25 junio, 2010

Fixen unha viaxe rápida por este blog e atopei unha entrada que hoxe me parece sorprendente. A do 5 de abril do 2008. O que nese día escribín non deixa dúbida de que estaba verdadeiramente ferida, decepcionada, triste. Supoño que a sensación terrible daquel fracaso amoroso non durou moito tempo nin foi tan tráxica como se deduce das miñas palabras. Eu tendo sempre a ser un tanto esaxerada cando expreso en quente os máis íntimos sentimentos. Por suposto que debeu ser unha noite de venres espantosa na que tiven a certeza de que ese home non me quería nin me ía querer nunca, pero o que máis me doeu , penso eu que foi que por uns instantes crín ver nos seus ollos algo de interese. Eso é , doeume equivocarme.
A vida -caprichosa- da moitas voltas, e hoxe , ese mesmo home do que falo o 5 de abril do 2008, chamoume por teléfono tres veces ao longo da mañá. Hoxe, un venres tres anos despois, coqueteaba coa voz, coas palabras e sorría promesas e entusiasmo. Os meus tempos cambiaron, díxenlle. E creo que llo dixen convencida, porque no fondo estou chea de medo. Non quero voltar a equivocarme, sentir de novo o fracaso estrepitoso daquela noite de abril de fai tres anos, na que soupen que non me quería, que non me ía a querer nunca.
Sin embargo, el fálame do destino, e do tempo que se empeña en xuntarnos a pesar de todo, e eu sucumbo unha e outra vez á súa ollada e á súa boca miúda que me fala dun xeito suave. ¿E si tivese razón? ¿Si detrás da imaxe que me formei del non existise nada máis?
E curioso o tempo. Dicía un profesor meu que só existía o tempo da memoria, que era o único que verdadeiramente pódía medirse. O tempo da memoria. Pasaron tres anos, e sin embargo, cando estamos frente a frente, tan só existe entre nós a mesma chuvia sobre as rúas empedradas da cidade, á beira do Teatro Principal, encollidos de frío mentres decidimos qué rumbo tomar. As veces acabábamos na Oliva, na miña casa. Empapados deixábamonos caer sobre o sofá e agardabamos o mencer entre cervexas e conversas e caricias que non pasaban de ahí, dese punto intermedio entre a excitación de dous corpos e a culminación do desexo contido. Non lembro bicos, nin sexo. Lembro horas interminables coas pernas entrelazadas e os ollos entrepechados polo cansancio. Había unha ternura extraña que non sabiamos definir e á que nunca soupemos entregarnos de todo. Tíñamos medo de algo, probablemente eu del e él de min. De namorarnos, quizais, e que saltasen polos aires todalas nosas diferencias e esnaquizasen aquela intimidade que se creaba sempre nas noites de chuvia.
Creo que o quixen moito. Creo que nunca llo dixen.
Pero fai apenas unha semana conteille que conseguiu convertir as noites de chuvia en un espectáculo tenro e melancólico asociado sempre ao seu nome. Recuperei con el a ternura da chuvia sobre as rúas empedradas de Pontevedra, á beira do Teatro Principal.
Agora voltamos a algún punto no que xa estivemos, coma si se tratase dunha segunda oportunidade. Pero non sei cal é ese punto nin por qué camiño tirar agora para non repetir os mesmos erros. Xa intentei querelo unha vez e xa me demostrou que non estaba preparado, que non era eu a muller da súa vida. E agora, non estou moi segura de querer intentar nada.

Unha pantasma

En algo tiña razón cando me dixo que as cousas cambiaran no noso entorno para sempre, que as cousas entre os dous cambiaran tamén para sempre. Hoxe puiden comprobalo non sin sentir certa punzada de satisfacción. Entrei e nin siquiera tiven que miralo para saber que era pasado. O pasado hai que colocalo nalgún sitio para poder continuar, lin unha vez. Ou simplemente traspasalo,convertilo noutra cousa etérea e incorpórea que non pode xa afectarnos: nunha pantasma. E alí estaba él, lucindo probablemente un moreno esplendoroso e un tipo de espanto, ben vestido, conxuntado, co pelo colocado no seu sitio e cada arruga do seu rostro de home de cuarenta e cinco anos disimulada baixo mil cremas miragrosas. Alí estaba él e así o imaxinei eu , porque nin o mirei. Non era preciso. De pronto sentín que era tan só unha pantasma e que podería ir camiñando cara el e atravesalo , pasarlle polo medio sin inmutarme. Era invisible, intanxible e non podía facerme daño. Nin siquiera podía falarme, porque perdera toda capacidade de interferir en min, para sempre.

24 junio, 2010

Laura

Dentro de dos años nacerá mi hija, se llamará Laura. Iba a ser rubia, con los cabellos ondulados y los ojos azules, como su padre. Pero su padre no quiso tener a mi hija conmigo y se marchó para tenerla con otra, y así al tiempo que me rompía el corazón dejaba a Laura sin padre y sin rasgos definitorios. Laura no tiene padre. Pero tiene madre, e intuyo que será por tanto una niña pequeña, flacucha y con mirada tímida que se irá curtiendo con los años, hasta casi volverse insolente. Tendrá un corazón sano, porque si de algo estoy segura, y en esto soy irreductible , es que su padre tendrá un corazón a prueba de bombas que no necesitará de ninguna máquina para funcionar.
Laura crecerá libre y aprenderá a pensar por si misma, aprenderá que las decisiones que tomé a lo largo de mi vida, quizás no fuesen las más acertadas, pero fueron las únicas que supe tomar, y entre ellas que ella naciese.
Me gustaría creer que existe un padre ideal para Laura, que podría convertirse también en un compañero ideal para mi. Pero , seamos serios, a estas alturas de la película, una ha visto ya casi de todo y está un poco de vuelta del amor. Laura no necesita un padre que me ame y que me haga cada noche el amor con pasión infernal. Pero tampoco necesita un padre que se tire en el sofá al que le va creciendo la barriga a la vez que la amargura, y que se amolde a una convivencia anodina y absurda sólo porque toda la puta sociedad obliga a ello. Laura no necesita que yo cambie mi forma de pensar, de sentir o de vivir para venir a este mundo y llenarlo con su sonrisa. Quizás sea tarde para creer en el amor, pero aún no es tarde para renunciar a un padre para Laura.

22 junio, 2010

O domingo rematou tal e como debería de comezar, coa contraportada do Diario de Pontevedra e o artigo de Manuel Jabois, algo sobre o mundial que lin moi por riba, porque a min eso do fútbol non me interesa veña de quen veña. Logo comezou o verán, ainda que para min xa comezara un día antes, cando comezaba o fin de semana entre as estanterías do carrefour e un carro cheo de bebidas. E no medio, no medio da enquisa que fixen como consumidora na caixa do carrefour e a lectura apresurada da última folla do xornal, pasou algo parecido á vida. Non sei si foi o sol reaparecido para a ocasión, ou ir de acampada cos amigos despois dunha crise de ansiedade terrible , ou as pastillas novas do psiquiatra, ou a aparición de Julito coma si o tempo non pasara entre os dous, o caso é que as horas foron correndo depresa dun xeito doce e tranquilo, e eu fun redescubrindo a sensualidade esquecida nos últimos meses, a base de caricias, de abrazos , dun tonteo casi adolescente que non pasou dun agarrarse das mans, dun xogar coas olladas pícaras e uns cantos mordisquiños nos pescozo.

Agora agárdame San Xoan, coas súas cacharelas cheas de maxia, nas que queimar os desexos e consagrar nese xesto o porvir. A esperanza. A ilusión. O entusiasmo. Esta vez vou dicir os meus desexos en voz alta, ben alta. Dise que si se contan non se cumpren , pero eu penso que é precisamente esa condea ao secretismo máis absoluto o que os convirte en imposibles. Esta vez vou a compartilos con todo o mundo , e sei, teño a absoluta certeza de que van a cumplirse.

1º. Que eses amigos que teño e que tanto contrarío a diario coas miñas impertinencias, crises, caprichos e desmesuradas tristezas continúen ahí un ano máis, coa mesma dedicación e o mesmo cariño incondicional.
2º. Que o tempo acabe por colocar a miña cabeza nalgún sitio, onde poida atopala cando sinto que a perdín ou que a estou perdendo completamente.
3º. Que a miña familia siga de pé, coa entereza , a coraxe e a paciencia que demostraron sempre e que lograron traerme ata aquí. Si eles seguen en pé, ben seguro que eu tamén seguirei intentandoo.

17 junio, 2010

Salvavidas, opción C

Joder, qué agobio, entre el vacío y la nada. Y esa tristeza azulada de los taxis bajo la lluvia, al final de la primavera. Qué agobio. Que ni las direcciones de correo electrónico me calmaban, hasta hoy. Hasta hoy. Porque he descubierto una cosa muy interesante, yo no escribo emails a las personas, a los amigos, a los ex, a los amantes, no. Yo escribo emails a simples direcciones de correo electrónico. Detrás no está Victor, ni Jose Luis, ni Fernando...Detrás está un voolivayanes@gmail.com , o un jrodriguez@hotmail.com , vamos direcciones a las que mandar palabras, a las que mandar esas sensaciones que me ahogan en un día de sol o que hacen que un día me levante colgada de las lámparas.
Me puse a ello con la pulcritud con la que se ponen las abuelas a hacer punto de cruz, escogiendo bien el espacio, la luz, los materiales, el ambiente adecuado con su música de fondo y su temperatura regulada. Fue más una obligación impuesta que un ocio casual que te permite pasar las horas muertas. La antesala de la muerte, y funcionó. Les conté a mis direcciones de correo electrónico predilectas que esta semana fue una mierda, que me sentí como una mierda y que incluso se me fue la mano con esta mierda de blog. Les dije que me llevé alguna que otra sorpresa buena, y alguna que otra mala, que las malas dolieron más, pero que ahora que parece que por fin se termina la primavera para que el verano llegue con dos grados de más -dijeron los amables señores del tiempo- me siento un poquito mejor y ya no pienso en suicidios metafóricos ni en viajes al submundo para terminar de morirme de una vez.
Mis direcciones de correo predilectas, esas que archivo cuidadosamente en una bandejita que pone "salvavidas, opción C", son muy respetuosas con mis neuras y mis fobias, y soportan mejor que nadie mis ataques de ansiedad. Me desahogo sin pudor , soy cruel si me apetece serlo, y a veces incluso , si empiezo a animarme mientras escribo, les pongo ciertas guarradas en memoria de polvos gloriosos de otros tiempos. También soy cariñosa, y a veces, cuando me siento más generosa, y curiosamente también cuando me encuentro más hundida, les regalo algún que otro poema escrito especialemente para la ocasión. Y voolivayenes@gmail.com , o cualquiera de los otros me contestan con silencio, un silencio que me reconforta mucho y que de una manera extraña, pero altamente eficaz , me devuelve a la vida.
Les escribo sin mesura, sin mucho tacto, sin puntos ni comas...una especie de flujo de conciencia que va liberándome poco a poco de mis fantasmas y mis ataduras. A veces hasta les hablo de política al mismo tiempo que de los lexatines que me tomo y del frío que hace delante de mi casa. De los cafés con leche sentada frente al ordenador y los momentos eternos que paso en las salas de espera de las consultas de los médicos. No me corto ni un pelo, y ellos , pacientes ,soportan mis palabras, y las entienden. Se que las entienden porque no dicen nada. No se enfadan, no me dicen que les harto con mi palabrería depresiva , con mi verborrea de ultraizquierda o con mis últimas lecturas. Pocas veces les hablo del amor, del amor que siento por otros, o que sentí por otros, o que sentiré algún día por otros. Y voolivayanes@gmail.com y los otros, me acarician con su no decir nada, con su estar ahí para que yo me desahogue y pueda continuar adelante.
Alguna vez contestan. Pero para que eso suceda, dejan primero que pase mucho mucho tiempo. Entonces, el día menos pensado, me encuentro en mi bandeja de entrada un email recibido que abro con cierto temblor en las manos y en el corazón. Sus respuestas -que llegan desde muy muy lejos- son breves , como balbuceos de niños que están perdidos y no saben qué hacer. Se agarran desesperadamente a los tópicos y rememoran el tacto suave de mi piel y los días aquellos en que nos conocimos y fuimos felices. Me emborrachan de una melancolía que me aburre muchísimo. Pero yo, que en eso no me parezco en nada a ellos, les mando un email de respuesta breve también, brevísima porque esta vez ya no les necesito. Les doy las gracias por seguir ahí, por formar parte de mi carpeta "salvavidas, opción C" y les ruego que tarden menos en contestarme la próxima vez. No falla, siempre me llevan la contraria, y con sólo pedirles que me respondan, me aseguro por una buena temporada el inmeso placer y ayuda que me proporcionan sus silencios.

14 junio, 2010

No voy a cuestionar a nadie que no sea yo misma. No voy a cuestionar las intenciones de nadie, ni sus razones, ni sus por qués. Tampoco voy a cuestionar mis razones, simplemente porque las desconozco por completo. Estoy a la deriva, y esto no ha sido un paso atrás, sino perder la batalla por completo,volver al punto de partida. Y esta vez sóla. No se si por decisión propia o porque los acontecimientos me han arrastrado a esta soledad inesperada. No debería escribir todo esto aquí, pero tengo la certeza de que nadie va a leerlo, así que , qué mas da.
Me he vuelto loca. Eso se sabe cuando sucede. Sigues existiendo, pero dejas de existir en realidad, porque ya nada de lo que te rodea tiene sentido, y porque nadie parece estar a la altura del cariño y la comprensión que necesitas. Gritas pero nadie te oye. Nadie te ve, nadie te siente. Te conviertes en un muerto para los demás, y en un muerto para ti misma.
Hoy me tomé tantas pastillas que casi no puedo moverme con normalidad, y sin embargo continúo llorando sin tregua. No se me ocurre nada en qué pensar que no sea en escaparme de mi misma para siempre.
No quiero hablar con nadie, nunca más.
A veces pienso en el suicidio, de una manera virtual. A veces pienso en el suicidio como una forma de escapar a esta angustia que me aprisiona como si se tratase de una manta de cien kilos sobre mi cuerpo. Y entonces me digo que tiene que haber otros caminos posibles, lejos de todo esto, de toda la gente a la que decepciono cada día, a la que no consigo mostrar mis sentimientos y a la que poco a poco me va dejando completamente sola en mi locura.
Hoy es uno de los peores días de mi vida. Lo se porque ya no es sólo que me sienta mal, sino que me he rendido.Me he rendido a todo esto que siento: a esta sensación de no servir para nada, de haber fracasado profesionalmente, personalmente. De haber fracasado como hija, como hermana, como amiga, como mienbro de una sociedad que acude a su trabajo y hace su aportación al entramado en que consiste el día a día de la vida de las ciudades. He fracasado en el amor tantas veces que me he convencido a mi misma de que no existe. Y la amistad...Pierdo amigos a cada paso porque soy incapaz de quererme a mi misma y así no se puede querer a nadie. Destrozo a mis padres con mis depresiones, con mis lágrimas, con mi vulnerabilidad. Soy un estorbo, un defecto de esta sociedad.

11 junio, 2010

A Guerra Comercial

No século XXI podemos distinguir tres modelos capitalistas diferentes que compiten entre si. Por un lado, o sistema que ten EEUU, chamado sistema liberal, no que o goberno se mantén desimplicado da economía e é a clase corporativa a que dirixe a economía á súa conveniencia. Esto implica a existencia dunha clase traballadora que carece de influencia no goberno á hora de obter protección mediante leis laborais, protección da renda ou subsidios sociais.
Foi precisamente esta estratexia competitiva , este modelo de economía capitalista o que levou a EEUU ao rexurdimento económico. As innovacións tecnolóxicas e a mellora nos procesos de produccción contribuíron ao rexurdir económico, pero o factor máis importante foi a capacidade para obter máis traballo dos traballadores a menor custo. Esto levou a que a finais da década dos 90 as condicións laborais en EEUU experimentasen un cambio que se traduce en recorte de salarios, recorte de prestacións como o seguro de enfermidade, temporalidade no emprego, ampliación da xornada laboral, etc...
En Europa continental encontramos un modelo capitalista ben distinto, representado especialmente por Alemania e Francia como principais potencias, o denominado sistema corporativo, no que a clase corporativa e a clase traballadora, de acordo co goberno, chegan a un pacto no reparto de poder, de modo que o goberno contribúe a organizar a economía e protexe os intereses de tódalas partes. Un elemento central deste sistema son uns sindicatos poderosos e unhas leis laborais que limitan a capacidade de acción das élites corporativas na economía e no sistema político.
Este modelo Europeo trazou como estratexia competitiva a unificación económica coa creación da Unión Europea. A idea é que a cooperación económica entre as nacións da UE fará máis eficiciente e competitivas as súas economías , primando as axudas ao benestar e desemprego, con salarios máis xenerosos, traballadores que disfruten de máis beneficios e xornadas laborais máis curtas.
O reto ao que se enfrenta Europa coa creación da UE como estratexia competitiva é o de, sin deixar de lado as súas medidas de protección social e sen reducir o benestar da clase traballadora, competir coa estratexia conservadora dos EEUU.

O certo é que nas últimas décadas, as principais nacións industriais, con sistemas capitalistas corporativos, vense presionadas a aceptar o desafío económico estadounidense e o seu modelo económico. O que estamos a vivir nestes días, trátase precisamente disto, de competir co modelo de economía político que se erixiu como máis competitivo na economía global ,e para facelo a única maneira parece ser recortando tamén salarios e subsidios e creando máis desigualdade. E dicir, estamos inmersos no medio dunha guerra comercial a gran escala na que o coñecemento tecnolóxico, a súa aplicación e as formas máis eficientes de organización socio-política- económica teñen agora a importancia que tiñan os tanques , os acorazados e as bombas de principios do século XX.


Nesta guerra comercial, enfréntanse os tres modelos comerciais coas súas armas diferenciadoras. Deixando a un lado o terceiro modelo, o asiático, que constitúe a auténtica ameaza para o modelo capitalista liberal, neste momento é a zona euro a que se atopa en perigo frente á presión do modelo liberal.
O sistema corporativo europeo, co estado social de benestar que o caracteriza fracasou, e Europa ten que buscar a maneira de recuperar a súa gobernanza, nun intento de voltar a ser competitiva económicamente. De momento a UE non consegue impoñerse ás forzas do mercado estadounidenses e parece plegarse aos mandatos destas forzas, co que isto implica de renuncia ao estado social.

Os países da zona euro , sumerxidos nesta guerra comercial, están lonxe de poder continuar competindo nun mercado global dominado pola economía estadounidense e teñen ante eles o reto de rendirse ao modelo imposto polas élites económicas globais ou reformar o seu modelo capitalista corporativo tratando de salvagardar a defensa dos dereitos dos traballadores e o estado de benestar, buscando ao mesmo tempo mecanismos de crecemento económico que lles permitan competir dentro da economía mundial.

Pero entre tanto Europa parece que se atopa paralizada ante esta irrupción do FMI nos seus gobernos e nas súas economías e non consegue reaccionar cunha política común na que tódalas forzas políticas eurpoeas se poñan de acordo para buscar unha estratexia de gobernanza propia e non a imposta polos mercados externos.
Estamos inmersos nesta guerra e levamos todas as de perder. Os gobernos europeos perderon o mando a favor das forzas do mercado e parece que vamos cara ao sistema imposto polo FMI, sistema que ten demostrado o seu éxito para os mercados globais, co que supón de perda de dereitos laborais e sociais, así como o aumento da desigualdade.

As reformas laborais ás que se ve forzado o gonerno de España nestes días son un exemplo do que relatei arriba. Veñen estas medidas impostas polo FMI e escapan por completo das estratexias competitivas ou de goberno dos políticos españoles.

Para comprender mellor isto, cómpre aclarar de qué falamos cando falamos do FMI. O FMI trátase dunha institución internacional que protexe e fomenta os intereses dunha clase corporativa global. E unha especie de banqueiro para as crisis que presta cartos aos países con problemas para evitar que se afunden as súas economías e perxudiquen a outras nacións da economía global.
O FMI está dirixido por esta clase corporativa que son os que marcan aos países receptores de axudas as reglas do xogo e as súas visións de cómo debe funcionar o capitalismo.
Si a esto engadimos que o "pacto entre cabaleiros" que existía dende a Segunda Guera Mundial, cando se crearon tanto o FMI como o Banco Mundial, entre a clase corporativa estadounidense e a europea para o reparto da presidencia destas institucións , se rompeu dando como consecuencia que ambas institucións están dominadas pola clase corporativa estadounidense, é obvio que nestes momentos, o goberno dos asuntos dos países da zona euro está en mans destas élites corporativas das EEUU.