09 febrero, 2014

Marlango "Lo que sueñas vuela" (A Solas 2012)

Vals para un domingo na aldea

Os domingos con chuvia na aldea teñen un regusto a infancia ,a lune na lareira, á cociña de mamá...Esa burbulla na que me instalo cómodamente, allea por completo ao que sucede fóra, pero tamén, e sobre todo, ao que sucede dentro de min. Non hai dor, nin apenas unha revolución interior, tan só unha tranquilidade doce , como un arrullo de brazos amorosos : a calor do fogar. Os domingos na aldea non son como todos os domingos , xa non son feridas no medio da semana, como me dixo unha vez Miguel ( aquel Miguel que me quixo como puido e que non saiu ben) , son un paréntesi nos días grises de tristeza, nos acontecementos rutinarios, na puta vida á que nos enfrentamos cada día.

***

 Non quero pensar en nada. Chove,e eu miro a chuvia tras os cristais empañados da cociña. Aparquei o móbil para non ter que recibir ningunha información que chegue do exterior destas catro paredes que agora me serven de refuxio. Non quero pensar no que perdín, nin siquiera no que gañei mentres perdía. Nin nos meus desexos ocultos, que están todavía dormidos esperando o momento de manifestarse coa contundencia das verdades absolutas. Non quero pensar en volver, nin en namorarme, nin en saír correndo, nin en botar a vista atrás. Quero descansar nos minutos de silencio e baleiro, coa caricia do pelo dos meus cans percorrendome as pernas, con música lenta adormencéndome, con promesas que penduran dos soños, que poden agardar a mañá...que poden agardar a mañá.



Miley Cyrus - Wrecking Ball (Subtitulada Al Español) Video Official

07 febrero, 2014

¿Por qué le pedimos peras al olmo cuando el olmo lo que da son sámaras?

Hace años, iba yo a la psicóloga y un día me dijo que iba a descubrirme el gran problema que tenía, foco de tanta frustración y tanta infelicidad. Me dijo, “No le pidas peras al olmo, porque el olmo peras no da. Piensa, descubre… que es lo que da el olmo, y pídele eso”


Lo primero que hice fue enterarme de que el olmo da un tipo de fruto en el que se desarrolla un ala aplanada de tejido fibroso y papiráceo a partir de la pared del ovario y que se denomina sámara. Sámaras, eso es lo que da el olmo y por lo tanto es lo que se le debe pedir, y sólo y únicamente lo que se debe esperar del olmo. Porque si nos pasamos la vida esperando que el olmo nos de peras, no solamente no conseguiremos peras en la vida, sino que además no conseguiremos ninguna otra cosa. Pero si al olmo le pedimos lo que puede por su naturaleza darnos quizás no nos estemos equivocando tanto y lleguemos a recibir lo que esperamos. No se trata de no pedir las cosas, de no tener paciencia, sino de pedir y tener paciencia con cierta base de racionalidad y realismo. No le pidas peras al olmo, pídele sámaras. Puede que así obtengas sámaras o no, pero por lo menos tu paciencia, tu dedicación y tu espera tendrán sentido y no conducirán irremediablemente a la frustración.

04 febrero, 2014

A circunstancias fixeron que coincidiramos de novo na mesma oficina, asi que agora , dez anos despois compartimos o mesmo espacio todas as mañáns, e pasados xa algún meses desde a miña reincorporación, todo comeza a cobrar un ritmo rutinario, cómodo e natural , no que os dous comezamos a reencontrarnos de novo.
 
 
 
Entro no seu despacho e coa naturalidade de sempre debuxo una taza de café nun post-it e agardo uns segundos o seu xesto afirmativo. Sen decir nada marcho, e de alí a uns minutos, asoma a cabeza pola miña porta, xa co abrigo posto , e dime ¿vamos? Son rituais sinxelos, que de por tan repetidos no pasado convertíronse en parte do noso xeito de comunicarnos. Logo vamos a un café, eu deixo que elixa el porque coñezo as súas manías á hora de encontrarse cómodo nun bar, e polo mesmo, e en parte  porque a min dame igual, cambiolle o sitio una e outra vez, ata que o vexo convencido de que a súa ubicación é armónica co karma e co universo. Tamén esto me recorda ao que fumos no pasado sin remover por dentro as miñas nostalxias, quero dicir, recoñézoo nestes pequenos detalles e ao mesmo tempo recobro neles a ledicia doutro tempo, cando nos queríamos. Supoño que agora todo é moito máis fácil, porque de xeito expontáneo brota a conversa e a risa, e o tempo pasa veloz e a nosa esquiniña no bar vaise quedando cada vez máis e máis illada, como si non estivese alí ninguén máis.
 
Así de sinxelo foi recoñecernos, e a esto me refiro eu cando falo de recoñecer a un antiguo amor despois de pasado moito tempo: á naturalidade que se instala nas cousas cotiás e que te leva sin pensalo aos mesmos instantes que acostumbrabades a compartir. Tamén no humor , nese humor que nos facía tan cómplices encontro parte daqueles días de fai xa vinte anos, e si o penso , na forma de mirarnos cando discutimos sobre calquera tontería. Porque o certo é que en ningún momento durante todos estes anos deixamos de mirarnos, de suxeitarnos dalgún xeito, en silencio , cando algún dos dous tiña un problema, de comunicarnos sin falarnos ,cunha telepatía extraña que nos mantivo unidos como un fío invisible que nunca puidera romperse.
 
Pero non me interpretedes mal, o amor rematou xa fai moito. E non foi nada fácil sair daquela espiral de bágoas, ansiedade , celos e loucura na que se convertiu o noso nos últimos tempos da relación. Pero , por riba daquel amor que se foi esnaquizando entre lexatines e cansancio, quedou entre nós un cariño sincero, distinto á amistade, pero quizais moito máis sólido e inquebrantable.

23 enero, 2014

Da nosa vida forman parte de xeito incuestionable determinadas persoas ao longo dos anos. Primeiro os nosos pais, avós, irmás...que nos acompañan dende que nacemos e cos que manteremos sempre ese vínculo intacto, como si nunca nos acabásemos de facer adultos de todo. Logo están os amigos primeiros, os do colexio, que conseguen entrar na nosa vida cos primeiros xogos ata que sin que nos demos conta convírtense en persoas imprescindibles no noso desenvolvemento persoal. Na universidade facemos as verdadeiras amistades, as máis sólidas  quizais, esas que xa conscientemente escollemos como máis afíns a nós e aos nosos intereses. Son amistades que se van consolidando en pisos compartidos , en bares, en conversas que podían durar noites enteiras. E finalmente están os demais amigos que vamos facendo no camiñar real da nosa vida, agora sí , cando somos por fin serios e responsables, e acudimos cada día ao traballo e pagamos hipotecas. Son amigos máis recentes, ás veces circunstanciais, coñecidos na oficina ou nas clases de pilates, que entran a formar parte do noso escenario pola necesidade que temos de comunicarnos, para evitar a soedade que significa ter aos amigos de sempre desperdigados polo mundo, labrándose  cada un a súa propia aventura vital.
E neste panorama de construcción de amistades, moitos vanse perdendo polo camiño, polo simple paso do tempo, pola distancia, pola desidia...Mentres que hai outros que parecen inmunes a calquera tipo de contratempo, que salvan todas as barreiras, e que da igual o tempo que pase ou os kilómetros que se poñan de por medio, que no momento crucial do reencontro recobran o cariño e a confianza que os mantivo unidos dende o principio.
O mesmo pasa cos amores pasados, eses amores perdidos ao longo do noso percorrido, que non puideron ser, e que ás veces incluso nos deixaron profundamente feridos. Hai amores que se olvidan , que se borran para sempre, que non deixan nin rastro daquel sentimento que nalgún momento chegou a trastocalo todo. E hai outros, que simplemente quedan latentes nalgunha parte do noso corazón, expectantes, á espera de que calquera mínima chispa os faga rexurdir. Eses amores, ao fin e ao cabo os bos amores, son parte da nosa vida de xeito incuestionable, e para sempre.

***
Voltei á oficina despois de moito tempo, non importa aquí o motivo das voltas que deu a miña vida profesional , o caso é que voltei e lembraba perfectamente que él me feriu, que decidín un día apartalo da miña vida para sempre, que incluso decidín deixar de falarlle. Pero o tempo pasa, e ás veces o tempo fainos esquecer a dor, e mesmo o rencor que algunha vez sentimos.
Un día baixei a garda e mireino fíxamente aos ollos. El tamén me mirou. E de repente éramos os mesmos que fai xa doce anos, éramos nós, os que nos coñeciamos tan ben, os que nos quixeramos tanto...E entón comezamos a buscarnos. Non buscarnos con ningunha pretensión clara, tan só para poder sentir de novo no medio de todo aquel barullo de reclamacións, faxes e fotocopias un pouco do cariño antiguo que tanto nos arroupara noutros tempos. E a medida que nos buscábamos -pequenos momentos, apenas minutos- falábamos coa naturalidade coa que falan os amigos íntimos que nunca deixaron de selo, os amigos que se coñecen tanto que poden falarse sin falar, como si estivesen unidos por un fío ou tivesen certa telepatía. Nas convesas que mantivemos ao principio comezamos a sentirnos cómodos, como si de pronto voltasemos a un lugar familiar e acollledor que sempre nos estivera esperando. E voltou a risa, a charla amena, a literatura como telón de fondo de conversas  e mesmo a poesía, como sempre , pululando entre as nosas palabras e os nosas olladas .
Hoxe tomamos o primeiro café xuntos desta nova etapa da nosa andadura como amigos reconciliados sin necesidade de ter que reconciliarse. Non falamos do pasado, nin dos problemas da oficina, nin dos compañeiros, nin de nós memos siquiera. Falamos do que falaría calquera par de amigos que se ven todos os días , rindo e disfrutando, como si nunca tivese existido un tempo entre os dous no que non nos recoñeciamos.
Estabamos sentados ao sol, nunha terraza ao lado do traballo. Si, ao sol. Leva casi un mes chovendo sin parar, pero hoxe facía sol. Sempre nos gustara andar xuntos de terrazas, e parece que eso non cambiou. Parece que non cambiou absolutamente nada. E nese intre, mentres estaba alí sentada, co sol dándome na cara e probándome as súas gafas de sol, tiven a certeza absoluta de que él formaba parte da miña vida por moitas cousas que sucederan entre os dous no pasado, e por moitas cousas que cheguen a suceder no futuro. Ameino, ben o saben os meus amigos. Pero por riba daquel amor, de toda a historia que tivemos, existe entre nós un lazo moito  más profundo  de confianza e cariño que non conseguiu erosionar nin o tempo nin outras mil cousas que pasaron.
 


31 diciembre, 2013

Feliz Ano

Acábase o 2013 e non teño nin a mínima sensación, nin de deixar nada atrás nin tampouco de ir a comezar algo novo. Só é unha noite máis, pero este ano non quixen someterme á tortura de botar a vista atrás e facer balance. O bo xa pasou e recordalo só traería nostalxia. E o malo, seguramente xa esté de todo olvidado, como debe ser. Así que , hoxe só miro adiante con todo o optimismo que me cabe no peito.
Xaneiro vai ser un bo mes, a pesar do frío e de que teño que camiñar soa, esta vez sí, xa liberada da pena do amor perdido. E mentiría si dixese que non estou ilusionada co cambio, porque diso se trata, de desexar as cousas que son irremediables para conseguir así certa felicidade.
Teño propósitos para o ano novo: vou camiñar agora que teño o meu  pe xa curado, e poñerme a estudiar, e recuperar a rutina que perdín cando el me dixo que non me quería.
***
Feliz ano a todos.