17 enero, 2011

O mesmo día que Antón Louro facía oficial a súa candidatura á alcaldía de Pontevedra e remataba o Estado de Alarma, eu abordaba á saída do mitin a Pepe Blanco e dicíalle coa naturalidade coa que só se lle fala a un ministro de Palas que non esqueceu as súas raíces : "Pepe, ¿non irás para Vilalba ?" por si de paso que ía me levaba á cea da miña agrupación.
*
Todos os homes aos que quixen nos últimos anos quíxenos sin querer querelos, e desa loita entre o meu corazón e a razón nunca saín fortalecida.
*
A primeira vez que reparei nel con ollada de desexo eu levaba uns calcetíns blancos de corazóns vermellos e uns zapatos de charol, cunha saia branca moi voluminosa e moi curta. El levaba ao lado unha rapaza que eu casi me atrevería a dicir que era a súa novia. Escapouse dela en varias ocasións, durante apenas uns segundos, o tempo xusto para achegarse a min e dicirme en voz moi baixa que lle encantaban os meus zapatos de charol. Cando xa se ía para a casa retrocedeu só, sin a rapaza , que debeu de quedar agardando por el na porta do after, e veu falar conmigo por última vez, á desesperada. Pediume o número de teléfono e dinllo. Nunca me chamou. Pero un día volvimos a encontrarnos.
Outro luns, outras inquedanzas que parecen as mesmas; e esta chuvia plomiza sobre a cidade, sobre o ritmo cotiá das miñas ansiedades.
Quixen que a fin de semana me mecese un aire distinto , e casi conseguín sentir algo semellante ao entusiasmo. Alí estaba él, entre un bullicio de xente , de políticos, de eslóganes e aplausos. El , alleo a todo e ao mesmo tempo tan involucrado, facendo o seu traballo e ollándome de reollo, sin perder de vista o obxectivo da súa cámara, aburrido, farto do escenario e daquela tarde que eu vía que se lle facía costa arriba. Sucedéronse verbas con tono triunfalista, o ministro, o secretario xeral, o candidato...Si non me gustase tanto a política non podería xustificar a miña ledicia alí, baixo a calor de focos e humanidade, tanta xente nun mesmo espacio: unha tarde importante. Pero sobre todo , él. El xustificou tamén que eu estivese alí chea de ledicia. Un guiño de ollo, un pequeno encontro nas escaleiras, un toque no brazo, máis nada.
Deixei atrás ao entrar o ano cantos vicios me quedaban, e sin embargo, na tarde da política de Pontevedra, no día grande de Louro, soupen que entre todo o que pretendía deixar atrás non se atopaba él. El era quizais o único soño que me permitía traer dende o outro lado das cousas, desas que voluntariamente me plantexei deixar atrás. Si teño que ilusionarme con alguén, ou intentar alcanzar uns bicos que me emocionen verdadeiramente , será él o único que esté no meu punto de mira.

14 enero, 2011

Renunciei no segundo día do ano, cando España renunciaba ao fume nos bares, a dous praceres que últimamente non me trouxeron máis que disgustos: o alcohol e os homes; así dun xeito drástico e sin contemplacións de ningún tipo. Era necesario. Por suposto que estas renuncias teñen que ter a súa contrapartida, unha especie de hábitos sustitutorios que fagan dos días algo máis placenteiro do que levo vivido no último ano. Ainda ando dándolle voltas ao tema sin consegir atopar esas outras actividades que teñan en min o calado que puideron traerme noutros tempos unha boa borrachera ou un romance frívolo e pasaxeiro en calquera noite de verán.
*
Descubrín un romance extraño entre dúas persoas que tiveron -e incluso teñen- certa relevancia na miña existencia. A el ameino moito, pero o amor ,como as dores, non poden lembrarse, tan só pode lembrarse que unha vez se amou, pero non a intesidade nin as sensacións que naquel momento nos enchían por dentro. A ela, considereina nun tempo algo máis que compañeira, amiga talvez, para relegala despois , polos simples efectos que provocan a apatía, a pereza e as diferencias de opinión , nunha compañeira máis de traballo pola que conservo un afecto irreductible do que non consigo desfacerme.
Lonxe de doerme ou molestarme o seu romance, máis ben me provocou unha certa sensación de vergoña, algo así como esas historias de amor que se ven nas telenovelas sudamericanas e que me parecen sempre estridentes e ridículas.

12 enero, 2011

Escoitei pola rúa como un pai lle dicía ao seu fillo que o Nadal xa rematara e que agora tocaban os Carnavales, para logo poñérense a cantar os dous " Carnaval, carnaval, carnaval te quiero..." ´Sentín nese instante unha pereza insopotable, unha dor que era máis poderosa ca min mesma, como si de novo un tribunal me acabase de condear a outra morte cando ainda non me recuperei da condea que supuxeron as festas do Nadal .Sentín frío e como o corpo enteiro tremía ante a expectativa dunha maquinaria que non cesa xamais, que nos conduce de xeito irremediable a datas especias, a cada cal máis aparatosas sen darnos tregua. "Agora toca o carnaval", dixo o pai ao seu fillo con aire xubiloso, e eu , casi me boto a chorar alí mesmo, no medio da rúa, chea de impotencia, completamente derrotada.
Logo contarónme que o home ao que máis amei, un compañeiro de traballo que me levou aos límites da miña cordura e da miña fortalez, estaba agora coa miña compañeira de traballo, coa que tantas veces compartín eu os problemas que tiña con el , os encontros e desencontros, como se construiu o amor e como finalmente se instalou o desamor. Nun principio sentino coma unha traición pola súa parte, non porque se deiten xuntos, (quen son eu para privarlle a ninguén de continuar adiante coa súa vida) senón polo feito de que non mo contase. Quizais agardaba unha especie de lealtade mínima entre compañeiras que se enfrentaron xuntas na mesma batalla e sufriron a mesma derrota. Pero despois, lonxe dun enfado que en principio crin inevitable, sentín unha pena inmensa polo destino dela, outra víctima máis das garras dun home manipulador e dandy que sabe como conquistar para conseguir das mulleres o que se propón, sempre dun xeito interesado. Sentín lástima por ela, e ao mesmo tempo a necesidade de protexela dalgún xeito, para que non tivese que pasar por todo o que eu pasei.
A miña psicóloga díxome un día, falando da relación que mantiña eu con este home, que era un maltratador de libro, e que cando me tivese a min no lugar que ocupaba a súa muller ( totalmente anulada e deprimida, sin alegría e completamente sumisa) buscaría outra diante dos meus ollos, para que eu asumise como normal esa nova situación. Naquel momento non tomei en serio as advertencias da miña psicóloga, cegada polo amor que sentía por el, pero co tempo dinme conta de que as historias non fan máis que repetirse unha e outra vez, e que todo, absolutamente todo está escrito.
Hoxe non son eu a víctima, e quizais debería esquecerme do asunto, pero unha especie de compromiso humano fai que me involucre ainda que finalmente saia mal parada. Curiosas as voltas que da a vida, para chegar sempre aos mesmos finais cheos de erros e de fracasos.

10 enero, 2011

O día amenceu morriñento na cidade, con chuvia e soedade a medias. Sin naranxas para facer zumo e cunha entrevista a Felipe González servida na parrilla telivisiva: o único luxo matutino.Tiven que arrastrarme á oficina tirando por min , porque non quería ir. Non quería ir. Pero fun. Fun e non me foi tan mal. Logo todo foi un revolvérseme as tripas por dentro e comecei a morrer un pouco en vida. Cheguei á casa e non puiden facer nada máis, tan só tirarme no sofá e contemplar a vida dende a posición pasiva da horizontalidade, intentando non pensar en nada, non sufrir por nada, non lembrar absolutamente nada.
Espero a hora de ir a inglés como quen agarda a súa execución na silla eléctrica. Só me falta concederme unha última comida pero nin diso teño ganas. A palabra de hoxe debe ser esa: inapetencia.

08 enero, 2011

Joe Hisaishi Live - Summer ( from Kikujiro )



"_Señor, ¿cómo se llama?
_Joder, Kikujiro...A buenas horas ¡¡¡¡"



Porque ás veces é posible unha viaxe cara a humanización, tan só precisamos que alguén confíe en nós e nos dé a man, facéndonos crer que somos nós quen o guía, cando realmente e él quen nos guía a nós , non cara ningún lugar, senón cara un xeito distinto de ver as cousas.

05 enero, 2011

Entrei no ano novo cargada de propósitos, como casi todos; pero esta vez sí, esta vez ían levarse todos adiante porque o meu corazón cansado de mil batallas e de mil derrotas xa non pode permitirse voltar a caer. Esta vez os propósitos de ano novo nada teñen que ver con soños imposibles ou esforzos sobrenaturais, non teñen que ver coas grandes pretensións que nos rondan ás veces os mortais nesta vida, nin cos quereres anhelados que nunca se deixan ser. Esta vez, mirei de cara ao futuro e simplemente sentín que entre él e eu había unha débeda pendente que debería cumplirse. E comecei a cuidarme a min mesma para que nada malo me sucedese.
*
Quedaron atrás as persoas que non souperon ou non quixeron seguirme, porque eu non podo xa perseguir imposibles. E nun acto moi representativo comecei a desagregar peña do facebook como quen barre do chan os restos de confeti despois dunha festa que rematou non como quixeramos. Pronuncei adeuses en silencio cos que ía despedíndome de cada unha das persoas que quedaron para sempre no 2010 e tomei a determinación -irrevocable- de no 2011 querer tan só a quen me queira.
*
Fun a esquiar por primeira vez na miña vida e ainda que agora teño o corpo como si me desen unha paliza de morte, síntome algo máis viva. Pero esto é outra historia, que xa contarei.