28 febrero, 2010

O día despois, con An Education na memoria

Pasou a cicloxénese explosiva pola nosa comunidade. A verdade é que aquí non se deixou sentir moito, pero a xente fixo caso ás recomendacións e permaneceron nas súas casas, conferíndolle á cidade un estado de insólito silencio e baleiro. Parecía un día deses , non festivo, senón de folga xeral; un día en extremo raro, como si tocasen toque de queda e todos tivesen medo de saír. Así que, neste panorama inusual, os máis osados disfrutamos dun día atípico que nos levou a ver unha gran película e a un café con confidencias que me soupo a gloria. Lembrarei o día de onte, sen dúbida por moitos motivos, pero sobre todo como o día da cicloxénese, a noite da cicloxénese, e a madrugada da cicloxénese. Hai fenómenos atmosféricos que se fan sentir dun xeito extraordinario nas nosas conciencias e que repercuten queiramos ou non, nos nosos actos. Polo menos a min gústame crer que é así, que onte foi así.
*
Algún día contarei en pasado o que sucedeu tan só fai unhas horas...porque as historias que ainda non están maduras, que ainda non foron asumidas de todo, non deben contarse. Unha historia cobra vida e explendor cando se narra dende os entresixos da memoria, cando se vai desgranando como unha evocación doutro tempo, con certo misticismo e parte de nostalxia. Hoxe é cedo para recordar, cedo para reconstruír os muros que se derribaron coa miña cicloxénese particular. Todavía chove , e o vento ainda acaricia o domingo , resistíndose a abandonarnos sin pelexar ata o final.
*
Os domingos teñen esquinas, como todo. As veces esas esquinas poden ferirnos máis fondamente se non nos andamos con ollo. Pero hoxe non. Hoxe queda o regusto dunha gran película na retina, desas que ao tempo que as ves, te van mudando por dentro, desas que te fan emocionar. Deitaste coa emoción contida desa historia que che chegou a través da pantalla grande dun cine, e co temor tamén de que cando despertes esa emoción xa non esté ahí. Casi sempre sucede, a emoción evapórase nun domingo gris , anodino, cheo de planes que comezan a superarme...Eu quería tomarte tres pastillas e deixar que o domingo pasase de largo como un suspiro irrelevante. Pechar os ollos e pensar no aire afrancesado da "lolita" de An Education, mentres se achega un luns máis...unha semana máis...Pero non sempre é posible, e agora toca subir a un coche rumbo a un restaurante ,con amigos que van rir e divertirse e convertir o día de hoxe nunha minifesta, alleos por completo aos efectos devastadores que a cicloxénese deixou en min.

26 febrero, 2010

Cicloxénesis explosiva

Non ando ben de todo conmigo mesma, pero a actualidade desta semana, queira unha ou non, fana despertar de vez , salir do letargo ainda que sexa dun xeito superficial e caótico. As perliñas públicas desta semana de supertemporal son moitas e variadas, e eu ,algo ausente por problemillas de saúde, subíme ao carro das noticias tarde e mal, pero non por iso deixei de divertirme poderosamente con todo o acontecido nesta semana do 23 F. Comezou a semana con esa xoia vertida pola boca de Rosa Díez, esa muller que se pode definir simplemente como Rosa Díez no sentido máis peiorativo do término. Rosa non só non rectificou nin pediu disculpas, senón que xustificou o seu xesto de referirse a Zapatero como "gallego, en el sentido más peyortivo del término" alegando que se refería a que non sabía si subía ou baixaba, pero sin ter intención en ofender aos galegos. Non hai moito que dicir. Agora sei porque eu ando sempre mareada, pensaba que era porque ás veces non funciona ben o meu corazón, pero non, é porque son galega e os galegos así andamos , que non sabemos si imos ou voltamos, si subimos ou baixamos...Gracias Rosa por aclararme tanto a miña propia estupidez.
Pero de todas as novas, a que máis me alegrou o xesto, foi a do cacharrazo (afortunadamente non pasou nada) que lle atizou Uriarte a un coche en pleno centro de Madrid, conducindo baixo os efectos do alcol. Vale que esto pásalle a calquera. Vale tamén que eu son a primeira que se chuza e que perde o sentido , pero a diferencia é que eu non son membra dunha comisión de seguridade cidadá nas Cortes Xerais, nin tampouco presidente das Novas Xeracións do Partido Popular. O rapaz, pobriño, ten certa intolerancia ao alcol, e claro, eso xogou na súa contra. Dúas cervexas que lle costaron unha semaniña de non te menees e a dimisión da citada comisión. A acta de parlamentario non, que tampouco bebera tanto. Para dimitir de diputado, polo menos farían falta un par de "güisquis".
Queda a piques de que remate a semana a ameza da chamada cicloxénesis explosiva, que sin saber moi ben en qué consiste doume conta ( ainda sendo galega) de que debe ser unha cousa ben mala, que nos porá en alerta vermella toda a fin de semana. Ameaza por tanto a climatoloxía con máis vento e máis chuvia, con máis roturas de paraugas e xornadas de televisión e sofá. Con este panorama por diante, espero poder quedar tranquilamente refuxiada no meu furado, madurando o meu novo "estado avestruz".

25 febrero, 2010

Os temporais de chuvia e vento non acompañan á felicidade. Os estados de ánimo depresivos , tampouco. Onte díxome alguén a quen comezo a terlle certo aprecio que precisaba enerxía, e que me atopa nun "estado avestruz",para referirse a ese estado de vergoña absoluta, a esa sensación ou desexo de meter a cabeza nun furado e non quitala de alí máis o xusto para respirar de cando en vez e sobrevivir dalgún xeito. O "estado avestruz" ata certo punto é un estado cómodo, no que non precisas dar demasiadas explicacións porque simplemente non te cruzas con ninguén que as vaia pedir. E o illamento total na túa propia autocompaixón, como si os teus propios erros se convertisen ao mesmo tempo nesa burbulla na que esconderte, na xustificación perfecta da túa falta de sociabilidade.
Hoxe síntome plena neste estado, e non teño pensado renunciar a el , a pesar de tomar consciencia de que non me beneficia en absoluto. Namoreime mal, equivocadamente, unha vez máis. E en min algo recurrente, esa paixón descontrolada que me leva a fixarme nas persoas menos indicadas. Pero este era dos bos, dos bos de verdade, deses que sabes con só miralos aos ollos que son de lei, que non che van a facer a puñeta, que non che van mentir.
Non debería engañarme a min mesma, este estado avestruz non ten nada que ver co desamor. Gustoume un rapaz, tiven unha boa noite con el e todo se esnaquizou despois, como soe suceder. Así é a maior parte das veces. Pero o mundo non se acaba neses bicos, nin nese soriso, nin nese rechazo. O meu estado ten que ver co peso da vida sobre as miñas costas. Conteillo onte moi gráficamente a un casi descoñecido a través do chat : cando eu era pequena, nunha das miñas estancias no hospital pola noite púxenme peor e tiveron que levarme á UCI. Eu non paraba de chorar e dixéronme para tranquilizarme que voltaría ao meu cuarto pola mañá. Pasei en Cuidados Intensivos quince días, completamente illada, conectada a unha especie de pulmón artificial e sin poder ver á miña nai máis que a través dun cristal. Durante eses quinces días eu era consciente do paso do tempo, de que amencía e logo chegaba a hora de comer - que era un suplicio porque o meu organismo rechazaba calquera alimento- e logo a cea e logo a noite, que se facía longa, mezcladas cos son da radio e das risas das enfermeiras falando das súas cousas mentres velaban polas nosas agonías...Eu era consciente de que detrás dun día viña outro ainda máis longo e espeso co anterior, e sin embargo , ao mesmo tempo, aquela estancia na UCI foi para min como unha noite penosa que non daba rematado. Pero o mencer chegaría, como me prometeran , e voltaría ao meu cuarto dentro daquel hospital, onde sí estaba permitida a compaña de mamá. Pasei quince días ou unha noite , non sei xa, agardando que chegase a madrugada. Agora pásame exactacmente o mesmo. Pasan días, quince , vinte, un mes...ou se cadra só se trata dunha longa e penosa noite que non da rematado. E eu agardo sen máis, que chegue o mencer, e que todo por fin vaia algo mellor.
Dedicado a D. F. pola súa paciencia e as súas verbas amables , cando máis as necesitaba.

18 febrero, 2010

E de noite. Unha noite das típicas noites da aldea, con calor de cociña e televisor que distorsiona, cousas das cadeas locais que son as que máis se ven na miña casa. Na era da TDT o aparatiño que vai facer funcionar a tele a partir do dez de marzo agarda tímidamente nunha esquiniña a ser colocado por alguén, e cumprir así a súa función, e non pudrirse de aburrimento no seu recanto. Qué preguiza, dende logo, colocar o aparatiño...E chegará o día do apagón e ninguén será quen de mover un dedo...polo menos nos primeiros días. Logo sí, porque papá botará de menos a telenovela da galega, e miña nai os debates de tele-monforte.
Ao final comprende unha, obsevando aos seus proxenitores, certas costumes, certas manías...Cousas que se van herdando dun xeito xenético,ou quizais, que vai unha mamando dende nena ata facelas como propias.
Pero o tema non era este, hoxe non. Hoxe pensei na última viaxe que fixen porque vin unhas fotografías e non sentín nin pinga de nostalxia, quizais porque se trata dunha viaxe recente. Sentín sin embargo unha nostalxia infinita ao comezar a ler unha novela. Nos primeiros párrafos abordoume unha punzada que me perforou por completo, que me deixou fóra de xogo por uns minutos, ao borde mesmo da morte. O párrafo en cuestión, publicareino outro día, hoxe non teño forzas para abrir de novo ese libro. Dame medo. O medo é tan incorpóreo, tan extraño...Sorpréndete en calquera sitio e logo non te deixa nunca. Parece que ao longo da vida o único que nos acompaña sempre, dalgún xeito,é o medo. Todo o demais pode chegar a desaparecer, ou mesmo podemos non sentir a súa presenza. O medo peta cada día na nosa fiestra e cólase nos nosos soños cada noite. Quizais é o que nos mantén vivos e alerta, quen sabe.
A noite é fresca. Por non dicir que é fría de carallo. Pero a vida na cociña cobra un sentido no que a climatoloxía non ten moita relevancia. Fóra pode chover , nevar ou o que sexa, que dentro da casa todo acontece dun xeito cotiá, día tras día. Esa monotonía que só se experimenta nas cociñas galegas e que da tanta calor, tanta tranquilidade.
Nestas datas de entroido sempre hai un plato de filloas sobre a mesa, que se agradecen a cada hora, que se reciben gustosamente ainda sin apetito, e mesmo con fartura. O proceso de elaboración non é sinxelo, din que hai que pillarlles o "tranquillo", pero ás veces a cousa complicase de máis. Mamá non se rinde nunca, nunca se ven abaixo cando se mete na cociña, ainda que non lle saian as cousas á primeira. Esa perseverancia sempre me conmoveu. Supoño que ese é o empeño que debemos poñer nas cousas que consideramos importantes, e para ela o máis importante é cociñar certas comidas que sabe que nos fan felices. Sí, somos así de simples na miña casa : a felicidade é un plato de filloas. Todo o demais é un escenario no que sobrevivir.

Fixen unha taza de tila. Agora deume polas infusións. Por aburrimento, creo. Ademais descubrín que teñen menos calorías que un café con leite. E menos lactosa, dende logo. Tampouco importa demasiado esto, nin nada. Pero así trancurre o tempo na miña aldea, como si nada puidese acontecer, salvo algo malo. Pero si nada malo sucede...entón, as cousas están ben como están, sin demasiados sobresaltos, sin grandes acontecementos.

17 febrero, 2010

"Lo peor no sería que no hubiese algo después de la muerte, lo peor sería que hubiese otra vida que fuese como esta"

15 febrero, 2010

Ravachol 2010

Cando me paro a pensar na miña propia vida, teño que ser sinceira, asoma un vértigo que non se asemella a nada, un escalofrío, certa desazón. Pontevedra comeza a ser máis nostalxia que presente, e cando penso nas súas cousas particulares, esas que a fan diferente de calquera outro lugar do mundo, non podo evitar sentir algo de mágoa porque no fondo sei que é un lugar perdido para min, que xa só terá sitio na memoria. O Ravachol é unha desas cousas que fan de Pontevedra o que é. Cidade dos mil diaños que acabou convertíndome a min á súa fe particular. Porque Pontevedra é unha maneira de sentir e de vivir, que ainda que ás veces provócame certa repugnancia, outras non podo máis que sentir certa tenrura ante as súas excentricidades.
Dende a distancia, botei de menos o entroido de Pontevedra, a presentación do Ravachol na praza da Peregrina, a recreación da botica...Non podía deitarme esta noite sin saber de que ía vestido Ravachol, e cando lin no xornal dixital a noticia e vin a súa foto, asegúrovos que sentín unha punzada pequeniña no corazón. Morriña.

14 febrero, 2010

"Que la vida iba en serio
uno lo empieza a comprender más tarde..."

Jaime Gil de Biedma, Poemas póstumos