02 mayo, 2008



Chispa



Zipi



Doradito



Panchito e Quico

Ovellas

Estiven en Vilalba a fin de semana, e isto é o que máis captou o meu interese nuns días con sol, o rebaño de ovellas do meu pai. Sentín unha sorte de liberdade e de tranquilidade ben distinta a que experimento nesta cidade. O prado de detrás da miña casa familiar, cercado cun muro, sirve de pastizal a un fermoso rebaño ao que meu pai coida con esmerada paixón. E fermoso ver a meu pai -xa maior, o home- entregado á tarefa de pastor tardío, como unha expiencia vital na súa vellez que o recorforta ao tempo que o mantén ocupado e áxil. Manterse vivo cando parece que xa está todo feito na vida dun - casa feita, fillos criados- é tan só unha decisión persoal que cada un de nós ten que procurarse como poida. Admiro a dedicación e a ternura coa que meu pai afronta os anos de xubilado, sin deixar que os días pasen en balde, como si só lle quedase agardar a morte. Queda moito por vivir, e todavía lle falta moito que construír, e as súas ovellas son o exemplo claro da súa vitalidade.

illa de Ons

Estou estes días a pensar moito na illa de Ons, penso nela con certa nostalxia, nostalxia dos días do verán pasado. Pero ao mesmo tempo penso nela coa emoción e a ilusión que me provoca o saber que pronto voltarei alí, a eses fins de semana que trascenden a realidade e que nos levan máis alá dos nosos medos, dos nosos prexuizos e dos nosos horizontes. A illa de Ons é un paraíso no que cada un, no mesmo instante no que pousa os pés sobre ela, sinte que é libre para facer o que queira. A mente voa cando chegas á illa, cando te deixas engaiolar pola súa paisaxe, pola súa luz, polo ambiente en xeral que se respira.
Eu acostumbro a facer na miña vida o que me da a gana, sin ter moito en conta o “que dirán”, pero desgraciadamente non todo o mundo se rexe por estes mesmos principios. Sucede sin embargo neste paraíso especial que é Ons, que canto alí chega se sente de repente liberado de todos os tabúes que constantemente os reprimen na súa vida cotiá. En Ons todo o mundo se sente libre e ao mesmo tempo coa sensación de ter ao alcance da man múltiples posibilidades.
Vin ás miñas amigas en Ons e eran outras. Mesmo eu era outra. Alí fun eu en estado puro. De pronto deixaste arrastar polo hedonismo, bebes, bañaste no mar unha e outra vez e deixas que a salitre che vai curtindo a pel e rizándoche o pelo. Non precisas ducharte, nin botas de menos a auga corrente, nin a electricidade. Pola noite unha linterna é suficiente para guiarte polo monte arriba, polo camiño do Faro. O marisco da illa din algúns que é o mellor do mundo. A festa é indescriptible, no bar de Checho ata que sae o sol, entre música tecno, a canción do verán e o son en directo das gaitas.
Quen nunca estivo en Ons pérdese unha viaxe inolvidable, quen foi a Ons voltará sempre. Quedará preso dun influxo casi máxico que o fará voltar en canto poida. Ons é como un imán que atrae unha e outra vez a esas almas que se deixaron seducir pola súa esencia paradisíaca. A morriña que queda cando te vas, só se mitiga un pouco co convencemento firme de que vas voltar algún día.

01 mayo, 2008

Poema para mayo.

Se resiste mayo
en la ventana
abierta de par en par
otra primavera.
Con esta ya
son tres las
primaveras sin tu nombre,
como si estuvieses
muerto, o algo peor.
Sí, realmente es algo peor,
porque soy yo
la que se ha quedado fuera
de tu mundo,
como un ángel roto
deshauciado del paraíso.