08 agosto, 2009

Vértigo

Teño a tristeza toda do mundo entre os dedos, densa e amarga. E moito dicir, verdade, a tristeza toda do mundo...e sin embargo penso que non cabe máis desolación nunhas pupilas nin máis dor concentrada nun corpo. Son unha boneca rota, outra vez, e non teño excusa. A culpa non xoga un papel demasiado importante, tan só importa este sentimento de frio na alma, de soedade de repente , insoportable, de vértigo. A nostalxia é unha ameaza noxenta que me atormenta, teño medo, medo de non poder soportar o paso dos días mirando atrás cada segundo, lembrando...sempre de aquí en diante lembrando...A tristeza toda do mundo...o tempo suspendido neste intre no que escribo, as bágoas esperando o seu turno. Non quero pensar, non quero morrer de novo por un desamor de contrabando, non quero sentir lástima de min. E sin embargo, doulle voltas e voltas e tan só me queda a amargura dun segundo que se fai infinito, que non cesa, que non me deixa ver a felicidade.

07 agosto, 2009

Conspiración

Un parente meu sufriu durante anos unha paranoia recurrente, cría que había contra él unha cosnpiración na que estaban involucrados policías, xuíces, políticos e mesmo familiares e amigos. Non se fiaba de ninguén, e en máis dunha ocasión dáballe unha volta completa á casa na procura de micrófonos e grabadoras ocultas. Algunha vez incluso chegou a desmontar un televisor porque dicía que colocaran cables extraños dentro. Ningunha organización se mantiña á marxe da súa existencia, era perseguido por ETA, polo Opus, polo Kukus clan...
Nestes días, ao escoitar as declaracións da número dous do PP non podo deixar de lembrar ao meu parente, cando se atopaba nos momentos máis graves da súa enfermidade mental. A teoría da conspiración -tan recurrente no PP- comeza a parecer xa ciencia ficción, e mesmo faría gracia se non fose porque está en xogo todo o sistema democrático. Acusacións tan graves como as que fixo Dolores De Cospedal non deberían verterse tan á lixeira, e menos sin probas contundentes. Esta muller representa a un partido político que foi o máis votado nas últimas eleccións, representa a voz de miles de españois, e non pode facer acusacións tan graves contra o Estado de dereito, e contra as institucións sin procurar ao mesmo tempo a defensa e a restauración da legalidade vulnerada.
Non é unha novidade que o PP cree cortinas de fume para eludir certos temas da opinión pública que lles resultan molestos. Hai demasiada merda dentro das filas do PP e non lles convén ocupar portadas nos xornais nin os minutos de máis audiencia nas emisoras de radio. Xa nos teñen acostumbrados a esas lanzas envenenadas que se lanzan ao aire ,e que acaban por atacar directamente á democracia. Pero máis grave ainda que as últimas declaracións -as das escoitas telefónicas- foron as declaracións referentes a que De la Vega utiliza ao Fiscal Xeral do Estado para perseguir ao PP e non para perseguir a ETA. Dicir esto é atentar directamente contra o goberno de xeito noxento e sin escrúpulos, pero tamén é ferir a sensibilidade de xeito gratuito de moitas víctimas da violencia de ETA, algunhas delas recentes.
Na miña modesta opinión, De Cospedal debería retractarse das súas acusacións, ou ben concretalas e esixir as responsabilidades legais pertinentes. De non ser así, está poñendo en perigo de maneira inxusta a democracia e as institucións, e debería , cando menos, deixar a vida política. Como cidadá, como número dous do partido maioritario da oposición, como avogada do Estado que é, a súa obriga e a súa responsabilidade é denunciar ,polos medios que proceden en dereito, calquera vulneración da legalidade e calquera actuación que poña en risco o funcionamento normal do sistema democrático.

05 agosto, 2009

LAS DECISIONES JUDICIALES HAY QUE RESPETARLAS SÓLO SI SON RESPETABLES...

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/08/05/0003_7889266.htm

Indiferencia

O home ao que amo díxome , despois de meses mostrando certa indiferencia, que estaba queimado por temas de mulleres. Quedouse tan pancho. Eu non teño palabras para combatir tal falta de tacto, de sensibilidade...Tan só lle dixen, "antes de ser unha máis, prefiro ser unha menos". Desde entón non deixa de chamarme a todas horas.

04 agosto, 2009

O auto da vergonza

O TSJV decidiu por dous votos contra un, arquivar a causa aberta contra Camps por considerar que non cometeu delito de suborno. Nunha interpretación restrictiva do artigo 426 o TSJV ventila un asunto que ainda que tan só sexa dende un punto de vista ético é de todo lamentable e vergonzoso. Xa dixo Camps nun acto público que Juan Luis de La Rúa -presidente do TSJV- era máis que un amigo, e aquí é onde comeza a peligrar a independencia do Poder Xudicial. ¿O auto trátase dunha decisión xurídica ou dunha decisión política?
En todo caso, ainda aceptando escrupulosamente a falta de responsabilidade penal que reza o auto, hai algo que queda claro: Camps mentiu no Parlamento, sin ningún tipo de respeto nin ás institucións nin aos cidadás. E nesa falta total de ética e de respeto parece que se mantén tamén Rajoy, que na súa última intervención , e tras conocer o sobreseemento da causa contra Camps, bromeu dicindo que gañaba a xustiza , o sentido común e os vendedores de tila. Non comento esta intervención, porque creo que xa está de máis. Faltan á verdade, rinse abertamente do pobo, e por riba continúan alardeando da súa falta de ética ,ao tempo que se dan palmadas nas costas por conseguir unha vez máis esquivar o peso da xustiza. Unha vergonza.

03 agosto, 2009

Praza de touros, zona vip: Eles teñen poder



A fin de semana deixounos momentos inesquecibles, algún dos cales plasmou con exquisito talento un fotógrafo do Faro de Vigo. Pois si, estiveron en Pontevedra , nas touradas, lucindo palmito na zona vip da plaza de touros estes tres pés para un banco. Rajoy coa mirada posta no infinito ou máis alá, os ollos coma platos, inmobiles, fixos nun punto. A súa beira, no centro do palco, o Presidente dos galegos e das galegas, o rei da austeridade, distraído en profundos pensamentos, algo aburrido, estando porque hai que estar. E ao seu lado, Louzán, con pose de sexsymbol, ollada seductora directamente á camara (detrás do obxectivo sempre se atopa o pobo) e man no peto, con xesto despreocupado; entre chulesco e burlón, ao xeito "porque yo lo valgo". O que menos lles importa a estes tres homes é o que está a suceder na area, os touros desangrados , morrendo. Eles están ao seu, a ser vistos, a pasar o rato. Son o poder e sábeno. Xogan na casa e deixanse querer.

Pero a foto recolle outro prodixio, a Chiny , a futura primeira dama de Galicia , con coroa e todo. Pois caeulle casi como por arte de maxia , sobre a cabeza a coroa da bandeira de Galicia. ¿Casualidade ou premonición?

Ay, qué bonito e ir aos touros en Pontevedra para ver tanto político morto de aburrimento.

31 julio, 2009


Cando todo remate, quedará a pegada dos días de sol na memoria, como un salvavidas, que nas noites de inverno nos rescatará do frío e da soidade.
Cando todo remate, non teremos ganas de olvidar, de mirar adiante, de pensar que todo foi en vano...
Cando todo remate -este verán triste que non se parece a ningún outro- os seres que amamos ainda estarán ahí, na nosa pel, como si fosen a quedarse para sempre. Serán pasado, si, máis pasado imborrable, inesquecible.