04 febrero, 2011

Decidín que as promesas de ano novo non fosen -por unha vez- tan só promesas para incumplir sin impunidade e sin remordimentos. E fíxeno ao grande, volcándome nas miñas pretensións como si se me fose nelas a vida. Esta vez parece que está funcionando.
Deixei de beber como si non existise futuro máis alá do cú do vaso no que agoniza o vodka con naranxa, e tamén deixe apartada por decisión propia calquera tipo de atracción sexual cara o xénero masculino. Anulado deste xeito calquera tipo de desexo que poidese manifestarse na madrugada, e coa conciencia tan sumamente limpa , despois dun mes sin resquicio de vicio no meu horizonte insoportable, tan só me quedaba rematar a faena por completo e entregarme ao verdadeiramente serio, ao reto absoluto: deixar de comerme as uñas. Levo unha semana coa determinación firme de acabar dunha vez para sempre co que foi dende que era moi pequena a meu peor pesadelo , o meu gran vicio que ata hoxe consideraba irrenunciable. Si miles de fumadores ante a obriga legal de fumar nas portas das cafeterías, á intemperie , como parte apestada dunha sociedade que por fin respira ao mesmo tempo que tomar unha cerveza, pois por qué non ía eu deixar de meter os dedos na boca e rebañar a uña ata chegar á carne e saborear o meu propio sangue.
Nesas estou e vaime bastante ben. Como todos os que se propoñen vencer a un vicio que ten certo arraigo histórico na propia persoa, tiven que tomar algunhas medidas previas que sin dúbida estanme axudando moito. O primeiro un set de manicura, para cando sexa necesario (ahí está a motivación) ; despois, un brillo endurecedor con queratina, unha crema reparadora de cutículas, un cortacutículas e unha lima. A cousa está funcionando.
*
Anulado o desexo, e coa conciencia sumamente limpa, como dicía antes, a vida discorre no medio dunha tranquilidade que me acojona un pouco. Non beber, non follar, non perder os papeis, emocionarme o xusto e non ter a máis mínima posibilidade de namorarme estame proporcionando unha calma que nin tódolos tranquimazíns do mundo lograrían en mil anos. De saber que era tan fácil cantas visitas ao psiquiatra puiden aforrarme nos últimos tempos.
*
Ata sentarme nunha cafetería diante dun home polo que outros tempos o marcapasos se me poñía á altura da gorxa é agora un feito casi intrascendente.
Podo saborear o momento dun xeito distinto, sin esa tensión incómoda que me facía sudar e perder a consciencia da miña propia voz, do que estaba a dicir, facéndome quedar moitas veces como si fose parva. Desterrar da miña vida a atracción sexual, a posibilidade real de consumar esa atracción nun revolcón sin precedentes, levoume a aproveitar os momentos dunha maneira completamente distinta, e dende logo moito máis gratificante.

01 febrero, 2011

A marcha do millón: á procura da democracia

Mubarak ve o seu réxime desafiado pola vontade firme do pobo, que a pesar dos intentos de sabotaxe das comunicacións para evitar a convocatoria de manifestantes, botouse á rúa baixo un lema tan simple como clarificador: "pan , liberdade e dignidade".
Para hoxe está convocada unha gran marcha sobre Egipto, que se perfila como o principio da caída de Mubarak, a marcha do millón.
Mubarak contaba para facer decantarse a balanza ao seu favor cos brazos do exército, sin embargo onte o exército parecía negar este apoio á dictadura e posicionábase claramente a favor da democratización facendo público un comunicado no que manifestaba que as demandas do pobo eran lexítimas, e garantindo a liberdade de expresión pacífica para todos.
Deste xeito os militares exipcios viran as costas ao réxime de Mubark no que se considera unha invitación ao poblo a sumarse á gran marcha.
Parece claro que despois dunha semana de protestas continuadas e pacíficas nas rúas de Egipto, toda unha xeneración de xóvenes está a demostrar que está preparada e que reclaman dereiros e oportunidades, non para sobrevivir, senón para vivir en dignidade, máis alá do xugo da dictadura, e que son quen de encauzar o camiño da reforma de cara a un réxime democrático, calando as voces dos que como pretenteu o dictador caído en Túnez, queren ver detrás deste levantamento popular a rúbrica do islamismo radical, e non as ansias reais dun pobo de liberdade e democracia. Véñenseme aquí á memoria as palabras de Huntington na súa exposición sobre a terceira ola democratizadora: "as democracias consolídanse cando o pobo aprende que a democracia é a solución ao problema da tiranía pero non necesariamente a todo o demais"
A dúbida é agora descubrir si a transición democrática vai levarse a cabo con ou sen Mubarak, que xa puxo ao seu vicepresidente na palestra para negociar cos opositores, nun intento de conservar o poder.

29 enero, 2011

28 de xaneiro, sete da tarde. O pleno do Concello de Vilalba comezaba puntualmente coa presenza de tódolos concelleiros e escaso público na sala. Abriu o alcalde con tono desidioso e certa apatía que non fixo máis que ir en aumento co transcurrir da tarde, ata chegar ao punto de apoiar a cabeza na man e dormitar uns segundos mentres falaba unha compañeira do Partido Socialista. O pleno era de temática suave, aprobar tres ordenanzas e pouco máis, vamos ,que pintaba bastante aburrido.
A primeira ordenanza ía sobre a regulación dos usos do Auditorio e a Casa da Cultura. Os criterios resultáronme cando menos curiosos, sin entrar na calificación de "atracadores" que empregou o portavoz do BNG. A ordenanza regula os usos destes espacios públicos neste sentido: Cadaquén que queira expoñer unha obra de arte nas salas de exposición destes locais terá que entregar ao Concello como pago unha das súas obras, e ademais resérvase o Concello o dereito de compra de todas as obras expostas cunha rebaixa do prezo do 50%. En canto aos escenarios dispoñibles, cada persoa ou entidade poderá solicitar dúas veces ao ano o uso destes escenarios para actos culturais , previo pago de 350 euros. Aquí , precisou o alcalde fervorosamente que quedaban excluidos os actos políticos e sincicais, insistindo ata o aburrimento na palabra "sindicais" como si se tratase dunha verba recén descuberta e da que lle gustaba presumir de conocer.
A defensa da ordenanza polo edil de cultura non tivo desperdicio, calificando como actos culturais as vodas, referíndose ás mesmas como representacións teatrais, e defendendo a ultranza os concursos de mises como espectáculo cultural estrela da programación cultural anual do Concello, en palabras literais do concelleiro García Leira Boado "Un acto cultural é un concurso de mises. É a única maneira de levar aos rapaces ao Auditorio, é a única maneira de que pisen o Auditorio" para continuar dicindo que non había nada de malo en ir a disfrutar nesas edades mozas da beleza das rapazas e rapaces. Sobra lóxicamente comentar ao respecto a política de promoción da cultura que leva á cabo a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e os medios de incentivación da xuventude tanto na participación como na asistencia a espectáculos que se podan tildar verdadeiramente de culturais.
En canto ao das vodas, viña a cousa dos últimos acontecementos que tiveron lugar no Concello, concretamente a celebración dunha voda que tivo lugar nas instalacións do Auditorio de Vilalba.De ahí o de incluír con descaro e de xeito totalmente impúdico as vodas dentro da categoría de acto cultural asimilándoas a representacións teatrais. As voces do Bloque e do PSOE non se fixeron esperar e non escatimaron en ironía e argumentos contundentes en contra da ordenanza, a pesar de que unha música de gaitas procedente da sala do lado enchese o salón de plenos solapando as voces dos concelleiros. Nese intre, estupefacta porque ninguén se inmutase pola irrupción da música e da molestia evidente que causaba preguntei tímidamente si esa música era normal. "Ensaian no local do lado todos os venres, sempre é así", contestoume unha muller con naturalidade, como si nin siquiera reparase na música por ser algo que forma parte do ambiente normal dos plenos ao que está acostumbrada.
Seguiu a cousa con ordenanzas sobre as piscinas e espazos deportivos que se aprobaron sin debate para continuar logo coa regulación de tasas por uso de espacios públicos na rúa e algunha pregunta sobre contratación administrativa e pouco máis. O pleno estaba dando máis de si no que en principio se esperaba e o alcalde comezaba a falar con tono despectivo aos edís do PSOE e a apurar o paso para rematar canto antes. Eu xa facía tempo que me perdera nas notas das gaitas e no xesto anodino do alcalde que cada vez que a portavoz do POSE lle pedía a palabra contestáballe " a ver..." querendo dicir realmente "a ver que vai dicir esta tonta agora".
*
Estaba sentada diante dun señor moi importante que se me presentou como "eu son o xefe de todo esto" , e despois da confianza que proporciona media hora de conversa sabéndote protexida polo secreto profesional, atrevinme a pedirlle un consello como home de certa experiencia por idade e pola súa carreira profesional. A resposta foi contundente "enfréntate a el todos os días, mírao con xesto desafiante e si che di algo , chámalle gordo". A miña pregunta era sobre cómo tratar a un xefe que te desprecia e te infravalora, ata casi conseguir anularte como persoa.
*
O seu paso pola miña vida só me deixou como recordo a metade do seu DNI ,abandoada no chan do meu salón ,pola parte na que sae a fotografía ( non quero nin imaxinar como se lle partiu o DNI en dous e moito menos por qué levaba no bolsillo o anaco de plástico como documento para identificarse) e uns emails con fragmentos do que ía ser a súa próxima novela que eu fun pouco a pouco clasificando e gardando nunha carpeta que poñía A NOVELA. O pedazo de DNI gardeino nun dos meus bolsos e fai tempo que o perdín de vista, probablemente porque o bolso no que o gardei xa pasou a mellor vida. En canto aos emails, funos borrando a medida que os ía recibindo e que ía gardando os textos no escritorio do meu ordenador, ata que un día un fallo informático acabou co meu disco duro e fixo desaparecer para sempre aquel tesouro que eu relía cada noite mentres agardaba impaciente a próxima entrega da novela na miña bandexa de entrada.

26 enero, 2011

Hai tardes nas que unha non pode máis que tirarse no sofá e abandonarse á suavidade dunha manta e o olor penetrante dunha taza de café, cos soños esnaquizados polo chan, pensando "xa os recollerei maña". Mañá, ese anhelo constante: o futuro que ten que chegar como unha salvación de tódolos fracasos que se acumulan no presente desordenado e intransitable. Hai tardes nas que non sei respirar máis que nunha folla de papel ou no teclado do ordenador e os desexos son tan só renuncias asumidas interiormente, algo que xa non vai a suceder nunca, porque simplemente sei que non teño forzas para intentalo.
E todo e nada ocupan o mesmo espacio; a miña cabeza parece que vai estoupar e as bágoas saen soas como si se tratase dun surtidor, nunha especie de espiral de emocións incomprensibles que cada vez se van enredando máis , ata casi facerme desfalecer. Estou profundamente triste e si tivese ánimo argallaría algunha maneira limpa e indolora de suicidarme un pouco, o xusto para non ter que pensar na soedade que me rodea, nos pedazos de renuncia que cubren o chan á miña beira, no burato que o meu corpo deixa no sofá como metáfora cínica da miña existencia.

19 enero, 2011

"No enamorarse más de tres veces. No hacerse notar en lugares públicos.No matarse dentro de un coche o fuera de él, evitar países en guerra y bares que contengan más de dos camellos..." Lin estas verbas nun blog esta mañá e non puiden resistir a tentación de pegalas aquí, porque gardan algo de verdade e algo de poesía, e supoño que estos son dous bos ingredientes para construír unha vida.
*
As cousas deberían de contemplarse sempre dende o prisma da relatividade, quizais a única certeza existente ao cen por cen. Que todo é relativo xa o dixeron ao longo dos séculos filósofos e pensadores de todo tipo ,que simplemente baseándose na observación do mundo e nas leis da razón e o coñecemento chegaron a conclusión de que todo , absolutamente todo, é discutible. A relatividade coa que podemos contemplar o mundo no que vivimos, as rutinas cotiás que nos aflixen e mesmo as que nos fan sentirnos satisfeitos, permítenos alcanzar certo estado de tranquilidade, certa armonía coas cousas e una actitude máis flexible de cara aos problemas.
Hoxe deixome seducir por esta idea como si fose a única, e funciona. Porque o que onte me causaba tremendo pesar, hoxe simplemente me parece anecdótico e pasaxeiro. E sempre hai camiños e esperanzas novas mentres permaneza intanto o desexo. Hoxe non quero morrer na tristura encandescente que me provoca a realidade da miña existencia presente. Hoxe non quero tampouco correr cara o futuro nin precipitarme a ningún abisco na fuxida. Hoxe tan só síntome con forzas renovadas ao reflexionar sobre como se poden manexar as ideas, como poden mudar de inquedantes a simplemente soportables, e como é posible saír a flote a pesar dos feitos que nos sacuden.

18 enero, 2011

Supongo que no puedo negar la evidencia, algo de daño me hace el ver nada más abrir el facebook la fotito minúscula de su perfil que me indica que está disponible. Disponible antes significaba que yo (o él) le decía hola toda salerosa y nos poníamos a parrafar un rato sobre lo divino y lo humano, sobre lo todo lo intrascendente de la jornada, en tono de humor y optimismo. A veces servía para darnos ánimos o felicitarnos por algún que otro éxito, para pasar después, con el teclado cansado y el ordenador colgado a continuar la conversación por el móvil.
Ahora disponible es un estado más de uno de mis amigos del facebook que no me influye para nada, no va a haber saludo por mi parte y tampoco por la suya, y lo único que supone ese "disponible" es una tortura cruel que me recuerda a cada instante que en algún momento cometí algún error y que no me fué perdonado.
Terminar con este dolor que me atraviesa desde la pantalla del ordenador no conlleva un gran esfuerzo ni hace falta estrujar mucho los sesos, bastaría desagregarlo en un simple toque sobre la pestaña eliminar, pulsar con el dedo con contundencia sobre el enter y olvidar para siempre la foto minúscula de su perfil y las palabras horribles que me dijo en su día y se me quedaron grabadas a fuego en mi memoria. Pero la esperanza -pequeña, diminuta- que todavía albergo de que suceda algo que nos devuelva al mismo punto en que todavía no había pasado nada, todavía no habíamos gritado, ni peleado ni me había desprecidado hasta el infinito,me impide tomar esa determinación y aguantar día tras día la tortura de su estado disponible, a la espera de que algún día podamos volver , no digo ya a la complicidad o al cariño de entonces, pero sí a un camino de reconstrucción en el que tenga cabida de nuevo nuestra amistad.
Puxen ao día os meus emails nun intento de poñer ao día a miña conciencia,pero non funcionou. Son as respostas a eses emails as que me centran por fin, pero non de todo, porque cada email recibido require outra nova resposta, e así ata a fin dos días.
*
Cando era pequena e ía de Vilalba a Lugo no coche con meu pai tiñamos que pasar por Rábade e atravesar a vía do tren. Eu excitábame moitísimo ante a proximidade dese pequeno desnivel , deses raíles que atravesaba o coche como si dun bache mínimo se tratase, apenas había que reducir un pouco a velocidade e escoitabase un pequeno ruído que eu sempre acompañaba coa miña voz nun intento onomatopéllico de imitalo. Duraba aquel ritual dous segundos e sin embargo eu ía alerta todo o camiño, mirando pola ventanilla ,cada vez máis inquieta ao tempo que nos achegábamos á vía. Era unha ledicia casi insoportable. E máis ainda cando en veces contadas, cando nos aproximábamos ao punto no que a vía atravesaba a estrada , atopábamos coches parados, o indicativo de que estaba baixada a barreira. Eso significaba algo casi máxico, só comparable na fascinación que en min provocaba á noite de Reis : ía pasar o tren. Si che tocaba que baixaran a barreira xusto antes de que pasaramos, entón xa era a leche. Así tiña eu a posibilidade increíble de ver o tren en primeira fila como unha espectadora privilexiada do maior espectáculo do mundo. Escoitábase primeiro o ruído que anunciaba a chegada do tren, despois pasaba rapidísimo e breve, como unha exhalación, sin que dese casi tempo nin a contar o número de vagóns, sempre demasiado poucos para as miñas ansias infantís.
*