A vida sempre nos sorprende, e non sempre para ben. Pero ás veces basta con ter un pouco de confianza nas persoas, un pouco de paciencia , un pouco de confianza nun mesmo...Chegoume esta canción, nun contexto fermoso, e supoño que máis alá das disculpas que merezo, máis alá de verbas que poderían soar máis ou menos complacentes, aflorou a música como canle para transmitir unha pouca de fe. Poden mentirche ata a saciedade, poden ocultarche a verdade ata ferirte, pero si nesa ocultación da verdade, nesas mentiras improvisadas a golpe de circunstancia, pode tamén adiviñarse ás veces o desexo de non ferir, de consevar por riba de calquera cousa , o corazón intacto da persoa á que acabamos de defraudar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario