29 octubre, 2008

Outono

Cabe demasiado desamparo nunha gota de choiva de outono. Hoxe non vou andar na procura de ninguén, tan só vou procurar atoparme a min mesma, non incomodar a ninguén, máis nada.
Teñen o seu encanto os días morriñentos, cando o frío te espabila e o cheiro a castañas evoca a túa infancia. Os troncos na chimenea , ardendo, tamén son a consecuencia dos valores polos que apostamos, con decisión. Pode un mercar unha caixa na que enterrarse en vida, con fiestras a un lucido patio de luces con roupa colgada, ou pode, pola contra, botar raíces na terra, en contacto coa natureza e coa vida. Son aínda nova para comprender estas cousas, pero comezo a intuilas con certa precisión. En outono sempre debería haber unha chimenea con troncos consumindose en chamas, sempre un camiño de terra con árbores perdendo as follas ao noso paso, sempre o cruxido desas follas secas baixo os nosos pes...
Díxome hoxe alguén que está a redescubrir o mundo ao tempo que parte leña cun machado na finca da súa casa. E eu comprendino perfectamente, non sei por qué, pero si que o comprendín. Ten sentido. Temén é unha intuición.E dende a miña mesa de oficina, dende a miña pantalla de ordenador, tiven unha envexa infinita por ese tronco ardendo na chimenea, por ese calor de fogar, por ese café que seguro estará tomando agora, á beira do lume, mirando pola fiestra o mundo que continua alleo ao silencio dese salón, desa inmensa felicidade que lle proporciona a reencontrada tranquilidade.

28 octubre, 2008

Mensaxe nunha botella


Poderiamos pensar que as novas tecnoloxías, internet, telefonos móbiles...acaparan por completo a comunicación nos tempos nos que vivimos. Pero ainda hai espacio, e tempo, para redescubrir a maxia, a maxia dos contos e a maxia das palabras. E ainda chegan mensaxes en botellas, desteñidos, procurando resposta, agasallando sorte e esperanza.

Estamos inmersos nunha crise global, nun mundo global, no que a comunicación se transfire a través do teclado dun móbil, dun ordenador. Mensaxes curtas que conteñen co menor número de caracteres posibles toda a información que cabe nos meus ollos. E sin embargo, alégrame saber que alguén atopou en Ortigueira unha mensaxe nunha botella, procedente dun barco, na que figuraba a ruta do barco e se pedía resposta por email. A navegante autora da nota, Mary Joyce, ten nome de novela de aventuras, evoca soños infantís, tesouros escondidos, amores de navegantes.



Así debería ser sempre, achegarse á beira do mar, e atopar un agarimo feito verbas encerrado nunha botella. Un "quérote" ou un " boa sorte" tirado ao mar, para que o azar o faga chegar aos corazóns que máis o precisen. Porque a felicidade tamén ten que ver coa doce caricia das palabras que nos chegan sin avisar, sin ser agardadas , dende calquera lugar do planeta, dende calquera descoñecido.

27 octubre, 2008


A de cousas que pasaron nesta fin de semana. Primeiro, tivemos unha hora máis, ou algo así...e logo as novas que se foron sucedendo, sin tregua, sin pausa, sin presa...Derrubaron Carabanchel, e foi como querer tapar unha parte da nosa historia. Porque hai lugares que deben permanecer en pé, para ser testemuño vivinte do que alí pasou, do que alí se sufriu e das inxustizas que se cometeron. Carabanchel é un símbolo do noso pasado ,dos erros cometidos na nosa historia recente, e derrubar os símbolos e querer esconder o pasado. Agora , as xeracións futuras conocerán deste cárcere polos libros de historia, quizais por algunha que outra película, pero acabarán por esquecer que entre a liña 5 do Metro de Madrid e a Avenida de los Poblados miles de presos do franquismo pasaron as súas ultimas horas de vida, antes de ser executados polo dictador.


Outra nova relevante, Llamazares dimitiu como coordinador xeral de IU , despois de oito anos no cargo. No ano 2000 sustituiu a Julio Anguita ao frente do partido, pero tras os nefastos resultados obtidos nas pasadas eleccións xerais, que Llamazares atribuiu a un sistema electoral inxusto ,decidiu abandonar, e deixar vía libre para a elección dun novo dirixente, na asamblea federal de novembro. Vin a súa dimisión por televisión, e dígoo con total sinceridade, sentín mágoa , non sei, por el e tamén pola esquerda deste país, que sin dúbida perdeu a un loitador con auténticas conviccións politicas de esquerda. Quizais iso é o que lle sucede a IU, que son de esquerdas de máis neste mundo no que vivimos, no que o capitalismo e os mercados mandan, no que Europa marca os ritmos, no que vivimos a expensas do que sucede ao outro lado do charco, no que o global determina o noso día a día. Os argumentos de IU son esperanzadores, pero ao mesmo tempo son inxenuos e vólvense aire na nosa realidade. Confío de todos modos na reconstrucción de IU, na súa escalada dentro da nosa sociedade e no seu fortalecemento futuro.



24 octubre, 2008

23 de octubre; la tarde fue fatídica, y descubrí algunos de mis fantasmas, o se descubrieron. Entre ellos la agonía de saberme sola en este mundo amplio y desconocido. Puedes leer mil libros -tenían razón- y seguirás siendo un ignorante, porque para conocer el mundo tiene uno que haber estado allí, y palpar cada palmo de tierra y oler cada lugar, y compartir con todas las gentes del planeta miserias distintas.
El amor deja de doler con el paso de los años. Somos más sabios, más responsables, menos niños. No nos complicamos la vida. El amor se convierte en una herida oscura que no se cierra del todo, pero que tampoco sangra ya, que apenas nos invalida para continuar caminando.
El amor tenía un nombre. La tarde de ayer tenía una duda, una amenaza, un dolor punzante que no sabría colocar en un sitio preciso.
Pero siempre nos queda el mismo consuelo vago del tiempo, del paso del tiempo, constante, infinito...Y el tiempo acaba por colocarlo todo donde debería.
Hoxe -si fose lista dabondo- bebería ata rematar con todo, ata que non quedase nada que destruír, e só se puidese comezar de cero.
Beber, fornicar, perder a cabeza...abandonarse ao tempo e ao caos, como si fosemos libres de verdade. Ay, a liberdade, algo que non existe, que nos fan crer que nos pertence, a nosa vida, a cada un de nos, para decidir. Pero no fondo, nunca podemos ser libres.
E logo están os erros que cometemos, as decisións equivocadas. E o que é ainda peor, non decidir, deixarse mecer pola rutina, como si estivesemos nun cárcere de benestar que publicitan pola televisión ao longo dos días. Compra, disfruta, gasta. Non decidir é morrer na cor gris de días iguais, sin presente, sin futuro, sin esperanza.

23 octubre, 2008


Ultimamente non leo os xornais, por eso da crise. Son unha persoa depresiva e a caída da bolsa, os debates sobre os orzamentos, as mulleres que morren nas mans dos homes que as querían (ata que a morte nos separe, amén) as inundacións e mesmo o cambio climatico coas dúbidas de Aznar incluidas, deprímeme moito máis. Así que decidín ser un habitante do planeta que carece de información, que non sabe cómo vai a nosa economía nin cantos inocentes deixan a súa vida nas estradas. Sin embargo hai días nos que o café da mañá non ven con compaña engadida, que hai que ver a tele do bar (joder, hoxe tiñan o debate matutino sobre Gran Hermano) ou coller un xornal nas mans e facer o que toca: ver como está o mundo.

Collín a Voz, e na páxina 28 atopeime con sociedade: Atopouse un fósil de dinosaurio antepasado das actuais aves; os grupos trivais ante a perda das súas terras aumentan as súas tasas de adición e suicidio; quitaronlle un ril a unha muller pola vaxina; os fisioterapeutas van levar unha placa co seu número de colexiado para loitar contra os falsos títulos...Sin comentarios.



Logo dou unha volta polo resto, e non deixo de sorprenderme: A Zp non lle deixan ir cos do G-20 a falar da crise; hai lobos en Mazaricos que descuartizan unha vaca; maquillar a Palin custa 150.000 dólares;Ballesteros empeora...Menos mal que no medio de tanta negrura aparece un pouco de azul, para salvarnos do mundo no que vivimos, para salvarnos da crise , das elección de EEUU, do tempo que cambia constantemente ainda que Aznar non queira velo...Para salvarnos deste día no que eu -lembrando outro artigo- quixera sentarme no colo dun destes bichiños azuis, e soñar con outros mundos posibles, con outra felicidade.


Onte foi mércores. Un mércores frío de outubro, por fin,ou xa, quen sabe.Non estaba Gustavo na Cabaña, pero eu seguín lembrándome del, o seu espíritu sempre permanece. A volta teremos presentación do novo disco, que xa era hora, despois de tanto tempo agardando.
Dinme unha volta polo blog da Cabaña, e descubrín que é un blog recén nacido, que seguramente terá unha longa vida na rede, tendo en conta a cantidade de persoas que cada mércores pasan polo local. Non sei, hoxe abúrreme todo, casi todo.
Así que, con frío, nesta semana que se me fai costa arriba, digo tan só, ESTOU FARTA.