Hai situacións nas que a un non lle queda outra que tomar conciencia
do lugar onde se atopa, do tempo concreto –momento histórico- que lle está
tocando vivir. A realidade acaba por impoñerse incluso entre aqueles que son
máis inconscientes e que se resisten á entregarse á evidencia. Eu nunca fun
desas e por iso deixome naufragar entre
as follas dos diarios ata perderme de cheo , ata entender que España se
vai á merda e que a política de hoxe é un doblegarse aos mercados e as gobernos
fortes de Europa, que ninguén pensa en nós e que o da prima soa mal, moi mal,
cada vez peor. Pero as desgracias nunca veñen soas e ás veces non son tan
xenéricas como un mero dato estadístico ocupando o lugar predilecto nun
titular. As veces as desgracias sucédenche a ti, e entón daste conta do teu
anonimato, o xornal non fala de ti, como dicía aquela canción de Sabina, e sin
embargo ti, o teu mundo, a túa desgracia , toma unha dimensión tal que xa non
importa si a prima está en 600 ou en 700.
A miña desgracia preséntaseme en
forma de dilema, de decisión vital, de encrucillada urxente e casi imposible.
Ahí está, o reloxo marcando un tempo que se acaba –que se me acaba- e os
médicos plantexando opcións, falando de técnicas, de estadísticas, de riscos
probables, improbables…A miña vida na boca dos outros soa extraña, como si non
falasen de min, do meu corazón, do meu cable, do meu peito aberto.
E a realidade convírtese en
vértigo, en medo. Na posibilidade dunha mesa de operacións e que algo falle e
pase o peor, e sexa eu a que desperta da anestesia como dun soño, e entón o
pesadelo toma forma. Unha cicatriz que me abarca o peito enteiro, unha dor que
me indica que as cousas foron como foron.
Eu decido sobre a miña persoa. Eu
firmo ou non firmo. Eu mando sobre o meu corpiño que leva dentro o meu corazón.
O corazón leva un cable. E o cable é o dilema, a duda, o problema. A min puxéronme un cable e agora eu digo si o
quero quitar ou o deixo ahí ata que as bacterias o invadan e xa sexa tarde. E decido sin ser médico, sin saber, sin querer decidir. Con medo.
A prima de risco de hoxe difuminouse
entre mil pensamentos que me entumecen a cabeza. E o medo é casi palpable, físico, de carne e
oso.
¿Cómo decide alguén que
voluntariamente acepta que lle abran o peito dentro dun quirófano?
No hay comentarios:
Publicar un comentario