20 marzo, 2013

12:02 horas: iniciando primavera

12:02 horas.
 
Esta é a hora na que da comezo hoxe unha nova estación: a primavera. Supoño que a primavera leva implícita unha época de cambios, que agora mesmo,  non deixa de resultarme cando menos gracioso. Cambio é a palabra que máis me ronda pola cabeza últimamente. Vivo no cambio. Igual que noutros tempos todo parecía quieto, inamovible para sempre, eternizante ata agonía, agora cada segundo indica un novo vértigo, unha nova fiestra aberta ao porvir, á incertidume, pero tamén á posibilidade. Cambios e máis cambios.
 
Sin embargo, qué rara esta primavera que está a piques de comezar. Fai frío. Un frío raro, de neve, invernal , que se che mete nos osos e que fai que dubides ata das estacións, esa certeza...Remataron as Fallas e todo indica no calendario que estamos nun novo tempo, que sairá o sol e que pronto compraremos vestidos floreados e bailarinas , pero fóra o aire conxélache as meixelas e o ceo ameaza choiva, unha vez máis. Máis a primavera é hoxe un feito a pesar da climatoloxía. Os días son máis longos e marzo estírase como chicle neste inverno tardío de todos os demonios. A primavera é un feito.
 
Pantalla de ordenador. Vaso de papel para o café. Mobil con internet (por fin) A fiestra enorme ás costas aberta á praza José Martí. O tempo discurre noutro escenario. Ainda non o creo moito, ainda non son moi consciente do novo marco laboral que me rodea, que construín sin pensar, casi sin querer. E agora, entre os coleteos primeiros dunha primavera que asoma tímida entre un frío invernal, redescúbrome a min mesma, traballadora, autónoma, libre.

No hay comentarios: