Traballei no Instituto Galego de Consumo en Pontevedra dende o ano 2002 ,e no ano 2009 comezou a miña batalla xurídica contra a Xunta de Galicia e contra a empresa Eulen SA que me tiña contratada; batalla xurídica que a día de hoxe está ainda lonxe de rematar. Dende o 2009 a miña vida laboral non foi sinxela e a Xunta non mo puxo fácil. O TSXG deume a razón en segunda instancia e declarou nulo o meu despido, pero a ledicia durou pouco porque dous meses despois vinme de novo na rúa e ás portas dunha operación. Os feitos , máis ou menos, son estos. Pero non só me despediron a min, senón que non dubidaron en despedir tamén á miña compañeira, e deixar o servizo de atención ao consumidor en Pontevedra sin atender. Claro que a Xunta é poderosa, e por arte de maxia as nosas mesas e os nosos teléfonos xa son atendidos por novo persoal ,recentemente contratado tamén por Eulen. Eu non escribo todo esto para protestar por esta situación de todo inxusta e prepotente por parte dunha administración pública, que eso xa o farei donde teño que facelo ,que sendo eu muller de leis todavía me queda unha pouca de fe na xustiza. Escribo polos meus compañeiros, por todos eles, para que todos saiban que a eles non, a eles non lles van subir o soldo 2000 euros por moito que se vexan saturados de traballo por todo o lío das preferentes. Non lles van subir o soldo porque de repente teñan que asumir , sin experiencia e formación, todo o traballo que durante dez anos viñemos desempeñando eu maila miña compañeira na oficina do consumidor. Eles non son avogados, non coñecen as leis, non atendían ao público...Eles non tramitaban as reclamacións. E de pronto, vense co seu traballo non só duplicado, senón cunha carga de traballo que lles supón unha dificultade engadida por non ter nin a formación adecuada, nin a experiencia necesaria. Por eles escribo, porque me apoiaron sempre, dende o primeiro xuizo ata o último despido, porque estiveron á altura das circunstancias e tiveron que conxugar a súa responsabilidade como funcionarios e traballar o doble e esforzarse por prestar o servizo que os consumidores necesitan, coa indignación e a rabia e a impotencia que lles xenera ver como se machaca inxustamente a dúas compañeiras de traballo, no meu caso incluso podo decir amiga.
Escribo por eles, porque foron durante dez anos os meus amigos e a única familia que tiven en Pontevedra. Eles leváronme ao médico cando estiven mal, acompañáronme no hospital e invitáronme a comer coas súas familias. Sacáronmen de copas, acolléronme na súa intimidade máis alá das paredes e do mundo da oficina. E sufriron conmigo os xuízos, os despidos. E viñeron a declarar.E cando eu estaba no peor momento , cando o meu corazón comezaba a agonizar ás portas dunha operación , eles foron os primeiros en darme ánimo, en estar ao meu lado, en coidar de min.
Voltei á oficina para saudalos, para darlles ás gracias do único xeito que sei, e do único xeito que -coñecéndoos- sei que aceptarían, coa miña vitalidade e enerxías renovadas depois de operarme do corazón. Dinlles as gracias cun abrazo, en silencio ,sin decirlles que os quero e que os boto de menos. Pero sei que o saben. Non me parecía suficiente, porque a homenaxe que merecen , o recoñecemento que merecen vai máis alá das palabras e dos xestos. Eles son os que merecen os 2000 euros de sobresoldo por todo o traballo que están asumindo polas inxustizas dunha administración pública inxusta , pero ademais merecen o cariño e o respeto de todos.
Son o mellor que me pasou nesta cidade, e todo o mundo debería sabelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario