Luce o sol, por fin. Despois da tempestade , chega a calma, esa é unha máxima universal, ou lei da natureza que non falla. Así que, cos primeiros raios de sol, chega a ansiedade ante a "operación bikini" , segunda máxima universal, que tampouco falla. No momento no que aparece o sol sobre os días primaverais, ás mulleres e aos homes chamados agora metrosexuais (especie en aumento, que xa se contan por milleiros, é curioso porque agora son a maioría, desto falareivos outro día) danos por preocuparnos polo noso físico, e por conseguir en tempo record que desapareza a celulitis, que o ventre se nos poña superplano, as pernas fimes, as tetas firmes, que non teñamos nin un pelo en sitios nos que non deberían de estar... en fin, entranos a tolería por eso que chamamos -ironías- coidarnos, e así , nun intento de convertirnos dun día para outro en barbies superestar preparadas para lucir palmito primeiro na Verdura, e despois na praia de Mogor, comezamos a facer todo tipo de gilipolleces, deixándonos guiar sobre todo polos consellos e a publicidade das revistas, que tan ben nos teñen tomada a medida.
Eu , que vou de lista, e que non teño moito que facer pola miña imaxe, porque a natureza repartiu as cartas e a min tocarónme as que me tocaron, caio como a máis pardilla, e claro, fago paso a paso o ritual da operación bikini. Non vos podedes imaxinar a cantidade de cremas -anticelulítica efecto calor, anticelulítico efecto frio, bronceadora, reafirmante, rehidratante, antiolleiras, antiflacidez, etc-parches , pastillas de té, de levadura de cerveza, de piña, e de non sei cantas máis cousas levo comprados nos últimos días. Logo a alimentación, que si auga con limón, té frio, froita para comer, salvado para cear...Claro que todos estos sacrificios duranme un día, o día que compro o producto. Porque a cabra tira ao monte, e a verdade é que eu non nacín para princesita, e á hora da verdade a min o único que en realidade me inspira este sol de abril e tomarme unha caña con tapa, e deixarme de mariconadas. Si total, de onde non hai, non se pode quitar, non?
Ufffff! leyendo tu artículo, me da la sensación de que ya llego tarde para la operación bikini... No se puede tomar en una sóla operación bikini tanto producto!!!! Y yo pendiente de otra operación... con esa sí que me entra la ansiedad a mí!!!
ResponderEliminarTanta operación bikini, total para acabar en el chiringuito de la playa de caña en caña...
Por cierto, me teneis todos los días enganchada a los blogsss entre llamada y llamada de telefono.
Besitos.
Hola! ..quién es Bor?
ResponderEliminarYo también llego tarde a la operación bikini...Pero siempre puedo ir a la playa con el traje de neopreno..hihi.
Nota: activé la opción de comentarios en mi blog, así que podéis hacerlos ( no seáis sátiros, por favor). Y sí, tienes razón Emma, una nueva fase está emergiendo, es posible que la "melancolía" haya dejado de ser la protagonista, solo son estados de ánimo...
Muakis!