01 agosto, 2013
Fai tempo que non me deixo caer por aquí, pero non quero buscar excusas, nin moito menos. Hoxe comeza agosto e paréceme un bo día para voltar. Sin máis. Hoxe. Hoxe que Mariano Rajoy comparece no Congreso para falar de Bárcenas (xa o fixo a estas horas, decindo que se equivocou, sin decir moito máis). Hoxe, que todavía temos na memoria recente o accidente terrible do tren na noite do Apostol en Santiago de Compostela. Hoxe, que creo que estou sin mozo despois de meses dando tumbos nunha relación que non foi ben dende o principio.
***
Estou lendo un gran libro. El guardián entre el centeno. Síntome ben lendo esta novela, e poucas máis cousas agora consiguen evadirme do mundo.
***
Vin ao home máis guapo de Pontevedra co seu fillo en brazos. Canta ternura. E sentín un pouco de envexa , a verdade. Pero ao mesmo tempo sentín que agora o respeto máis. Quizais non cambie moito con esa criatura entre os brazos, pero eu quero crer que ser pai consigue cambiar a calquera. Presinto que non o verei máis, polo menos de momento. En parte pola súa vida, e en parte tamén pola miña. Xa non estou para determinados encontros prohibidos, nocturnos e carentes de sentido. Sinto que teño unha crise de madurez, eso é , de exceso de madurez,como si de pronto me acabasen de caer enriba cen anos. Son vella e sensata de pronto. E esto amólame e entristéceme profundamente. Son tan sensata que sei que non voltarei a bicalo. Xusto agora, que por fin comezo a ver nel algo máis que un rostro fermoso.
21 mayo, 2013
Hace tiempo que no escribo. Supongo que el motivo es sencillo, vagancia sin más. Claro que también podría ponerme estupenda y contaros que he estado muy ocupada últimamente con esto de la asesoría y los estudios y el amor, y la vida en general. Lo cierto es que en los últimos meses casi no escribo -salvo cosas de trabajo- y casi no leo, y me siento entumecida de arriba a abajo, atrofiada. Pero hoy se me antojó un buen día para comenzar de nuevo. La ocasión: la proximidad de mi cumpleaños.
Voy a cumplir una edad infame, terrible, que me acerca al abismo de los 40. Hay que decirlo en voz alta, sin pudor y sin temor, como buscando redimirte con el gesto. Voy a cumplir 38 años.
Reconozco que el año que pasó lo hizo de forma lenta, pausada, como si quisiesen dilatarse los segundos para que viviese más y más. Estoy intentando acostumbrarme al número, pero todavía es pronto. Busco la manera de celebrarlo sin demasiadas florituras ni muchas vueltas. Creo que ni tarta voy a tener este año. Me apetece desayunar fuera, en una terraza con la brisa de la mañana golpeándome la cara y las noticias frescas impresas recordándome que el mundo se va a la mierda. Ir a currar en bici y aprovechar a la vuelta para darme un paseíto por la Verdura y tomar una caña. Por la tarde debería regalarme algo, un collar , por ejemplo. Y ponerme mis mejores galas acompañadas de un rojo de labios intensos para ir a clase de inglés (el deber lo primero) antes de cenar en algún sitio bonito de la ciudad.
Suena casi perfecto.
19 abril, 2013
Comeza a calor , pero dunha maneira discreta, sin que casi nos demos conta, sin que nos acostumbremos. Uns raios de sol, máis nada. Abril discorre rápidamente e eu comezo a reinventarme nun 2013 que parece darlle a benvida ao porvir.
Merquei unha bicicleta e isto casi parece sinónimo de felicidade. Porque a vida debería ser só isto, as pequenas cousas do día a día, sin grandes pretensións , nada máis alá da supervivencia.
E si non durmo ben, si ando nerviosa ou abatida, si de vez en cando se apodera de min a ansiedade, non debo darlle demasiada importancia. Os cambios son eso, ao fin e ao cabo, un estruendo, unha detonación na existencia que fan que todo se remexa. Pero tamén nos cambios se pode encontrar unha paz distinta que se abraza ao futuro para facerse posible.
20 marzo, 2013
12:02 horas: iniciando primavera
12:02 horas.
Esta é a hora na que da comezo hoxe unha nova estación: a primavera. Supoño que a primavera leva implícita unha época de cambios, que agora mesmo, non deixa de resultarme cando menos gracioso. Cambio é a palabra que máis me ronda pola cabeza últimamente. Vivo no cambio. Igual que noutros tempos todo parecía quieto, inamovible para sempre, eternizante ata agonía, agora cada segundo indica un novo vértigo, unha nova fiestra aberta ao porvir, á incertidume, pero tamén á posibilidade. Cambios e máis cambios.
Sin embargo, qué rara esta primavera que está a piques de comezar. Fai frío. Un frío raro, de neve, invernal , que se che mete nos osos e que fai que dubides ata das estacións, esa certeza...Remataron as Fallas e todo indica no calendario que estamos nun novo tempo, que sairá o sol e que pronto compraremos vestidos floreados e bailarinas , pero fóra o aire conxélache as meixelas e o ceo ameaza choiva, unha vez máis. Máis a primavera é hoxe un feito a pesar da climatoloxía. Os días son máis longos e marzo estírase como chicle neste inverno tardío de todos os demonios. A primavera é un feito.
Pantalla de ordenador. Vaso de papel para o café. Mobil con internet (por fin) A fiestra enorme ás costas aberta á praza José Martí. O tempo discurre noutro escenario. Ainda non o creo moito, ainda non son moi consciente do novo marco laboral que me rodea, que construín sin pensar, casi sin querer. E agora, entre os coleteos primeiros dunha primavera que asoma tímida entre un frío invernal, redescúbrome a min mesma, traballadora, autónoma, libre.
03 marzo, 2013
Benvida ao barrio
Cando se comeza unha nova etapa hai certos xestos clarificadores, que simbolizan con rotundidade o principio de algo, e en certa medida transmiten unha especie de vibracións -sensacións, indicios, o que se queira- respecto ao futuro que nos agarda.
Eu chegaba a Santa Clara, ao edificio nº4, onde vou ter o meu despacho profesional, xa constituída como autónoma e despois de firmar o contrato de aluguer do local, o venres día 1 de marzo pola mañá. Chaves en man e vestida como se viste alguén cando ven de asinar un contrato que vai configurar o seu futuro, subín as escaleiras que levan ao primeiro piso.Cando ainda non me dera tempo a empuxar a porta principal do local chamoume dende abaixo un home que bebía unha lata de cervexa apoiado nun contenedor. Achegouse ás escaleiras e díxome que non tiña que preocuparme por el, que acostumbraba a dormir por alí cerca pero que non se metía con ninguén. Eu reaccionei con certa perplexidade, sin saber qué contestar e el continuou en tono amable dicíndome que xa me vira algunha vez por alí nos últimos días e que me desexaba que todo me fose ben. Finalmente, presentouse. Son Perfecto, dixo tendéndome a man. De maneira casi mecánica, e casi sin saír do meu asombro, baixei as escaleiras e dinlle un apretón de mans a Perfecto. O meu veciño máis achegado, o indixente que durme entre o lixo en Santa Clara e se alimenta do que tira o HiperFroíz deume amablemente a benvida ao barrio. Probablemente ninguén máis na zona se decatara das miñas idas e vidas polo edificio e da miña chegada como emprendedora a un dos despachos da primeira planta máis ca el. E , lonxe de asustarme polo seu aspecto e pola súa maneira de achegárseme , fíxome sentir na casa.
26 diciembre, 2012
Merry Christmas ¡¡¡¡
Fai tempo que non escribo e sin casi darme conta botouse enriba o Nadal. Un Nadal distinto, sen dúbida, polo que ten de novedoso no meu panorama particular.
Estou na mesma paisaxe da aldea, co mesmo frío fóra de todos os Nadais, coa familia, na calor da cociña...Todo igual un ano máis pero coa diferencia de que este ano non penso que me aburro, senón máis ben o contrario, dou as gracias por estar aquí, consciente plenamente de que algún día botarei todo esto de menos. Por eso este ano disfruto ao máximo de cada segundo entre os meus, por eso non quixen ir a ningún lado , nin siquiera cando me propuxeron pasar Fin de Ano por ahi, cousa que sempre desexei moito. Pero este ano non, este ano as cousas están ben como están.
19 noviembre, 2012
Hoxe quero mirarme o ombligo e escribir. Non sei qué , nin para qué, pero sinto a necesidade de volver a este espacio para atoparme de novo, para recuperar un pouco a esencia da miña individualidade atroz e absoluta, o que son en definitiva. O amor ás veces colócanos en escenarios máxicos , pero estos pronto se dilúen e deixan tan só tras de sí un rego de nostalxia amarga, foi bonito mentres durou, pensamos, e máis nada. Non tiven graves problemas amatorios, atrévome a afirmar que nin siquiera pequenos, pero sin embargo existe dentro de min a certeza de que algo se rompeu e que agora xa non pode reconstruírse. De pronto sucede un silencio que se alonga como un largo túnel negro, e sentes medo, e non encontras a saída, e queres berrar para salvarte dese silencio que te está deixando xorda para sempre. E si te ves berrando soa , o silencio faise máis denso ao teu arredor, e queres fuxir de alí, e quedarte ao mesmo tempo. Pero decides marchar mentres ainda hai bágoas que che fan sentir que estás namorada. E marchas por fin, e xa non hai volta atrás. Xa choraches, xa mostrasches a túa alma desnuda, o teu medo, a túa maneira de non soportar os reveses. E como si o amor tivese etapas e ti as coñeceses todas de memoria, e as foses traspasando de xeito irremediable. Ata que toca a desilusión, o sentirse ferida polas verbas e polas miradas, pero sobre todo polo silencio que oculta o que non se ve, pero que sin embargo pode sentirse.
No meu mundo feliz rompeuse a esencia das cousas, aquelo que contituía os cimentos da miña tranquilidade. Seino. Sei que hoxe é luns e que afora o mundo bule alleo ao meu virus e ao meu corazón decepcionado. Sei que o amor pode plegarse a ritmos distintos e agora toca afloxar. Non quero vivir con medo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
