere, para gardar ti soa os recordos, como quen garda tesouros valiosísimos, que non quere compartir con ninguén. E buscas entón un momento de intimidade que non esté contaminado de rutina. Envias un email ao teu compañeiro de viaxe. "Te echo de menos" ,porque eso é realmente o único sentimento verdadeiro que recoñeces no medio da vida.

Gran Hermano

Una enana, una granjera camarera, una maricona que dice que no es gay (claro, es chica) un insoportable que se cree simpático, una china y etc, etc... Esta es la fauna que opta a vivir en la casa de Gran Hermano en su décima edición. Como este año tengo blog, y siempre fui muy forofa de este programa, iré comentando por aquí lo que me pete del programita.
Rescatado dun blog, é realmente fantástico...

http://www.lamaquinadeltiempo.com/poemas/neruda01.htm