13 diciembre, 2009
As luces enchen as rúas das cidades, non se pode fuxir do nadal, como non se pode fuxir do paso dos días ou da choiva de decembro. Tocan festas de nadal, coas súas árbores encendidas e os corazóns latexando dun xeito algo distinto...volta a nostalxia dos amores perdidos, das amistades rotas, dos días felices da infancia cando o nadal o significaba casi todo...
Estación nadal.Tempo de finxir felicidade.
12 diciembre, 2009
Tempo equivocado
09 diciembre, 2009
27 noviembre, 2009
Adeus novembro, adeus

A cidade vestiuse de moda, ou de arte, que moitas veces é a mesma cousa. Pontevedra destila arte por cada poro, e iso acaba notándose no ambiente da cidade, que se fai agradecida as manifestacións estéticas que nos poden sorprender calquera día da semana en calquera recuncho.
Novembro despídese, con chuvia sobre os soños esquecidos. Sobre os corazóns rotos que xa non sufren por amor. Hai heroes de plastilina que se resisten a perder a felicidade. Todavía quedan as cores na imaxinación, ese impulso vital que nos leva a enfrentarnos ao abismo. Hai néboa en días longos que rematan nun vacío insoportable que non se repara con calor de estufa nin chocolate quente. Pero pola contra, hai voces que xurden dende a profundidade dun mundo que parecía inalcanzable, e que che abren a porta, e te convidan a unha caña , e fan que a túa tristura deixe de sentirse como unha lousa sobre a túa alma...
Novembro despídese e con el vaise demasiada nostalxia adormecida. Esquecer é moi sinxelo cando hai vontade de facelo. Cando o que quedou atrás non paga a pena, cando ao perder gañamos máis do que perdemos.
22 noviembre, 2009
Relatividade
ou moi rápido, dependendo do escenario,
que determina as cousas
dun xeito abraiante...
A cidade fai que todo
suceda contracorrente
e de maneira precipitada,
entre fracasos e mentiras
e moi poucas amistades
que non sexan pura conveniencia.
Quizais só teñamos que mudar
de lugar, deixando atrás a equipaxe
e mesmo os lazos que crimos non
podían romperse nunca,
e aprender a vivir doutra maneira,
sin semáforos, sin camión do lixo ás once,
sin escaparates, sin tendas de telefonía, sin
problemas de aparcadoiro, sin presa...sin presa...